blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: 2010

martes, 28 de diciembre de 2010

Conto de Nadal, non de Rafa, de Canedo

Fai uns anos que nos reunimos cos meus pais e con uns tíos a noite de Noiteboa e mais o día de Nadal. E isto faime recuperar un pouco as lembranzas dos meus Nadais, de cando era pequeno. Pero non é o mesmo. A inocencia infantil enmascaraba a realidade( Agora nin a inocencia infantil a enmascara).

Nos Nadais de agora sempre falta alguén. Hai lembranzas tristes, intentas sorrir cos beizos pero o corazón está triste. A maxia, a ilusión e o que moitos chaman espirito de Nadal están ausentes. Si faiche un pouco de ilusión abrir un regalo, faiche ilusión que che abran os regalos que ti fas e pouco mais. Iste ano estaba de invitado, a maiores, un irmán da noiva do meu curmán Manuel. Chamase Javier. Tocoume sertarme ao seu carón. Nun principio había frialdade entre nos, pero a un certo tramo da cea, incitoume a cantar. A min encantame cantar. Despois de varias cancións, puxenme a cantar o "Andar miudiño. A Javier gustoulle tant a canción que conseguiu un papel e un bolígrafo, e pidíume que lle dictara a letra da canción. Escribiuna, e cantámola os dous xuntos. Despois el díxome se cantabamos a "Negra sombra" e eu díxenlle "Cantaa ti primeiro". E cantouna. Unha maravilla. El sabe escribir, sabe ler e sabe cantar. Sería normal se el fose galego, que el cantase a "Negra sombra", pero é asturiano. E sería normal se el fose normal, pero el ten o síndrome de Down.

Loxicamente tamén cantamos "Asturias patria querida".

Cando nos despedimos, Xavier (asi lle chamo eu) petou coa sua man dereita no seu peito ezquerdo e díxome " Joze Manue te llevo aquí dento". Subíuseme unha cousa por min arriba, e baixarónseme duas cousas polas faceiras abaixo. E pregunteime "¿será este o espirito de Nadal?" e contesteime (como bon galego que son) "¿ E quen, se non?.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Tres metas

Tres metas tiñamos Tito de Ernesto, Xoan de Ramona, Suso de Chucho e mais eu cando tiñamos 10-12 anos: saber andar en bicicleta, saber nadar e saber bailar.
Eu a nadar ainda non aprendín, daquela non había piscinas e ao río non me deixaban ir, a andar en bicicleta aprendín malamente, nunha de muller que non tiña a barra dende o sillín ata o manubrio, daquela o Papá Noel non existía e os Reis, pola Casilla, traían poucas bicicletas, e a bailar, como non había clases de baile de salón, movía os pes ao ritmo do baixo e a daba moitas voltas. Algunha chica dicíame que non tiña falta de ir aos caballitos nin nás cadenas coas voltas que lles facía dar.
O de dar tantas voltas acabouseme aquel día, bueno aquela noite, ná que quitei a bailar a unha chica, non moi alta, na festa da Pilarica en Carballo, o adro estaba na plaza onde está a escola de Pazita. O chan do adro estaba costa arriba se mirabas para arriba e costa abaixo se mirabas para abaixo, atopei a chica costa arriba. Cando nos puxemos a bailar ela dábame por debaixo dos ombreiros, pero cando lle din a volta, dábame pola barriga. Din a volta rapidamente e nese intre aprendín a mover os pes sen dar voltas.
Teño 51 anos, os meus compañeiros acadaron as tres metas, pois son mais espabilados ca min. Eu teño ainda duas desas metas: bailar e nadar, pois ando na bicicleta da muller. Estou indo a clases de natación. Xa levo un ano e ainda non sei aboiar. Tiña pensado ir a clases de baile así que saiba nadar, pero vaime levar moito tempo. Así que o outro día pregunteille ao monitor:" ¿Pódesme aprender a natación sincronizada?, porque así aprendo a nadar e a bailar ó mesmo tempo". Ainda non me contestou pois non parou de rir.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Copas, ruído e soidade

Esta historia publicáronma na Voz de Galicia, edición Carballo o día 5-11-2010.

A min e máis ao meu amigo Pepe levábanos moita idea pintar o indio, pasalo ben, cantar, bailar...El cantaba e canta moi ben, eu facíalle os coros, e púñalle as letras, sempre picantonas, ás cancións que cantabamos. Eu, ademais, acompañábao facendo música coa boca. Sempre animábamos as xuntanzas de amigos.
Un día dedidimos facer a nosa actuación nun palco dunha festa, aproveitando o descanso dos músicos. Foi nunha aldea do concello de Carballo, alí onde disque morreu Xesucristo.
Pedímoslle permiso ao cantante da orquestra. Empezamos con un campanero, non era xerezano, era Marqués de Coes Tapón Dourado. Xa animados subimos ao palco e fixen a presentación. A xente estaba a marchar e ao sentirme a min quedouse: "¡ Donas e cabaleiros! Son o popular presentador da Radio Interparroquial de Carballo JMC. Hoxe estou aquí para presentarvos un cantante, un cantante que está moi de moda, pois acapara os últimos postos do hit parade nacional. Primeiro no último festival de San Remo, quero dicir último no primeiro festival de San Román, celebrado en dita city o 34 do mes que ben. Hoxe está aquí para cantarnos a súa última canción titulada My Land, que se hai algún español cerca é Mi Tierra. Con vostedes o famoso, o superfamoso, o coñecido, o descoñecido Pepe da Brea". Acabamos a canción e a xente aplaudiunos e pediunos "outra, outra, outra...".Despois ata orquestra nos acompañou e incluso a xente púxose a bailar. E sen saber por que, os da comisión dixéronnos que baixásemos do palco. Iso si, con boas palabras. "Baixades de aí fillos de ...", dixeron.
Total que ese foi o empezo e máis e o acabo da nosa carreira músical.
Fai uns días saín a tomar unhas copas invitado por un amigo que ten un Pub e comprendín porque a comisión de festas de Entrecruces nos votou fóra. Díxenlle ao meu amigo :"¿Por que non pos música bailable?". El contestoume:"Se a xente baila non bebe". Pois si, a taberna da comisión tiña que vender bebidas para poder pagar a orquestra.
Nos Pubs non podes bailar, e ademais co ruído enxordecedor, non podes falar, dicir, escoitar nin oir. Só tés que estar, ti só, coa túa copa. Tes que consumir, tés que pagar o RUÍDO.

domingo, 31 de octubre de 2010

Ao Sr. Arturo Pérez Reverte

O meu amigo Victor Souto Balado, díxome que te criticara, polo que dixeches do ex ministro de asuntos exteriores, Moratinos. Di que lle chamaches MERDA por chorar no día da sua despedida como ministro.
A verdade é que cóstame criticarte, Arturo, pois admirote moito. Admirote dende que estabas de corresponsal de guerra nas guerras de Iogoslavia, e admírote pola tua faceta de escritor, polas tuas novelas...
En parte compréndote, pois pensar nos políticos que temos, non é para dar saltos de ledicia, non nos queda que alporizarnos e sairnos das nosas casiñas. Non me vale que te xustifiques con que tes 2000 amigos mais no Twitter, se deixas de ser amigo teu. E ti, que eres académico, tiñas que dar exemplo de boas formas e maneiras, pois a xuventude de agora adoita usar verbas mal soantes, tacos... con toda a natureza. Defendámola a poesía, a literatura, as humanidades. Deixémoslle de chamarlle "Princesa do pobo" a Belén Esteban.
Ben sabes que sempre fixen e dixen o que ti me mandaches: matei con pistola, matei con espada, matei pola espalda, pero non me pidas que lle chame MERDA a alguén que chora, porque chorar é moi digno.É moi difícil chorar de mentira.
Perdoa que escriba en contra tua, pero ti, Arturo, non eres o Rey Arturo. Non eres o meu Rey pero eu son o teu Capitán. O Capitán Alatriste.

domingo, 17 de octubre de 2010

Señor Durao Barroso

Esta historia está un pouco refeita de outra, pero engadinlle varios párrafos . Publicáronma na Voz de Galicia dixital o 16-10-2010.


Sr. Durao Barrroso, son unha traballadora de unha fábrica de conservas de Ardebullo. Sentín que se van a perder moitos postos de traballo no sector conserveiro, pola deslocalización, debida a baixada de arancéis a moitos países do sureste asiático.
¿Que gaña Europa con estas medidas? ¿Vai a vender mais coches, mais neveiras, mais ordenadores etc. neses países?
¿ A quen? ¿Á xente que gaña 200 euros ó mes? ¿ Ou calculastes que o 10% da superpovoación deses países é super-rica? Claro son moitos ricos. Vos o que queredes é eliminar a clase media. Que sexamos o 90% de pobres. Para facer de nos o que queredes.
E ademais querédeslle quitar todos os aranceis a Papúa-Guinea, para que fabriquen latas de atún, para que saían da proveza . E, como sempre facedes os políticos, tanto a nivel Bruxelas como a nivel Madrid, ninguneades a Galicia. Sabedes que abrimos o paraugas para non mollarnos cos vosos ouriños(mexos). E todo por non ter o PARGA.es (partido galeguista español) que mire polos intereses de Galicia, incluso para ter mais competencias, votando a prol dos orzamentos do Estado.
¿Por que non lle montádes, en Papúa-Guinea, fábricas de pastillas Sentimún?. En Europa non hai producción delas e están indicadas para os políticos. Non son para aumentar o sentido común senon para telo.
Quedarei sen traballo, pero teño leiras. Quedarei sen coche, pero teño cinco bicicletas. Quedarei sen leite de marca, pero terei leite directamente da vaca a mitade de prezo e ainda así o gandeiro gañaría o dobre. Teño roupa no fallado para moitos anos, e así que a acabe métolle remendos.
Non pagarei a hipoteca. Deixarei de pagar impostos e vostede quedará sen traballo, e se non ten leiras, veña a Ardebullo e pregunte pola casa da Conexa, e aquí sempre terá unha cunca de caldo e un anaco de boroa.

Lucha Canedo-Ardebullo
Volver

viernes, 15 de octubre de 2010

Medos


Nun 24 de xullo de moita calor, vispera do día de Galicia, vai moitos anos, fomos todala familia a praia de Razo, e picóume unha abella nunha perna, que con amoníaco foi pasando. Aquela noite caíu unha tremenda tormenta eléctrica.Pasei moito medo. O outro día comentando o medo que pasei a unha veciña, díxome:"Pois eu non lle teño medo os tronos, teñollo aos lóstregos".
No seguinte fin de semana, fun a praia de Samil. Alí sentado na area con unha, con unha cervexa, unha abella pousóuse mesmo donde eu tiña que arrimar o beizo de abaixo. Esperei un bo anaco, a ver se marchaba, pero a abella debéulle gustar o zume de malta e cebada. Eu tiña moita sede, pois tamén era un día de canícula e collín o dedo corazón e o pulgar e dinlle como se fose unha bóla. Caeu na area enterreina ben fonda. Alí seguín sentado coa miña cervexa, cando vexo buligar a area e a abella saiu voando directa a miña outra perna. Esta vez non me bastou o amoníaco e tiven que ir por urxencias. Diagnosticáronme alerxia as abellas e que tiña que ter moito coidado, nin siquera vexo a Abella Maya.
Dende ese vran tiven dous medos mais, medo ás abellas e ós lóstregos(aos tronos non). Medo aos ratos xa llo tiña dende pequeno, que miña nai me ameazaba con encerrarme no fallado con eles, cando me portaba mal.
Teño outro medo, pero ese non volo vou a contar. Non vos vou a contar a anécdota de Milán. Non vos vou a contar o que pasou aquel domingo que cerraban moitos bares e que eu tiña moita gaña de mexar. Andivemos dous amigos e mais eu, a buscar un bar para mexar e non o dimos atopado, así que un deles díxome:"Pero mexa ahí contra esa árbore ¿ou tes medo que cha vexan? Díxenlle:"Non, non teño medo que ma vexan, teño medo que non ma vexan".
A verdade é que facía un rato que estaba lostregando e tiña medo que ma picara unha abella.

martes, 5 de octubre de 2010

Carballo Basket

Este pasado sábado, 2 de outubro do 2010, o Carballo-Basket xogou contra o Chantada. Era o primeiro partido desta tempada. O Basket diste ano nada ten que ver co do ano pasado. O ano pasado tiña dous quintetos bastante bos, iste ano só ten un. O resto do plantel son xuvenís, e rapaces con moi pouca experiencia. Así que escomenzou o partido xa nos decatamos de onde viña o aire. Os de Chantada bailaban a muiñeira, a de Chantada loxicamente, e menos mal que non trouxeron a Fran Vázquez. Conseguiron grandes diferencias. E a un certo punto do partido o noso entrenador case que tira a toalla.
Chegou o descanso con 16 puntos de desvantaxe para os de Carballo. Estiven a punto de marchar, pero estiven entretido a mirar aos rapaces como encanastraban e peloteaban no descanso, en especial para Alessandro con 16 anos, teñen un gran futuro.
Pasaron os 10 minutos de descanso, pero o partido non daba escomenzado " ¿Que pasa?" pregunteíme e alguén dixo que a un dos árbitroslle dera unha arritmia. En media hora que durou o descanso, os nosos descansaron, os de Chantada deberon merendar. Total que escomenzou a segunda parte con un árbitro só. Bruno, o de Berdillo(chámolle así por que é Piñeiro coma os de Berdillo) fixo das suas, meter canastras inverosímiles, e o resto do equipo contaxíouse. O Chantada xa non bailaba a muiñeira de Chantada, mais ben bailaba El vals de las olas recien merendados e doúlles un corte de dixestión. Total que o Chantada achantou e nos gañamos de 4 puntos.
Eu pensei, non llo dixen a ninguén, que o Carballo-Basket xoga mellor contra un árbitro que contra dous.

domingo, 3 de octubre de 2010

Eu fun a folga, coa miña pancarta...

Eu fun a folga, coa miña pancarta, na que poñía"QUERO SINDICATOS DEMOCRÁTICOS, NON TIRÁNICOS" e senteíme no sofá a ver a televisión.
Quería ir a praia, pero tiña medo que houbera piquetes informátivos, informarnos de ¿Que? se levan tres meses informándonos.
¿Por que non fan os procesos de folga coma os poíticos nas eleccións? Panfletos, carteis, mitins e asambleas xa teñen, que teñan tamén un día de refexión e o día da folga que non coaccionen ao obreir@, que é maior de idade e ben sabe ó que fai. O obreir@ xa decidirá o si ou o non, e así si sería unha folga democrática e saberíase a ciencia certa se a folga tivo exito ou non.
Os que si deberían facer folga son os membros dos gobernos, a ver se estando quietos melloramos un pouco.

lunes, 27 de septiembre de 2010

¡Y que!¡ Aaah!


Nos anos sesenta mercábase en ultramarinos e tabernas, donde había case que de todo. E ademais había trato personal. Preocupábanse de ti, da tua familia...Coñeciante, coñecíalos...E verdade que tiñas que petar no mostrador e berrar :"A despachaaar". pero había humanidade.
Moito mais tarde escomenzaron a abrirse grandes centros comerciais Docampo, Contenido (agora chamánlle Carrecatro) Fenda Inglesa, Compramuller...pero non é o mesmo, ninguén te coñece e ti non coñeces a ninguén. Non hai humanidade.
Agora abríu un centro comercial preto da Coruña, que se os seus corredores (pasillos) estivesen en liña recta chegarían a Arteixo. Entras. Sigues a frecha. Y que cantidade de xente, parecemos ovellas detrás das frechas. Y que cantidade de cousas, que moitas delas teslle que escribir a referencia para despois collelas no gran almacén final. Y que cantidade de carteis, anunciando a tan ansiada saída... Y que,de que,para que ¿Por que? ¿Por que lle chaman IKEA? ¿Por que non lle chaman LABIRINTO? despois de hora e media buscando a saída chego a un almacén, que parece unha catedral e ten unha altura de millenta metros e digome:" Se teño que coller eu as cousas referenciadas naqueles andeis, case que non . Eu non vallo para alpinista" Sigo andando e vexo a SAIDA cando ía dicindo :"Y que, y que, y que... ¡Ah!.¡Aleluia! Nise instante comprendín o por que do nome deste ultramarinos.
Quero mais comodidades cómodas e sobre todo quero mais humanidades humanas.

domingo, 12 de septiembre de 2010

O Deus Hawkins

Teño un coñecido, que tiña un bulto no pulso. Un día díxenlle" Por que non te ofreces a Santa de Vilamaior" el respondiume " Eu son ateo confeso, non creo nesas cousas" e eu rebatínlle "¿Que perdes? ¿Prefires operarte?" e el "Pois si opéranme dentro de un mes" e eu "pois eu voute a ofrecer a Santa de Vilamaior".
Pasou un tempo.Volvín a velo e xa non tiñao bulto no pulso. Pregunteille "¿Operácheste?" " Non, cando cheguei a cita co ciruxán, xa non tiña o bulto e díxome, que o 90% dos bultos e verrugas desaparecen sos". Quedeime pensando e cheguei a conclusión, que os científicos teñen resposta para todo.
Pero eu penso, que practicamente todos temos usado aos Santos e a Deus, cando nos sentimos apretados. E mais, nós, os católicos, que temos unha relixión moi cómoda, na que premian aos arrepentidos, aos fillos pródigos...
Eu falo con Deus de cando en vez. Cando Juan Pablo II estaba moribundo, díxenlle " Home de Deus, quero dicir Deus de homes, por que non sandas ao Papa e lle quitas 20 ou 30 anos de encima, e verás como todo mundo creerá en ti, e só en ti". Díxome enfadado "Eu non teño nada que demostrar. A min bástame que moitos millóns de persoas crean en min sen verme, só cóa sua fe. E que de cando en vez, alguén coma ti me fale. Xa só por iso, compénsame o traballo de aqueles seis días".
A semana pasada díxenlle "¿Sabes que Stephen Hawkins di que o mundo puídose facer da nada?" e nada sorprendido díxome "Non subestimes a Hawkins. É un dos homes mais influintes do mundo e incluso, diría mais, é o home mais intelixente do mundo. E dentro das súas incapacidades ten un defeto, creese un Deus. E non o é. Non pode selo, por que existe".
Deixoume medio liado ¿Que me quixo dicir? ¿Que Deus non existe? ¡E chi lo sá!

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Radio Galega


Fai moitos anos que escomecei a escoitar a Radio Galega, dende as 7 da mañán ata as 8 da tarde. Coa Galega aprendín a terlle medo aos temporais, as crisis, as catástrofes. E todo iso grazas a Xusto López Carril. Ese gran vendedor de medos, de inquedenzas, angustias, estrés...Tiven que cambiar de dial, pois tiña a tensión moi alta, e funme para a Cadena Dial a escoitar música, para relaxarme. E se quería información do tempo vía a Santiago Pemán, que me convencía que os ciclóns eran simples borrascas. E se quería información nacional e internacional, escoitaba a Radio Nacional.
Pero un día dixéronme, que xa non estaba Xusto López Carril. Volvín a Galega. E así durante moitos anos. Pero un día ,despois das eleccións que gañou Nuñez Feijoo, escoitando Aberto por reformas, en vez de escoitar a Xurxo Souto, sinto a Xusto López Carril, presentando ese programa con cacións en Inglés. Ahí empezou o trilingüismo de Nuñez Feijoo. Decidín apagar a radio as sete da tarde, xusto cando viña Xusto. E agora, que ten o programa as doce, apagoa e que cousa mais doce non escoitalo. E así ata as duas da tarde.
Outra cousa que non me gusta da Galega é o modo de elexir a canción do verán en galego. É no programa Vas a sacar nota. Penso que unha canción do verán tenche que saltar o corpo ó escoitala. E se ademais, os votos en directo por teléfono, unha porcentaxe moi alta son para isa canción, isa debe ser a canción do verán. Non digo que un xurado especializado elixa outra, pero o que non se debe ter en conta é a votación por Internet, que é parcial. Movilízanse nas redes sociais e nin siquera escoitan a canción e moito menos as outras que compiten.
Para votar hai que escoitar o programa, escoitar as cancións e despois elexir. Para min o gañador é Joselito co seu Pulpo en salsa e para a gran maioría , que escoitamos todalas cancións, tamén. Gustaríame dicirlle a Joselito que a sua canción O reageton da Maruxa é a sintonía do meu móvil. ¡Ah! Non son do Grove , son de Carballo.

lunes, 12 de julio de 2010

¡Uno de Julio San Impuestín!

¡Uno de Enero, uno de Febrero, uno de Marzo...Uno de Julio San Impuestín!. Esta data impuxoa o Papa Talantedialogantino I para venerar os impostos nosos de cada día.
Con istas historias da imposición, lémbrome das películas ambientadas na Idade Media, onde os señores feudais masacraban a impostos aos súbditos. Pero aqueles impostos eran impostos por señores feudais, impostos. Mentras que istes impostos son impostos por un goberno, por un presidente, elexido por nos. Elexido como un Robin Hood, que lle ía quitar aos ricos para darlle aos pobres. Pero como aos ricos non é capaz de quitarlle, pois quítalle aos pobres, para que sexamos mais pobres. Iso si, con unhas beirarrúas moi bonitas e cómodas, para que pidamos esmola.
O noso Papa debería caer como froito maduro, pero xa está podre, e necesitamos unha empurrada do xefe do partido dos traballadores, un tal Mariano Rajoy, a ver se nos emociona con unha moción de censura empurradora.
Menos mal que non fumo e aforro o gas do mecheiro, que tamén subiu un oito por cen.

jueves, 17 de junio de 2010

Dous curmáns


Había unha vez dous curmáns, un Xosé o outro Xoán. Naceron na mesma casa, a tres metros de distancia e a sete meses , tamén de distancia. Foron xuntos a escola, xogaban xuntos, rifaban xuntos, ían xuntos a praia de Razo. ían xuntos co ramo o Domingo de Ramos e fixeron a primeira comunión....... no mesmo traxe.
Na adolescencia, ían xuntos a praia de Razo e alí xogaban coas ondas, coa area e escoitaban o silencio do mar. Aos dous gustáballe ler e escribir. Facían algunha que outra poesía, historias curtas, contos...
Na xuventude tamén ían xuntos a praia de Razo e alí seguían a escribir e a falar dos seus amores (cada un do seu). Casaron, tiveron fillos e a vida separounos un pouco, un pouco moito.
Un foi para Montemaior e o outro para Montecalvelo. Agora que os fillos xa son grandes teñen mais tempo para ir a Razo, para ler, para escribir... De feito os dous escriben historias e algunhas publícanllas nos xornais. Unhas son malas e outras son peores, pero están moi orgullosos.
O outro día, que facía 36 graos de calor, alí en Montemaior e en Montecalvelo, miraron para Monteneme e viron na falda de Monteneme unha fumareda, non era un incendio, era neboa, era borraxeira, era bretema. E telepaticamente e telefonicamente, puxéronse de acordo para ir ao fresco da praia de Razo. Alí, a 16 graos, atopáronse nó Cordobés. Alí, a carón da lareira, sentáronse con duas. Con duas rubias. Con duas rubias da Coruña...do tempo naturalmente.
Un deles, Xoán, está de 50 aniversario mañán, mañán 18 de xuño. O outro, Xosé, xa os cumpliu fai sete meses.
Y este cuento se acabó bambarabá chichi cocó.
Parabens curmán. Non te preocupes, os 50 son como ter corenta e dez.

domingo, 30 de mayo de 2010

España existe

Durante a batalla de Abisinia, na primeira guerra mundial, a Plana Mayor do exército italiano estaba preparando a estratexia a seguir. E dixo o xeneral:" se il nemico viene di quá, noi scappiamo dillá e se il nemico viene dillá, noi scappiamo di quá" e dixo un tenente:" e se il nemico non viene" ao que contestou o xeneral:"Allora lottaremo fino a morire".
Sempre me lembro deste conto, que alguén contaba na radio, para dicir que os italianos querenlle moito a vida, e son un pouco cobardes nas guerras. Pero cando os vexo xogar, loitan coma descosidos, sinten a bandeira italiana, e os seareiros ondean a sua bandeira con enorme orgullo. A pesares que é un país relativamente xoven, síntense italianos.
En cambio en España, que ten practicamente as mesmas fronteiras dende 1492, non sentimos a bandeira, avergoñámonos de ondeala, temos medo que nos chamen franquistas.
Hai moito nacionalismo nas periferias ¿por que? polo centralismo, e polo ninguneo que os distintos gobernos das distintas etapas da historia de España, tiveron coas culturas e coas diversas linguas.
Eu penso que España é un conxunto de todas as rexións. Outra cousa sería se se chamase Castilla, se se chamase Madridia. E tamén penso que o problema, de que as autonomías queren ser denominadas nacións, tería fácil solución se se reformase a Constitución. Que a Constitución diga :"España é unha rexión de nacións". ¿Ou non? ¿Despois as nacións quererían denominarse rexións?

viernes, 21 de mayo de 2010

A pacicora americana do meu tío Pepe


Cando era pequeno, ía a cortar o pelo a barbería de Manolo o Chupado.A pesares de que naqueles tempos (e ainda hoxe) os nenos tiñamoslle medo aos mandilóns brancos, (lóxicamente polos médicos) eu ía, eu só, a cortar o pelo. Manolo o Chupado tiña boa man cos nenos. Facía que estar a carón dun mandilón branco non fose tan negro.
Todos sabedes que os barbeiros e as perruqueiras son uns grandes escoitadores e case que psicólogos e tamén grandes faladores.
Un día, estába Manolo cortándome o pelo, chegou Moncho da Moucha bastante triste, ao meu parecer. E contestoulle ao saudo de Manolo desta maneira:" Estou moi mal. Levo bastante tempo facéndolle as beiras a Mucha da Nocha, contándolle contos, historias e anécdotas, e o outro día, cando lle dixen "ata mañán" díxome que ía a ser que non. Estiven moitos días sen vela, suponse que ela non quería que a vise, e prometinme a min mesmo, que a ía a mirar cos ollos pechados e falarlle coa boca pechada. Despois de varios días de cruzarme con ela, de mirala cos ollos pechados,de falarlle coa boca pechada, preguntoume se estaba enfermo, se estaba mal. Díxenlle coa cabeza que si ,e poñendo a man no meu peito ezquerdo. Armeime de coraxe. Pechei os ollos e díxenlle:"Prometín mirarte cos ollos pechados, prometín falarche coa boca pechada, pero o mais que acado e mirarte coa boca pechada e falarche cos ollos pechados..."
Acabouse o meu corte de pelo. Marchei. Xa viría miña nai a pagar. Non sei como acabou a historia, pero quero crer, que Mucha da Nocha lle dixese a Moncho da Moucha " Mirame cos ollos abertos, fálame abrindo a boca, que eu escoitareite cos ollos, cos oídos e coa boca abertos."
Os da Casilla saberedes onde estaba a barbería de Manolo o Chupado. Si ,estaba na casa de Pacicora, que despois foi do americano e que agora é do meu tío Pepe.
É a fachada mais antiga e bonita da Casilla. Baixando a Avda. da Miragrosa, atoparédela ali de frente. Si ,é aquela que ten de adorno unha sinal informativa, onde pon FISTERRA e debaixo pon OUTRAS DIRECCIONES. Iso refrexa o carácter bilingüista do pobo galego e mais o carácter bipartidista do pobo de Carballo.

domingo, 9 de mayo de 2010

¡Ai que calallo!


O pobo galego e emigrante por natureza. ¿Por que? Pola fame e polo afán de ser propietario. Quere ter a súa casiña, as súas leiras, os seus montes... e un millón de ptas. por si...unha diarrea.
¿Que causou a emigración en Galicia? Pois perder un grande capital humano, en moitas xeracións. Se non houbese emigración, seríamos preto de seis millóns de galegos. Seríamos despois de Andalucía a autonomía mais povoada de España. Teríamos moitos privilexios por ser tantos. Teríamos o PER. Xa teríamos o AVE. Xa teríamos un Celta ou un Depor pelexando co Barcelona e co Madrid. E xa teríamos a olimpiada do 2016 para Santiago.
Podía haber moitos postos de traballo en Galicia se as grandes empresas se decatasen, que Galicia é un sitio priviliexado. Non hai temperaturas extremas, ou sexa, pódese traballar case que todo o ano. O galego non é conflictivo. O galego é moi traballador. O galego ten un dos soldos mais baixos de España. ¿Cal é o problema?¿Que estamos no Finisterre?, ¿Que estamos no Muxía? ¿Quen o sabe?. O que sei é que seguiremos a emigrar.
Emigrou Amancio Amaro Varela (póñolle os apelidos para que non pensen no Ortega) para Madrid. Emigrou Luis Suárez para Barcelona e logo para Milán. Emigrou Fenosa para Madrid, cando casou con Unión. Agora emigra para Barcelona, e menos mal que conserva o apelido.Emigrou Hierros Añón para o pais vasco.
E agora quere emigrar R para Londres. Perderemos unha peza fundamental na comunicación de Galicia. E se perdemos o R teremos que dicir "o calallo". Pero, por outra banda, seranos mais doado aprender un idioma con enorme proxección mundial. O Chinés.

viernes, 30 de abril de 2010

O meu outro neno

Cando tiven que entrenar para o extranxeiro (digo entrenar porque fun en tren, se fose en barco diría embarcar), fun para Italia. Alí traballamos eu a mais a miña dona nunha casa privada de xente rica. Cando nos contrataron a señora dixo:"Fun catro veces a España" e eu díxenlle " Eu ainda nunca fun"( era a primeira vez que saía de España).
Repartíamosnos os traballos. Eramos alí traballando nos, a niñera, a porteira e unha chica a horas. Había dous nenos pequenos, Michele e Melania. Eu, cando os chamaba, gritaba"¡ Mikilania!"e viñan os dous.
Un día Michele, que tiña menos de dous anos, tiña febre e vómitos, e como vimos que estivera onde había deterxentes, levámolo ao hospital, por si tragara algo. Fixéronlle un lavado gástrico. Era unha falsa alarma. O xefe enfadouse moito:" Teño cinco persoas na casa e ¿non sodes capaces de controlar ós nenos?" Tiña razón así que dende esa eu levaba a Michele comigo para todas as partes. Un dos meus traballos era facer a limpeza, e Michele axudábame. Tívenlle que comprar unha vasoira, lubas, plumeiros...Eu a limpar e el a manchar. Pasábamolo moi ben.
Queríame mais a min que aos seus pais xuntos. ¿Por que o sei? Pura lóxica, por que cando eles marchaban, e quedaba comigo, non choraba. E cando marchaba eu, e quedaba cos pais, choraba. Un día o xefe díxome:"Menos mal que levas pouco tempo aquí, que senon ía pensar que eras o pai do meu fillo"
Outro dos meus traballos era secar as copas. Unhas copas de cristal de Murano, que de cando en vez rompían, pois eran moi delicadas. E a señora dicíame:" Non sei como te arranxas, que sempre che rompen a ti, a Mónica (a chica a horas) nunca lle rompen" " como lle van a romper, se nunca as seca" e a señora " pois ten coidado que costan 30.000 liras cada unha". Un día rompíulle unha copa a señora e díxenlle" ¡Señora! ¡costan 30.000 liras!" e ela " costaban, agora costan 35.000".
Outro dos meus traballos era servir comidas e ceas e sempre con Michele axudándome. Un día, nunha cea con invitados, estreei unha chaqueta cor prata e dixen:" ¡Señora! a un camareiro de ouro coma min ¿unha chaqueta de prata? e o xefe, despois de mirar para o seu fillo,abrazado a miña perna, dixo:" Silvia, chama a Cartier, que lle fagan unha chaqueta de ouro a José".
Estábamos moi contentos, os xefes eran moi simpáticos, tratábannos moi ben. Pero aparecíunos un traballo en Carballo e decidimos entrenar para España. Michele choraba, nós choramos e Michele dicíalle a nai chorando e gritando:"¡Quérome casar con José, quérome casar con José...!".Desto hai 23 anos e o outro día mirando en Facebook pareceme que atopei a Michele, mandeille unha mensaxe. Ainda non me contestou. Posiblemente non se lembre de min.Eu del tampouco me lembro, porque endexamais o esquecín.

jueves, 8 de abril de 2010

Futbolistas e pilotos


Cando eramos rapaces, xogabamos na Casilla ao fútbol no campo da Sota, sempre e cando tivesemos un balón, e se non dabámoslle patadas a unha caixa de cartón. Lémbrome un día que metín unha pedra grande dentro dunha. Non sei se a metín para facer unha falcatruada ou para que o aire non a levara. O que sei é que ao día seguinte,que xa non me lebraba da pedra, pegueille un patadón que endexamais esquecín. Ainda me doi o pé.
Moitas veces, por non ir ata o campo da Sota, xogábamos na estrada. Cando pasaba un coche apartabamonos, e cando acababa de pasar voltabamos a xogar. E cando pasaba o Sr. Maiqués aproveitabamos para facer o descanso e comer o bocadillo,¡Tal era a velocidade a que andaba! Podíavolo confirmar o Sr. Manuel "O Chorón" co seu bastón, que sempre, que pasaba por diante do taller do Sr. Maiqués, este dicíalle:" ¿Para donde vai Sr. Manuel?" " Vou para Coristanco" "¿Quere que o leve?" "Non, que teño presa".
O Sr. Maiqués tiña un taller mecánico na Casilla, e tiña un Panhard Dyna X, matrícula de Gran Canaria (GC), creo recordar un sete mil e pico. Non era da Casilla, pero era como se o fose. Era moi querido e sempre estaba a facer favores.
Tamén xogábamos as carreiras polas costas do circuito de motocros do Campo da Feira. Facíamos un manillar de madeira con unha chapa redonda, tamén de madeira, donde poñíamos o número do noso piloto favorito. Había moitos: Pedro Pi, Jesús Sáez, Vilanova, Millán.... Estes últimos eran pilotos locais. Loxicamente o ruido do motor facíamolo coa boca. Outras veces facíamos carreiras co aro de ferro.
Estas duas fotografías, dos anos sesenta, tiñas gardadas no fallado do meu cerebro. Lembroumas o goberno do noso concello, pois está a facer que os pequenos volten a xogar na rúa, mais ben ná beirarrúa. Están facendo unhas inmensas beirarrúas, donde se pode xogar ao fútbol, a pillada, ao brilé... e incluso, en algunha delas, pódese xogar a patinar sen patíns cando chove. E loxicamente as rúas son mais estreitas, como vaías un pouco bebido non podes facer eses, pois vates nas beirarrúas.
E para nos os grandes, para que nos lembremos da sensación de subir e de baixar costas, está a facer costas por diversas rúas do pobo, as mais grandes están na rúa Luis Calvo ata o Haley.

viernes, 2 de abril de 2010

Avatar


Practicamente eu aprendín a andar polos corredores dos cines de Carballo. Daquela había tres cines : Camarot, Cervantes e Rega. Soíamos ir, meus pais e mais eu, de tres a catro veces a semana. O cine era a nosa televisión.Meu pai, Marcial, con Manolo de Rega, levábase moi ben. Marcial tiña unha moeda extranxeira das mesmas dimensións cás moedas de cinco pesos. E dicíame:" vou intentar meterlla, pero como hai pouca xente, vaise a decatar". Efectivamente, Manolo de Rega dicíalle:" Enganáscheste Marcial, esta non é de verdade" e meu pai contestaba:"Enganeime perdoa". E meu pai díxome:"Xa verás, como un día de apuro, métolla" Efectivamente, un domingo, nunha película de estreno( só tiña cinco anos), había colas quilométricas, meu pai doulle a moeda falsa, para pagar tres entradas. Colou, pero no medio da película veu Manolo de Rega co foco e berrando:"¿Marcial, Marcial, donde estás? volvéchesma meter" "Estou aquí, volvinme a enganar, perdoa". Eu quedei a pensar e cheguei a conclusión, que a meu pai tamén lla meteran ( a moeda).
Cando fun un pouco mais grande, os domingos, ía só cós meus amigos ó cine infantil. Costaba un peso, ou sexa cinco pesetas, o que eu levaba. Un día de aninovo, subiron a sete pesetas. Eu non podía ir, pero Manoliño de Fontefría deixoúme as duas pesetas. Era unha película de vaqueiros. Cando saímos, como sempre, escenificábamos algún tramo da película. E dixo un de nós:"Lembrádesvos cando o chico lle dixo ó malo- A mi mo parece que xa te conozo-" por certo Manolo, grazas polas duas pesetas.
Foi pasando o tempo, veu a televisión, e fun deixando de ir ao cine. Escomenzei a voltar, cando o meu fillo era pequeno, e íamos a ver todas estas películas para nenos(as de Disney).Fai uns días, cando vin os anuncios de Avatar na televisión, díxenlle a miña dona:"Quen me dera ser avó para levar ó neto-a a ver esta película" e ela díxome:"Podemos ir os dous". E fomos. Xa sabedes o que é unha película 3D, que tes que usar unhas gafas. Non vós vou a contar a película. Decataredesvos ¿por que? se vós conto o que me dixo miña dona cando acabou:"Tiveches sorte, que a xente pensou que os teus ronquidos formaban parte dos efectos especiais".
Decididamente non quero se avó. Unha porque son moi novo, só teño corenta e dez anos e outra porque non quero deitarme con unha avoa.Case que nazo nun cine, pero non creo que morra nun cine, pois non vou a pagar sete euros e medio por durmir nunha cadeira e menos cunhas gafas de sol.

miércoles, 10 de marzo de 2010

Rosa con espiñas, cardos e ortigas


Ollando ,o pasado sábado, El Correo Gallego nás cartas al director vin unha carta titulada Rosa Díez, "Gallega". Esa carta escribíuna meu curmán, e di que Rosa Díez e burriña ou "gallega" pois vai a perder moitos votos en Galicia por dicir o que dixo. Eu endexamais usaría verba tan fermosa para definir unha Rosa, unha rosa con espiñas, cardos e ortigas.
Non se lle pode dar tanta importancia a que lle chamen gallego, no sentido pexorativo da palabra a Zapatero, pois el está moi orgulloso de que lle chamen gallego, de feito el antes de alugar vivenda na Moncloa, pasaba as vacacións en Galicia, concretamente en Portosín. Alí estaba facendo cursiños de galego. E agora fai tan malamente mal o de Presidente de Goberno para que o boten fora ou para que non o voten. Quere voltar a Galicia, para ver se lle damos o título de galego,e así poder presentarse á presidencia da Xunta de Galicia por o PARGA.es (partido galeguista español).
Ó que lle dou importancia é que a Sra. Rosa Díez lle chame gallego a Rajoy no sentido mellorativo da palabra, pois el non presume de selo nin de falalo.( E pensar que lle prometín o meu voto se falase galego, ainda que só fose na intimidade). Pois iso curmán para que a Sra. Rosa Díez vexa que temos cultura pexorativa europea fagamosnos os suecos.
Se algún día teño unha filla voúlle a chamar Camelia e gustaríame que,ti, curmán foses o padriño.

viernes, 5 de marzo de 2010

Carballo,capital de Galicia


Son un gran defensor do Galego, e falo galego con todo aquel que vexo que me entende. E deféndoo escribindo cartas a diversos xornais, loxicamente en galego como eu sei, (¡pero corríxenme!). E vou,nesta carta, facer un resumo de todas elas.
Cando gañou Feijóo as eleccións, fixen unhas "reflexións" falando comigo mesmo:
-¿Teremos que falar español?
-Xa o falamos, poi o galego é español.
-¿E as galescolas?
-Feijóo gobernará para todos, ensinarán en castelán (sempre e cando atopen mestres de castelán, pois está en perigo de estinción) pero poñeranlle nome galego, chamaranlle as castelanescolas.
En outra carta titulada "Falo galego" dixen: " Nunha entrevista que lle fixeron ao Sr. Nuñez Feijóo, preguntáronlle, que adoitaba a falar ¿galego ou castelán? contestou:" Si se dirijen a mi en gallego, hablo en gallego, si se dirijen a mi en castellano, hablo castellano". Pero non dixo que é o que fala cando se dirixe el. Móllese Sr. Feijóo, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou" e acabei a carta desta maneira:" O galego está en perigo, hai que defendelo, hai que fomentalo e hai que falalo. É a nosa mais grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Pechemos o paraugas. Mollémosnos, pois non van a mexar sempre por nós".
Decateime que lle estaba dando ás aos nacionalistas e escribín outra carta aclaratoria,"Aclaracións": "Falo galego, xa o falaba cando os nacionalistas agochábanse detrás do castelán. E ríanse de min, polo meu acento. Cando veu a democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Por calquer cousa facían manifestacións, folgas...Reprochábanme, ensinandome fotos dos xornais, o non estar na foto, eu dicíalles: "Como vou a estar, se a foto quiteina eu"
E voto Bloque porque é o mais galeguista de todos, e ata que o meu cuñado Miguel non funde o PARGA.es(partido galeguista.español), seguirei a votalo.
Unhas semanas despois escribín "Friends para sempre". Era unha carta de conciliación, unha especie de parábola:" Chámome Alicia. Teño dous fillos. Un fala galego e o outro fala castelán. Sempre están rifando. Canseime e obrigueinos a chegar a un pacto. De domingo a venres unha semana falamos galego e outra en castelán". Preguntarédesvos ¿e o sábado? " sábado inglés" eu inventei o trilingüismo. Loxicamente Alicia era Galicia.
E estes días que volta a estar de actualidade, poucos argumentos tiña. Por eso decidín facer un resumo. So podo engadir que eu non son nacionalista, nin separatista e non son independentista. O contrario son anexionista e integrista e quero que o resto de España pertenza a Galicia, e que a capital sexa Carballo.

jueves, 4 de marzo de 2010

Multa inxusta


Esto pasou na estrada Carballo-A Coruña hai uns días. Eu como sempre ía con Fran no seu coche. Fran é un compañeiro meu. Fran é moi escrupuloso coa condución, quere estar sempre 100% concentrado, non polas multas,se non pola seguridade.
Cando entramos no coche dime que cale para non distraelo. Non fuma no coche, non mete o dedo no nariz e nin siquera ten aparato de radio-CD, por si las..SGAE.
Cal foi a nosa sorpresa cando nos parou Tráfico. O Axente metíulle unha multa por ir falando polo móbil. Fran díxolle que non, que el non falara polo móbil dende había case que unha hora, e se non que me preguntase a min. O Axente non me quixo preguntar. Eu íalle a dicir a verdade, pois eu non minto.
Eu son o móbil de Fran, se o Axente me preguntase daríase de conta que facía unha hora da última chamada feita e tres cuartos de hora da última recibida.
Fran recurriu a multa e tamén vai a ir ao Defensor do sentido común.

lunes, 22 de febrero de 2010

¡Pacto xa!

¡Adeus catrocentos Euros!¿ Cando vos volverei a ver?. Hai un refrán que di Santa Rita...pero o noso presidente do Goberno non cree nos refráns, nin nos santos, nin en Deus, polo menos en España, porque en Estados Unidos si, en Estados Unidos reza.
Eu para este ano pedín un desexo: que os piratas, AL-QAEDA ou a ETA secuestren a crise e o paro. E que Zapatero non pague o rescate, como adoita a facer. E que o Sr. Rajoy tampouco o pague, ainda que como é obvio gustaríalle pagalo.
Cando alguna seleción española deportiva gaña algún campionato (de Europa e Do Mundo) todos aplaudimos, os políticos tamén. Para aplaudir fai falta a dereita e mais a ezquerda, para arranxar a crise tamén. Señores dirixentes ¿lembrádesvos do pacto da Molcloa? pois eso, se non é ná Moncloa, que sexa ná Zarzuela, e se non diante dunha zarzuela de peixe ou dunha grellada de marisco, galego naturalmente, pero pactade.

domingo, 21 de febrero de 2010

campións

O Baloncesto e un deporte, nada aburrido, moi completo…¡Que bonito é ver un triple! ¡Que bonito é un mate! ¡Que espectacular e bonito é un gancho! ¡Que bonito é un alley hoop! Que bonito é un tapón… Somos poucos os seareiros do Baloncesto. Hai mais en outros deportes, onde se ven un gol, dous goles, tres goles… e alguna que outra vez seis ou sete. Pero en Baloncesto vense moitos goles nunha portería moi pequeña.
Incluso en Baloncesto afecionado vense maravillas .
Son seareiro do Xiria Basquet de Carballo, vexo moitos partidos de infantís, de xuvenís e de seniors.¡Que gusto da verlle meter catro triples ao infantil Fran Cristóbal! ¡Que gusto da verlle meter dez triples ao xuvenil Manu Rey! ¡Que gusto da verlle meter un alley hoop a Roy e a Taibo. Esta xogada cóntovola: Roy, fai uns anos, era base, 1.6, Taibo era escolta, 1.85. Roy marcoúlle a xogada, neses intres ,Taibo estaba mirando para o chan e ve o sinal de Roy. Roy lanzalle o balón con una forza impresionante a esquina dereita, parte dabaixo do tavoleiro, Taibo voa e no aire colle o balón e tira ao tavoleiro e ¡Canastrón!. Fixérono moitas veces. A Taibo chamámoslle NBA.
Os seareiros somos campions de Europa, o baloncesto base é campión de Europa. ¡Ah olvidábame a selección española é campioa de Europa.
Supoño que a clase política aplaudiría esta fazaña.Para aplaudir hai que xuntar a dereita e mais a esquerda. Para arranxar a crise, tamén conviña xuntar a dereita e mais a esquerda.
Pactade políticos, se non é na Moncloa que sexa na Zarzuela, e se non diante dunha zarzuela de peixe ou de unha grellada de marisco galego, pero pactade.

sábado, 6 de febrero de 2010

¡Que vén o cocón!


Sempre fun moi cumplidor coa lei, só a infrinxo cando vai en contra do sentido común: por exemplo, nun semáforo peonil vermello, e non hai un peón en 5 Kms. a redonda, eu paso. E se me multan, queíxome ao defensor do sentido común: por exemplo se as seis da mañán, sen neboa, sen choiva, teño que ir ,nun sinal de 30, a 50 vou, e se me multan queíxome ao defensor do sentido común.

Cando mercamos un ordenador para a nosa casa e puxemos a internet, ó noso fillo quería baixar música, pero nós non lle deixábamos, pois o defensor do sentido común dicía que eso era roubar.

Cando o goberno puxo, mais ben impuxo o canon para a SGAE, dixémoslle ó fillo que baixase a música que quixese. Sentíamosnos lexitimados, e o defensor do sentido común tamén.Pero a SGAE segue esixindo cartos e multando. E apareceche donde menos a esperes. Ou sexa que nos cobran por presuntos delincuentes e por delinquir.

Eu agora se merco un libro leo eu só, e se alguén mo pide non llo deixo, pois teño medo que veña o cocón, quero dicir a SGAE. A miña dona e mais a min gustanos bailar na casa, e mercamos dous CD de música bailable, pasámolos aos MP3 e cada un escoita o seu CD con auriculares(menudos pisotóns, pois é moi dificícil sincronizar os MP3) pois temos medo que veña o cocón, quero dicir a SGAE. E cando vou no coche escoitando música, teño que ir coas ventás pechadas, pois poden oir os transeuntes, e teño medo que veña o cocón, quero dicir a SGAE (non teño aire acondicionado e no vrán é mais complicado).

¡Quero que haxa música xenérica como hai medicamentos!
E se me entero, que a SGAE lle fai unha fotocopia a esta carta reclamareille dereitos de autor.

jueves, 21 de enero de 2010

¡Aiii ti, Haiti!


¡Aiii ti, Haiti! que tes nove millóns de habitantes pobres. ¡Aiii ti, Haiti! que tes mais catástrofes por metro redondo do Mondo. ¡Aiii ti,Haiti! ¿Será por a tua pobre situación espiritual e concepción materialista da vida?(como di o arzobispo Munilla). Non creo, cos teus trescentos dólares per-cápita anuais pouco materialismo-consumismo podes ter.
Podémoslle botar a culpa á natureza, que non é moi sabia que digamos. Se fose sabia descargaría a enerxía da terra en sitios despoboados.Tampouco é un castigo divino, pois penso que ti, Haiti es moi relixiosa, e a necesidade fai rezar.
Eu o que penso, é que Deus é un ser intermitente. Hoxe existe, mañán non existe, pasado existe,... e, por desgraza, as desgrazas pasan nos días NON. ¡Aiii ti, Haiti! conta coa miña solidaridade.

miércoles, 20 de enero de 2010

Gromos grises


Escomenzo a ver os gromos, que a ministra Salgado dixo que eran brotes verdes eu vexoos grises, gris perla, a sí como tirando a gris fume. O fume dos pitillos e dos tubos de escape dos coches. ¿Esas eran as solucións? Súbennos os impostos e xustifícanse dicindo que así andamos menos co coche, e que eso e bo para o medio ambiente. ¿Queren que vaiamos andando ao traballo ou queren que merquemos unha vivenda preto do posto de traballo? ¿Será ese o verdadeiro obxetivo? Claro, así relanzarían o ladrillo ¡A ver se non nos volta a caer nos fuciños!Así fumaremos menos, din. Non lles interesa, pois o fumador paga impostos dabondo, para sufragar os costes médicos de unha posible enfermidade tabaqueira e morre dez ou doce anos antes que un non fumador ¡Cantas pensións se aforran neses anos! o que verdadeiramente lle preocupa ao goberno e non poderlles cobrar impostos aos fumadores pasivos.
¡Un momento! Estou a ver agromar no horizonte uns gromos, tamén son gris, gris perla, gris fume, gris-negro...Serán impostos ao tabaco, aos combustibles e ao I.V.E. ¿Serán para subirlle o soldo aos controladores aéreos? Están moi cabreados con Pepe Blanco (ministro de fomento) e van a facer folga encoberta, folga de celo e folga de fame. Eu espero que os impostos sexan ao tabaco, pois son un ex-fumador e canto mais caro sexa o tabaco mais aforro.

martes, 12 de enero de 2010

Fin de ano en Verdes


Fai uns anos que imos a pasar o fin de ano a unha casa de turismo rural en Verdes, no concello de Coristanco. E o día de ano novo soemos ir ata o refuxio. Este ano, co que leva chovido, moitos dos sendeiros que alí hai estaban inundados, había moita humidade e esbarábase con moita facilidade. A un certo punto dixo Canedo "Chucho controla a Lucas, pois pode caer no río" e Chucho dixo " Lucas é grande e ben sabe o que fai".
Eu son Lucas e naquel mesmo intre esbarei e caín no río, dende unha boa altura, fun sorteando pedras e rochas e decateime que non podía facer nada, a corriente levábame. Decidín agarrarme a unha pedra e esperar acontecementos. Vexo a Canedo que me da ánimos e xiro a cabeza e vexo a Chucho da Jauvea espíndose para meterse na auga para rescatarme. Se eu fose o can de Canedo esto non me pasaba, pois levaríame coa correa, e incluso no brazo. Canedo é precavido, Chucho é arriscado. Todo acabou ben. Chucho da Jauvea rescatoume.
É boa verdade que o home é o mellor amigo do can ¿ou é do revés? pero o que si sei é que Chucho é o meu mellor amigo.