blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: septiembre 2009

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Monte Louro
























Mes de Agosto. Once da mañán na praia de San Francisco de Louro. O ceo sen unha nube, temperatura moi agradable. Colocamos no sitio idoneo a sombrilla, as cadeiras e as toallas, de modo que as oito da tarde non estemos a sombra, pois o pinar da praia ensombrece amplas zonas.Estamos a tomar o sol e nesto que chega unha parella con dous pequerrechos. Así que se sisteman o home dille a muller"son as once e media ata as oito vamos a estar aquí, teñamos un día tranquilo ¡ Por favor non se che ocurra limpar o po da praia!". Xiro a cabeza e vexo unha parella correndo para meterse na auga, así que os pes tocan aquela dan a volta despavoridos (tal é a friaxe da auga). Hai xente que di " Hai que ter dous Güevos para meterse" e eu digolles "Primeiro hai que ter dous pes e dúas pernas".
Dúas da tarde, trinta e tres graos e é hora de comer. Vamos para o pinar e ¡Que gusto! á sombra das árbores tes que poñer unha chaqueta. Acabado o bocadillo vamos a tomar un café a unha antiga fábrica de salgadura, que está acondicionada como bar restaurante, chámanlle O Caldeirón. Decorada estilo mariñeiro con un patio interior, que semella un claustro dun convento.Voltamos a praia, deitome na cadeira e vexo que me durmo. Levántome e dígolle a muller "Vou andar, pois non quero que a xente non escoite o ruído do mar ( ronco moito).
Collo camiño do faro de Louro. O primeiro que atopo nesa península é o único lugar, o único lunar, que non é un lunar, mais ben é unha verruga. Un taller-concesionario de coches. O resto é todo beleza, fermosura, tranquilidade e sosiego. Só se oe o silencio. O silencio dos paxaros.O silencio das ondiñas do mar. O silencio dos esquíos subindo polos pinos. Miro para un lado ¡Mar!. Miro para o outro ¡Monte!, penedos, matogueiras, algún que outro bosque de árbores autóctonas...( pensar que fai uns anos esto quedou todo carbonizado, pero a natureza é moi sabia). Chego a unha zona donde vexo co meu maxín penedos con formas curiosas: unha bigornia, unha lingua que busca o nariz, un golfiño con medio corpo fora da terra intentando saltar ó mar, a cara de perfil de don "Quijote de la Mancha". Estes penedos nas Canarias venderíanos ben vendidos. Lémbrome cando fun a Lanzarote a guía ibanos esplicando todas as maravillas " Este es el valle de las mil palmeras" eu conteínas e só había 999. " esta es la Virgen con el Niño en el brazo" e fas un esforzo sobrehumano e consigues ver algo parecido. No Timanfaya a guía dinos " Esta lava llega al mar, es de la erupción del siglo XIX" e eu dixenlle " Tivestes sorte que non vos pasou por riba da estrada"Continúo a andar ata o faro, alí acábase a estrada asfaltada, pero o camiño segue. Un camiño-corredoira que te leva a praia da Area Maior ( fai uns anos elexida a praia mais bonita de Galicia) alí estou un anaco a contemplar o mar aberto.
Volto sobre os meus pasos e collo camiño a ezquerda, delimitado por balados. Os balados son a Galicia o que as pirámides a Exipto. Símbolo do minifundismo. Hai tramos dese camiño que trascurren por pedra e nela vense rodeiras dos carros profundas dez centímetros. Chego a unhas casas de pedra algunha restaurada, que son un deleite para os meus ollos. O camiño segue e acaba na estrada que leva de Muros a Cee.Dou a volta despavorido, pois non quero voltar a civilización. A un certo punto subo por un sendeiro pedregoso que me leva ao 3º pico do Monte Louro ( o pico mais alto ten 241 metros). Alí arriba miro para un lado e vexo a Lagoa de Louro e a praia da Area Maior e miro para o outro e vexo a praia de San Francisco e case que toda a Ría de Muros e Noia.Baixo pola outra ladeira e chego a estrada que leva ó faro. Collo camiño de Louro e atopo outra antiga fábrica de salgadura, tamén acondicionada como mesón-bar-restaurante, chámase O Fogareiro. Aquí é donde describín e escribín este paseo.
Hoxe é luns 31 de Agosto, último día das miñas vacacións. Consólame pensar que ainda faltan sete días para que volte a ser luns.

martes, 8 de septiembre de 2009

Homenaxe a Barca Lodeiro Vázquez

Todos nós temos usado esta frase "Era unha gran persoa" cando falece algún coñecido. Lémbrome unha vez que o dixen e alguén me rebatiu "E logo ¿eu non ó son?" contesteille "Cando morras tamén ó serás, pero el xa ó era"O outro día un amigo meu, José Manuel Barca Becerra díxome " A ver cando me fas unha carta homenaxe" contesteille "Cando morras" pero el replicou "Non, eu quero lela" " A ver o que podo facer coas 25 letras do alfabeto galego".A verdade é, que é mellor que o homenaxeado estea vivo.José Manuel Barca Becerra é unha gran persoa ó ancho, ó alto non tanto. É un gran contador de contos, historias, anécdotas... Hai que velo, miralo, oilo, escoitalo, sentilo, rilo e por suposto choralo ( coa risa). A súa dona non pensa igual que min, pensa que é un desastre, que non val para nada, pero ela quereo no fondo, no fondo, no fondo do mar ( é unha broma, el a min tamén ma faría).
A historia verídica mais famosa del é a dos grelos: Fai uns anos algún que outro matrimonio de Bergantiños emigramos a Italia. Traballábamos en casas privadas mais ou menos pudientes. A dona facía de cociñeira, planchaba, facía as camas, etc e o home facía de camareiro, chofer, facía a limpieza e sacaba de paseo aos cans, etc.
Os primeiros traballos eran en casas pouco pudientes, pagábanche pouco e había pouco de comer (ata os cans pasaban fame), pero collías esperiencia e aprendías o idioma. Nun antroido os xefes de Barca e Carmen foron de viaxe, e eles quedaron ó cargo da casa e mais do can. Invitáronnos a comer un cocido. En Italia a cousa mais parecida aos grelos son "cime di rape" pero aqueles "grelos" estaban durísimos e comemos o resto. Os grelos dímosllos ó can. Papounos en dous bocados, tal era a fame que tiña. Era un cocker pel canela moi delgadiño. Ó día seguinte Barca levou apasear ó can por Vía Spiga ( A Vía Spiga é a Milán, como a Rua Real a Coruña). Barca iba todo chulo co can detrás, atado con unha correa. E a un certo punto decatouse que a xente ríase e quedábaselle mirando. Barca mirou para atrás e viu que o can iba soltando lastre, o lastre dos grelos. Soltouno da correa e siguiu andando, disimulando como que o can non tiña nada que ver con el. De cando en vez miraba para atrás por si o can acababa de acabar. Cando esto pasou púxolle a correa e fúronse para a casa.
No ascensor levantoulle a man, facendo ademán de pegarlle e dixolle "Que sexa a última vez que me deixas en ridículo diante de tanta xente" e o can contestoulle "Guuuuauu-guuau-guaaauu" que quer dicir en idioma canino-italiano A prósima vez que me des grelos chívome, que fas festas na casa cando non están os xefes".
Quén tamén merece unha homenaxe é Paco Lodeiro, cantante, presentador, humorista, imitador, letrista... en definitiva, un artista. Propoño como candidato ó vindeiro día das Cifras e Letras Galegas. E proporía como cadidato ó día do Acento Galego a Paco Vázquez. Está publicada en el correo gallego día 7-9-2009