blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: 2009

jueves, 17 de diciembre de 2009

Outono chuvioso


Neste outono temos de todo: choiva, tronos, lóstregos, aire, vento e ata un tornado. Si un tornado (esperemos que non torne). Entrou na fábrica de conservas de Carballo, sin permiso do vixiante e fixo moitos estragos materiais. Menos mal que o xefe das inclemencias metereolóxicas non lles da os fins de semana libres ( cousa qeu están reivindicando) e tivo o tornado que traballar de Domingo ¡ Que se non...!
Nunca choviu que non escampara ¡ ata este outono! ¡Que maneira de chover! ¿Será por que eu canto mentras me ducho?.¡ Non é que cante moito( por eso canto)!. ¿ Serán polo cambio climático estas estremeces, ou será pola crise?Como a crise é global creo que fixeron un E.R.E. ( expediente de regulación de emprego) no ceo, e quedaron sen traballo Lorenzo e Catalina. ( o sol e a lua).Agora traballan de cando en vez na economía sumerxida. Traballan pouco.Teñen medo a que os pillen.A ver se, agora que veñen as Navidades, lles fan un contrato de longa duración, pois precisamos andar para descolesteralizarnos dos poucos excesos, que cada vez son menos.
Andar, tamén se anda chovendo, pero non é o mesmo. Mollaste, empapaste e encharcas os pes. Ainda que eu merquei uns zapatos de Gore-Tex nun centro comercial, cuxo nome non nomearei, pero que ten apelido francés ¿ou inglés?.

sábado, 28 de noviembre de 2009

Casa falante


Fai moito que non á vexo. Lémbrome cando pasaba ó meu carón , sempre falaba comigo. ¡Hola ! ¿Que tal? Por aquí, por alá. Un día pregunteille "A donde vas Milagres?" " Ao xardín ¿queres vir comigo?" contesteille " Non eu son unha casa e non me podo mover".Ela gozaba moito no xardín. Vía os nenos-as pasalo ben nos arrandeadoiros, nos escorregadoiros( bambáns e tobogáns). Ela non podía, pois estaba nunha cadeira de rodas.
Outro día, un domingo, díxome "Vou a misa ¿queres vir comigo?" contesteille"Non, non podo ir a misa, non podo comulgar, son unha casa" e díxome "Hai casas que comulgan con rodas de muiño, ¡ os muiños!". É moi simpática e moi espontánea. É Milagres Cotelo Rama. Lembróuma Xosé Manuel de Marcial (que tamén é de Josefa). Contoume que foron xuntos a un cursiño de iniciación ao galego.
Xosé Manuel facía moito que non a vía. Son dun tempo. El lembrábaa. Ela lembrábao. Eran veciños, pero endexamais se falaron. Non por ela, a culpa era del. El era introvertido e vergoñento e pensaba que ela non falaba, que non vía, que non miraba. Pero ela mira, ve, escoita, fala, ri e ríalle as suas gracias no cursiño, e dicía :"É meu veciño". Naqueles tempos ter unha persoa discapacitada era tabú, agochábana na casa e vergoñábanse de ter unha persoa con minusvalía.
Neste caso non. Sacábana todos os días. Turnábanse os pais e os irmáns a empurrar aquela cadeira de rodas.Ten unha minusvalía case que do cen por cen, só move un pouco as mans, ten uns ollos saltóns,un sorriso, unha risa, unhas gañas de vivir... Xa digo ten minusvalía no corpo, pero ten moita plusvalía na cabeza. Con aquelas mans logra facer proezas con pinturas, lenzo e pinceis. É unha artista. É o personaxe mais salientable dá CASILLA.
Estou vendo fume aló ao lonxe, paréceme Manolo ó Varrendeiro, tamén chamado Barrié, outro personaxe peculiar dá Casilla. É a súa faria á que bota fume. Ven empurrando unha cadeira de rodas, nela ven Milagres. Dígolle "¡Hola Milagres!¿Canto tempo sen verte?" e contéstame "Díxenlle ao meu pai, que tiña gañas de voltar ao meu barrio, de voltar a Casilla, chámanlle así por ti, porque es unha casa de peóns camineros. E quí estou"
Dígolle "Sentín dicir que es unha artista, e dixéronme que tiñas moita man coas casas ¿Fasme un retrato?

viernes, 27 de noviembre de 2009

Forza Xiria


Esta tempada o Xiria Basket escomenzou perdendo varios partidos.Fai uns venres fun para a cama e durmindo soñei que ía polo deserto e que atopei unha lámpada máxica, fregueina, e saíume o xenio. Dixome "Pídeme tres desexos" e pidinlle "Que gañe o Xiria, que gañe o Xiria e que gañe o Xiria ". Espertei, lin o xornal e vin que había posibilidades que Bruno Piñeiro, que xa estivera con nos fai anos, debutase co Xiria Basket. E convencinme, que íamos gañar.
Gañamos, e aquela noite, durmindo, voltei a soñar. Soñei que estaba no deserto e atopei unha lámpada máxica, fregueina e saíume o xenio, saíume Bruno Piñeiro e díxome " pídeme tres desexos" e pidinlle " que o Xiria teña sponsor, que ti non marches do Xiria e que ti non teñas mal xenio".Temos esponsor (grazas Calvo), temos un bo plantel, temos un bo entrenador, temos ó revulsivo e temos unha boa afeción. Estamos todos, Cambón e Añón tamén están. Eu vexoos, eu sintoos eu escoitoos. No ceo debe haber unha boa cobertura.¡FORZA XIRIA!

domingo, 22 de noviembre de 2009

O meu Barrio


Pertenzo a un barrio dos arrabaldes de Carballo. Un barrio que tiña personaxes moi peculiares nos anos 1960-1970. Escomenzo por o zapateiro, Manolo Pelolo. Unha gran persoa, moi entrañable, tiña sempre a zapatería chea de nenos. E contáballes moitas historias e aventuras.Tiña os pantalóns caídos com os de catinflas e como a xuventude de agora. Pero ainda mais caídos os tiña cando ía a facer as súas necesidades á corredoira que levaba ao Anllóns. Metía a cabeza na matogueira para que non o coñecesen. Pensaba que as partes de atrás eran todas iguais. Outro personaxe moi querido era Chucho de Penedo. Tiña un Ultramarinos ¡Que bocadillos de sardiñas!. Alí xogabase ao xadrez, a ra, as cartas e mercábase case que de todo ¡Ata sen cartos!. A súa frase mais usada era "Xa me pagarás". Outro era Manolo Mustafá. Mustafá Chispumbumbá así lle chamaban. Estabamos moi ledos que vivise alí de día, pero de noite non, pois púñase a tocar a horas intempestivas. Era solista, saxofonista, trompetista, armoniquista, baterista, guitarrista, manager,director de orquesta, conductor do trailer, bueno da moto con remolque, era recebidor de tomates, de ovos e de terróns. Vou a contar unha anécdota de Mustafá: Chucho do Allo tiña unha taberna ambulante e organizaba algunha que outra verbena, chamóu a Mustafá. Mustafá ante a concurrencia dixo " Coidado, coidado con los torrones, porque se no se lo dijo a Chucho del Ajo". MUstafá era un inventador,foi dos primeiros en ter unha televisión en cor. Con tres plásticos transparentes de cor vermello, azul e verde ben tensos nun marco e este acoplado a televisión de branco e negro, Mustafá tiña unha televisión a cores. E quédame o último, Ernesto de Canaveiras. Ernesto tiña unha sala de xogos, que digo, tiña un pavillón deportivo. Alí xogábase ao pin-pong, ao billar, ó futbolín e ó baloncestolín. ¿A que poucos vos lembrades do baloncestolín?.Era como o futbolín, acristalado, con cinco bonecos de cada lado. diante de cada boneco había unha trampiña que se accionaba con un mando (todo mecánico, todo manual, nada electrónico). As trampiñas estaban nun terreo descendente e a bola ía a parar alí. Accionabas o mando e a bola voaba cara a canastra. Según a forza que lle diras ó mando a bola entraba ou non. Lembrome dunha anécdota nos futbolíns de Ernesto: Suso o Tranquilo e Xoán o Pispiso xogaban contra Xoán de Ramona e Xosé Manuel de Marcial. Xoán e Xosé Manuel gañaban e con unha gran euforia Xosé Manuel dixo:"¡Somos os peores! e Suso o Tranquilo,nada tranquilo, dixo:"¡ Iso hai que velo!. Ernesto era un home adiantado ao seu tempo. Vendía condóns cando estaban prohibidos. Era a única solución para que as mozas dos pobres non tivesen fillos. As dos ricos ían a Londres a abortar. Os dereitologos non é que estean en contra do aborto, están en contra de que todo mundo poida abortar. Ernesto non vendía a pílula do día despois, vendía o condón do día antes. Xosé Manuel de Marcial comproulle un e ainda o ten. Dada a miña inmobilidade, non puden ser testiga de estas historias. Contoumas Xosé Manuel de Marcial, que agora vive en Sofán pero é da Casilla. Este é o meu barrio. Chamanlle así por a casa de peóns camineros que alí hai. Eu son esa casa. Eu son a Casilla.

sábado, 31 de octubre de 2009

confiado por natureza


Son unha persoa confiada por natureza. Confío na profesionalidade dos profesionais. Teño un fontaneiro de cabeceira, panadeiro de cabeceira...médico non, pois estanmo a cambiar cada 6 (2x3). En xeral confío nas persoas. Lémbrome de rapaz, íamos para o instituto Mariano do Cura e mais eu. Mariano tiña unha irmá que me gustaba moito. So o sabíamos eu e o meu mellor amigo, o fillo da miña nai, ou sexa eu só. Pois iso, íamos andando e ó lonxe vin un billete de 20 pesos ( ¿lembradesvos? os marróns). E dixen "hostia un billete de 100 ptas."Mariano corriu como unha bala, e dixome " vichelos ti, pero collinos eu e agora son meus". Automaticamente a sua irmá deixou de gustarme. El non, pois xa non me gustaba.
Seguín a ser confiado. Mariano precisaba demostrar, que non era de fiar, e eu dinlle a oportunidade.
Anos despois, nunha verbena, eu estaba a bailar con unha moza. Eran aqueles tempos, que se levaba pedir o baile, o home a muller, unhas veces decíanche que si e outras que non. Eu bailaba pouco. O dito estaba a bailar e nunha mirada ao chan, vin un billete de 1000 tas.. Non quería deixar a moza no medio da peza, e o mesmo tempo tiña medo que viñera Mariano do Cura por alí. Por alí pasou Chucho da Jauvea, un coñecido meu. Fixenlle un sinal, sinalando o billete, colliu o sinal a primeira e colliu o billete tamén a primeira. Metiuno no peto e esperoume e dixome " toma é teu" e eu díxenlle " non, é dos dous".
Seguín a ser confiado, Chucho da Jauvea precisaba demostrar que era de fiar e eu dinlle a oportunidade.
Somos grandes amigos e ademais eu co tempo casei coa sua irmá.

martes, 27 de octubre de 2009

Colesterol


A miña relación cos médicos foi de menos a mais. Lémbrome unha vez de rapaz, que fun ao médico por receitas e entrei fumando. Naqueles tempos fumábase case que en todas as partes, menos na misa, que tamén.Lémbrome nun funeral que un señor púxose a fumar e outro, que era gardador de formas, díxolle:" Non fumes na misa me ca... ios". Pois iso, entrei fumando na consulta do doutor e díxome:"Eres moi xoven para fumar" E contesteille:"So fumo cando veño a sua consulta" e o doutor dixo:"Daquela non fumas moito ¿quen es?"
Outra vez tiña cita co otorrinolaringólogo (levoume tres minutos escribilo) para as cinco da tarde. Cheguei as cinco menos cinco e as cinco xa estaba fora. A miña dona preguntoúme:" ¿que che dixo o que che leva escribilo tres minutos?". Dígolle:"díxome que eu era 10.000 ptas. mais pobre e que el era 10.000 ptas. mais rico"Seguín a ir ós médicos, pero agora vou mais que nunca, que se varicies, que se calvicies, que se sordeira,que se ácido úrico, que se colesterol... E digo eu, que son de Carballo, que son moinante de sangue, quero dicir donante de sangue, ¿por que cando nos fan o furado, para quitar o sangue, non nos controlan o colesterol, o ácido úrico, os leucocitos, os cromocitos, os trombocitos, os eritrocitos...? ¿E cando che fan un electrocardiograma non che miran o nivel de amorcitos que tes pola túa parella?
Total que o ano pasado tiña 275 de colesterol. Ando unha hora diaria, pero non todos os días. Como verduras, como a plancha de luns a venres, pero os fin de semana que se xamón, chourizo, lomo, queixo, ovos , tortilla, patacas fritas... Unha vengaza en toda regra. Tomo deses iogures milagreiros, lecitina de soia e agora teño 360 de colesterol. ¿Será porque o día do analise non tomei o iogur? pero tiña que ir en xaxún.
Total que agora acabaronse os chourizos, o xamón, o queixo, ovos, tortilla, patacas fritas. O que mais vou a votar de menos é ou son os ovos fritos, con patacas fritas, chorizos e salchichas. Para min era unha festa e eu tiña un ritual: os ovos no medio do prato, as patacas fritas de un lado os chourizos e as salchichas do outro. Iba comendo o resto e deixaba os ovos para o final. Cando quedaban so os ovos iballe comendo a clara e quedaba so a xema, collía o garfo e usabao como paleta con coidado de non furalo, metiao na boca enteiriño, cerraba esta para que non saise nada para fora. Cerraba as meixelas e aqueles ovos, aqueles soles, aquela explosión amarela...So teño unha palabra para describilo ¡ HIPERSUPERMEGAMOITO!
Consólame pensar que facer o amor enviagrado non produce colesterol ¿Ou si?

jueves, 15 de octubre de 2009

Ao Sr. Durao Barroso

Sr. Durao Barrroso son unha traballadora de unha fábrica de conservas de Ardebullo. Sentín que se van a perder moitos postos de traballo no sector conserveiro, pola deslocalización, debida a baixada de arancéis a moitos países do sureste asiático. ¿Que gaña Europa con estas medidas? ¿Vai a vender mais coches, mais neveiras, mais ordenadores etc. neses países?¿ A quen? ¿Á xente que gaña 200 euros ó mes? ¿ Ou calculastes que o 10%da superpovoación deses países é superrica? Claro son moitos ricos. Vos o que queredes é eliminar a clase media. Que sexamos o 90% de pobres. Para facer de nos o que queirades.
Quedarei sen traballo, pero teño leiras. Quedarei sen coche, pero teño cinco bicicletas. Quedarei sen leite de marca, pero terei leite directamente da vaca a mitade de prezo e ainda así o gandeiro gañaría o dobre. Teño roupa no fallado para moitos anos, e así que a acabe metolle remendos.Non pagarei a hipoteca, pois como di o noso presidente "NON TEMOS CARTOS". Deixarei de pagar impostos e vostede quedará sen traballo, e se non ten leiras, veña a Ardebullo e pregunte pola casa da Conexa, e aquí sempre terá unha cunca de caldo e un anaco de boroa.

Obama I O Sabio

Sei donde está España, sei donde está Galicia, sei que España ten catro linguas oficiais.Sei que Alfonso X O Sabio escribía en galego,¿chamarianlle o Sabio por isto?El consideraba o galego moito mais culto cao castelán. Sei que Federico Gª Lorca escribíu poemas en galego. E sei que eu quero ir coa miña muller a Galicia no noso 25 aniversario de voda.

E quero ir a Coruña, non a la Coruña. E quero comer unha centola en Ortigueira e non " una centolla en Ortiguera". E quero comer ameixas en Vilagarcía de Arousa e non " almejas en Villagarcía de Arosa". E quero beber un albariño na Toxa e non "un albarito en la Toja". E quero beber un ribeiro en Leiro e non "un ribero en Lero". E quero comer polbo a feira no Carballiño e non "un pulpo a la feria en el Roblecito". E quero comer unhas navallas no Porto do Son e non "unas navajas en el Puerto del Sonido".

Sr. Feijoo se considera que o galego vos sobra, eu fágolle unha oferta, 1000 millóns de dólares por el. Son presidente de un gran país, se se lle pode chamar grande a un país, que non ten lingua propia, que ten unha lingua prestada. Coñécenme como o neto de Katherine Hepburn e de Spencer Tracy, ¿será pola película "¿Adivina quién viene a cenar esta noche?" donde a parella de noivos eran unha blanca e un de cor,como meus pais?.Esta carta é un apoio ao 18 de Outubro.Día da manifestación en prol do galego.

viernes, 9 de octubre de 2009

¡Olé, olé y olé!

Olé, olé y olé! por el modo de gobernar del Sr. Nuñez Feijoo. Eso si que es democracia, contar con el ciudadano. Que si los coruñeses quieren la "La" de La Coruña, pues les da la "La", que si los santiagueses quieren llamarle a la plaza del Obradoiro , la plaza del Taller ¿Por qué no?,que si los padres quieren que a sus hijos les den clases en castellano, pues en castellano, que realmente es el idioma que deberíamos de hablar en Galicia y en toda España. Para que complicarnos con dos idiomas. Hay países grandes, que no tienen lengua propia (vease EEUU, Australia, los países Iberoaméricanos) y son grandes países. Que tiene de malo hablar la lengua de Castilla. Son todo ventajas.
Yo soy José M. Canedo, habitante de Sofán, que pertenece al ayuntamiento de Roble. Soy presidente del PAESO (Partido Español Sofandés) y queremos tener un ayuntamiento propio, espero que el Sr. Nuñez Feijoo nos pregunte a los sofandeses, si queremos segregarnos de Roble. Yo sería candidato a la alcaldía. ¡É a ilusión da miña vida!, Ser alcalde. Xa de pequeno fixen a primeira comunión vestido de alcalde, mentras os outros nenos facíana de frailes, de marineritos, con traxes do apóstol... Pa eso fundei o PAESO, para ser alcalde.
Perdonadme, es que cuando me emociono hablo gallego, y cuando me enfado hablo gallego. ¡E cando falo falo galego!. Só uso o castelán de cando en vez para ver se o Sr. Feijoo se entera que esa non é maneira de gobernar, preguntando, facendo referendos. ¿Por que non nos pregunta ós da Costa da Morte se queremos a autoestrada Carballo-A Coruña gratuíta ou de pago?¿Por que non nos pregunta ós galegos se queremos pagar impostos? Non se poden facer referendos a lixeira Sr. Feijoo. Dediquese a gobernar, deixe de preguntarlle a cidadanía, asuma responsabilidades, xa lle diremos nas vindeiras eleccións se o fixo ben ou mal.
O "La" de Coruña e artigo determinativo feminino na lingua castelá. Supoño que estará escrito en algures, que os topónimos de Galicia se escriban en Galego. Se vostede quere dicir la Coruña está no seu dereito, pero a hora de escribilo ten que usar as normas. Pode dicir jato, pero ten que escribir gato. E como siga erre que erre voulle dar nos dedos das mans con unha regla,como adoitaban a facer antaño.
Nunca pensei que o Sr. Nuñez Feijoo estivese o leste do Sr. Fraga.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Monte Louro
























Mes de Agosto. Once da mañán na praia de San Francisco de Louro. O ceo sen unha nube, temperatura moi agradable. Colocamos no sitio idoneo a sombrilla, as cadeiras e as toallas, de modo que as oito da tarde non estemos a sombra, pois o pinar da praia ensombrece amplas zonas.Estamos a tomar o sol e nesto que chega unha parella con dous pequerrechos. Así que se sisteman o home dille a muller"son as once e media ata as oito vamos a estar aquí, teñamos un día tranquilo ¡ Por favor non se che ocurra limpar o po da praia!". Xiro a cabeza e vexo unha parella correndo para meterse na auga, así que os pes tocan aquela dan a volta despavoridos (tal é a friaxe da auga). Hai xente que di " Hai que ter dous Güevos para meterse" e eu digolles "Primeiro hai que ter dous pes e dúas pernas".
Dúas da tarde, trinta e tres graos e é hora de comer. Vamos para o pinar e ¡Que gusto! á sombra das árbores tes que poñer unha chaqueta. Acabado o bocadillo vamos a tomar un café a unha antiga fábrica de salgadura, que está acondicionada como bar restaurante, chámanlle O Caldeirón. Decorada estilo mariñeiro con un patio interior, que semella un claustro dun convento.Voltamos a praia, deitome na cadeira e vexo que me durmo. Levántome e dígolle a muller "Vou andar, pois non quero que a xente non escoite o ruído do mar ( ronco moito).
Collo camiño do faro de Louro. O primeiro que atopo nesa península é o único lugar, o único lunar, que non é un lunar, mais ben é unha verruga. Un taller-concesionario de coches. O resto é todo beleza, fermosura, tranquilidade e sosiego. Só se oe o silencio. O silencio dos paxaros.O silencio das ondiñas do mar. O silencio dos esquíos subindo polos pinos. Miro para un lado ¡Mar!. Miro para o outro ¡Monte!, penedos, matogueiras, algún que outro bosque de árbores autóctonas...( pensar que fai uns anos esto quedou todo carbonizado, pero a natureza é moi sabia). Chego a unha zona donde vexo co meu maxín penedos con formas curiosas: unha bigornia, unha lingua que busca o nariz, un golfiño con medio corpo fora da terra intentando saltar ó mar, a cara de perfil de don "Quijote de la Mancha". Estes penedos nas Canarias venderíanos ben vendidos. Lémbrome cando fun a Lanzarote a guía ibanos esplicando todas as maravillas " Este es el valle de las mil palmeras" eu conteínas e só había 999. " esta es la Virgen con el Niño en el brazo" e fas un esforzo sobrehumano e consigues ver algo parecido. No Timanfaya a guía dinos " Esta lava llega al mar, es de la erupción del siglo XIX" e eu dixenlle " Tivestes sorte que non vos pasou por riba da estrada"Continúo a andar ata o faro, alí acábase a estrada asfaltada, pero o camiño segue. Un camiño-corredoira que te leva a praia da Area Maior ( fai uns anos elexida a praia mais bonita de Galicia) alí estou un anaco a contemplar o mar aberto.
Volto sobre os meus pasos e collo camiño a ezquerda, delimitado por balados. Os balados son a Galicia o que as pirámides a Exipto. Símbolo do minifundismo. Hai tramos dese camiño que trascurren por pedra e nela vense rodeiras dos carros profundas dez centímetros. Chego a unhas casas de pedra algunha restaurada, que son un deleite para os meus ollos. O camiño segue e acaba na estrada que leva de Muros a Cee.Dou a volta despavorido, pois non quero voltar a civilización. A un certo punto subo por un sendeiro pedregoso que me leva ao 3º pico do Monte Louro ( o pico mais alto ten 241 metros). Alí arriba miro para un lado e vexo a Lagoa de Louro e a praia da Area Maior e miro para o outro e vexo a praia de San Francisco e case que toda a Ría de Muros e Noia.Baixo pola outra ladeira e chego a estrada que leva ó faro. Collo camiño de Louro e atopo outra antiga fábrica de salgadura, tamén acondicionada como mesón-bar-restaurante, chámase O Fogareiro. Aquí é donde describín e escribín este paseo.
Hoxe é luns 31 de Agosto, último día das miñas vacacións. Consólame pensar que ainda faltan sete días para que volte a ser luns.

martes, 8 de septiembre de 2009

Homenaxe a Barca Lodeiro Vázquez

Todos nós temos usado esta frase "Era unha gran persoa" cando falece algún coñecido. Lémbrome unha vez que o dixen e alguén me rebatiu "E logo ¿eu non ó son?" contesteille "Cando morras tamén ó serás, pero el xa ó era"O outro día un amigo meu, José Manuel Barca Becerra díxome " A ver cando me fas unha carta homenaxe" contesteille "Cando morras" pero el replicou "Non, eu quero lela" " A ver o que podo facer coas 25 letras do alfabeto galego".A verdade é, que é mellor que o homenaxeado estea vivo.José Manuel Barca Becerra é unha gran persoa ó ancho, ó alto non tanto. É un gran contador de contos, historias, anécdotas... Hai que velo, miralo, oilo, escoitalo, sentilo, rilo e por suposto choralo ( coa risa). A súa dona non pensa igual que min, pensa que é un desastre, que non val para nada, pero ela quereo no fondo, no fondo, no fondo do mar ( é unha broma, el a min tamén ma faría).
A historia verídica mais famosa del é a dos grelos: Fai uns anos algún que outro matrimonio de Bergantiños emigramos a Italia. Traballábamos en casas privadas mais ou menos pudientes. A dona facía de cociñeira, planchaba, facía as camas, etc e o home facía de camareiro, chofer, facía a limpieza e sacaba de paseo aos cans, etc.
Os primeiros traballos eran en casas pouco pudientes, pagábanche pouco e había pouco de comer (ata os cans pasaban fame), pero collías esperiencia e aprendías o idioma. Nun antroido os xefes de Barca e Carmen foron de viaxe, e eles quedaron ó cargo da casa e mais do can. Invitáronnos a comer un cocido. En Italia a cousa mais parecida aos grelos son "cime di rape" pero aqueles "grelos" estaban durísimos e comemos o resto. Os grelos dímosllos ó can. Papounos en dous bocados, tal era a fame que tiña. Era un cocker pel canela moi delgadiño. Ó día seguinte Barca levou apasear ó can por Vía Spiga ( A Vía Spiga é a Milán, como a Rua Real a Coruña). Barca iba todo chulo co can detrás, atado con unha correa. E a un certo punto decatouse que a xente ríase e quedábaselle mirando. Barca mirou para atrás e viu que o can iba soltando lastre, o lastre dos grelos. Soltouno da correa e siguiu andando, disimulando como que o can non tiña nada que ver con el. De cando en vez miraba para atrás por si o can acababa de acabar. Cando esto pasou púxolle a correa e fúronse para a casa.
No ascensor levantoulle a man, facendo ademán de pegarlle e dixolle "Que sexa a última vez que me deixas en ridículo diante de tanta xente" e o can contestoulle "Guuuuauu-guuau-guaaauu" que quer dicir en idioma canino-italiano A prósima vez que me des grelos chívome, que fas festas na casa cando non están os xefes".
Quén tamén merece unha homenaxe é Paco Lodeiro, cantante, presentador, humorista, imitador, letrista... en definitiva, un artista. Propoño como candidato ó vindeiro día das Cifras e Letras Galegas. E proporía como cadidato ó día do Acento Galego a Paco Vázquez. Está publicada en el correo gallego día 7-9-2009

lunes, 31 de agosto de 2009

Andropenia


Hai vinte anos que teño trinta anos, pero é como se tivese cincuenta, estou preto do territorio cincuentil e vexo aló polo horizonte, cabalgar cara min a andropenia. ¡ Que se medran os pelos do nariz!¡ que se medran os pelos das cellas!¡que se medran os pelos das orellas!¡que se non medran os pelos da cabeza!¡que se non medra...!
Estou a preguntar como levan ou como levaron a estancia no territorio cincuentil e oio de todas as cores. Bueno de cor rosa. Parece ser que ningún nota a andropenia. Un dime "Teño cincuenta anos e esperto de noite como un burro" e eu pregúntolle " ¿Espertarás a muller?" e el contesta "¡Toleaches! ten que madrugar se a esperto mátame". "¿Irás ao baño?" " Eu non fago desas cousas" "¿Foches ao urólogo?" " Non ¿ e logo?" " Dame a impresión que eso é da próstata".Virou de todas as cores e marchou coas orellas gachas.
Dalí a 15 días insinoume unha noticia dun xornal "AS PARELLAS ESPAÑOLAS ADOITAN FACER O AMOR DÚAS VECES A SEMANA" e díxome " se lle amoso esto a miña dona, chámame pervertido, salido, maníaco sexual... levo seis meses sen facer o amor" e dígolle " daquela non me extraña que espertes daquela maneira, non vaias ao urólogo".
Outro dime "teño sesenta anos e fago o amor máis que nunca e cada día gústame máis" pregúntolle "¿Coa túa muller?" " Non, con outra" "¿Será cunha prostituta?" " Era, agora traballa de camareira nunha barra americana". etc....
Tampouco me vou a preocupar moito, pois hai remedios: a viagra, recetarama o urólogo e se hai exaculación precoz tamén hai pastilla. Estou a facer xestións para que fagan un pack-ahorro 2 en 1. E se non, tamén nos quedan os productos naturais. A sandía parece ser que ten o principio activo da viagra, intentei tomala e eso que son un bocazas, pero non me entra na boca ¿haberá que troceala?. Tamén teñen o principio da viagra e o vinagre, o viño, as vieiras, as vitaminas...
Entrementras sigo facendo enquisas e xa pedín vez para o urólogo.Teño para o 31 de decembro. Para o 31 de decembro do 2015

viernes, 7 de agosto de 2009

Crise climática

Endexamais choviu que non escampara ¡ ata este ano! e pensar que o ano pasado por estas datas, os encoros estaban valeiros e dixenme "¿ cómo é posible que non choiva, se eu canto mentras me ducho?. Xa sei que canto poucas veces, pero pensei que debía abondar". Hai remedios que funcionan con retardo, ¡que maneira de funcionar!. ¿Serán polo cambio climático estas extremeces, ou serán pola crise? Como a crise é globlal, nó ceo é cielal, creo que fixeron un E.R.E ( expediente regulación emprego), e quedaron sen traballo Lorenzo e Catalina. Agora traballan de cando en vez na economía sumerxida, e teñen medo a que os collan, e traballan pouco. A ver se, se agora que ven o entroido e a Semana Santa, lles fan un contrato de longa duración, pois precisamos andar pola beira do río Anllons para descolesteralizarnos dos poucos excesos, que cada vez son menos. ¡ e Deus queira que non cheguemos aos defectos! A primavera tamén está por chegar, xa sabemos que pode ser caprichosa, pero polo menos os días son mais longos e as noites mais pequenas. ¡Ánimo sairemos desta crise climática e mais da outra!
esta carta escribina o 6-2-2009 cando levaba todo o ano chovendo

miércoles, 22 de julio de 2009

Sentidiño común

Chamome Sabela, teño 14 anos e teño dous irmans de 10 e 8 anos. Os tres temos asma aguda e crónica. Ata fai tres anos tiñamos moitos problemas cos catarros e coas alerxias e un médico aconsellounos aire do mar e moito sol. Pero a nosa familia é de terra adentro, digamos de Ardebuyo.

Un día miña nai dixo "xa que agora os libros son gratis e voso pai e mais eu vamos a deixar de fumar, cos cartos que aforramos alquilaremos,no mes de Agosto, un apartamento na praia" ¡Que resultado! en tres anos a penas nos dou a lata o asma. Gañamos en calidade de vida, e eu coñecín un rapaz, Alberte, e gustamosnos moito. Fai uns días dixonos mamá " non podemos ir este ano o apartamento da praia, pois hai que pagar os libros e ademais este ano puxéronnos moitas multas, e hai que pagalas" e eu protestei " ¿Por que ?" e miña nai contestou " porque somos ricos, gañamos 21.000 Euros brutos o ano, e non temos dereito a gratuidade dos libros e en canto as multas, non fan mais que multarnos por ir a 50 e pico en senais de 50.
Non é xusto, non estou dacordo coas leis, a familia de unha amiga miña ten un bar, no que traballan todos pero só declara 20.000 Euros e teñen dereito aos libros, e ademais teñen cochazos e chalet na praia.
Miña nai e comercial e depende do coche e ten que apurar moito os tempos, para chegar as citas e xa leva tres multas.
Meu pai ten unha Berlingo, que non pasa de 80 Km/h, e xa leva 4 multas. Agora cando atopa un sinal de 50 frea en seco ata conseguir o que a lei quere( moitas veces os sinais están tapados coa matogueira) xa lle diron duas veces por atrás( ao coche) e pítanlle cantidade de veces, pois así que se pon a 50, aparece o sinal de 80, pisa a fondo pero o mais que consigue e porse a 60.
Fixo un letreiro-pegatina con este escrito " PERDOE AS MOLESTIAS, AGOTADO ORZAMENTO MULTAS".
E outra a meus pais gustaballe moito tomar unha cervexa ou un viño, despois de unha longa xornada de traballo. Agora non poden, nin na casa ,(por si las mos...multas) pois existen moitas posibilidades que eu ou meus irmáns teñamos unha crise de asma, e teñennos que levar ao centro de Saude.
Menos mal que ven os Simpson con nos e así ainda se divirten un pouco.
Alberte tampouco vai a ir a praia, pois os seus pais tiñan unha inmobilliaria e quedaron sen traballo. Non hai mal que por ben non veña, así poido ver a Alberte no mes de Agosto, pois é dun concello do lado.
Son unha futura votante, gustaríame que lles esixisen aos políticos un cursiño de Ética e Moral e ademais un curso de Sentidiño Común, que é o menos común dos sentidos.
Esta carta foi publicada en el Correo Gallego o 5-8-2009

miércoles, 3 de junio de 2009

Solucións a crise


Anos 80, unha crise de tantas, cerraron cantidade de talleres relacionados co automóbil, ese era o meu sector. Díxenme "O goberno ten que facer algo ¿por qué non plantan fochancas nas estradas? así daríanlle traballo ós labradores( que tamén daquela estaban en crise) e ós talleres relacionados co automóbil, pois os coches estragaríanse moi frecuentemente".
Esquecín a idea, casei e tiven que entrenar para ó estranxeiro ( digo entrenar porque fun en tren, se fose en barco diría embarcar).
Ano 2008, crise actual, fai dous meses atopeime na Avda. da Milagrosa de Carballo, con unhas enormes máquinas, semellaban esas sembradoras-ensiladoras que van as Castillas, lembreime da idea da miña novez, esbocei un sorriso. Pero eran unhas máquinas que pelan o asfalto, e despois rechean con asfalto novo e reparan as fochancas. Cal foi a miña sorpresa, fai 15 días, cando vin xermolar fochancas nese asfalto novo. Deberon ir ao fallado do meu cerebro e pilláronme a idea, e non só eso, tamén están a plantar pasos de peóns elevados( pero moi elevados de 30 centímetros).Hai moi poucos coches que resistan o envite. Aumentou a venda de coches 16 (4 por 4). Unha boa solución á crise, promovendo o sector agrícola(plantando fochancas e pasos de peóns), o sector automobilístico ( os talleres facturan mais) e o sector da construcción( están a facer naves, pois os talleres e concesionarios queren estar o máis preto das fochancas e dos pasos de peóns.)
Toda semellanza coa realidade e pura verdade esaxerada, o das fochancas e dos pasos de peóns elevados e verdade(terán a sua lóxica) e o resto e froito do maxín deste escribidor de cartas. Non son Dante nin esta é a Divina Comedia, pero si son un COMEDIANTE. Grazas por lerme.

sábado, 30 de mayo de 2009

Reproche a Rubia da Coruña


¡Hola Estrella! ¿A que endexamais che dixen hoxe que tes un pelo loiro moi bonito?. Pois non cho vou a dicir, pois esta carta é un reproche.
Fai uns anos pedinche que me mezclaras unha cervexa de verdade con outra de mentira(ou sexa unha normal e unha Sin), para así obter unha cervexa de 2.6 % de alcohol. Non me fixeches caso, agora sallo con unha tal Cruz apellidada Campo, alcumada LIGTH. Eu que sempre falei en galego, incluso na escola cos mestres, nos tempos de Franco, agora teño que falar en castelán, para entenderme coa sevillana. Eu, que son mais galeguista que Quintana, dixen galeguista non nacionalista, ata teño unha moeda suboficial, porque oficial é anticonstitucional. O PESO: 5 ctmos. son un PESO, 50 ctmos. son dez PESOS, un Euro son vinte PESOS. De feito estou pensando en montar un negocio de TODO A VINTE PESOS.
Teño que despedirme de ti, teño cita con Cruz, quero que saibas que sigo enamorado de ti, que se ti me quixeses a milésima parte do que eu te quero a ti, compraría un décimo de Lotería de Nadal gañador, secuestraríate e levaríate a unha illa deserta, onde o sol quentase día e noite, e que ademais tivese un Hotel de 5 Estrellas, que contigo sería de 6.

Afán recadatorio

Esta carta publicáronma en EL CORREO GALLEGO o 18-11-2008.

Quero protestar e protesto po-lo afán recadatorio do Goberno. Eu sempre reciclo vidro, papel e cartón, e andaba co meu coche en marchas longas, na punta do gas pa non encher de malos aires a atmósfera e para non encher de aire o meu peto.
Resulta que nunha recta sin curvas con dous carris de 5 metros cadanseu, con dous arcens de 3 metros cadanseu, e entre cada arcén e a beirarrúa hai outro arcén de 3 metros, pois eso multanme por ir a 75 km/h onde está senalizado a 50.Cen Euros. (Non sei se multarían a un sapo-concho que acababa de adiantarme).
Cen euros que me costa 28 horas gañalos, pero eses 100 euros son ingañables, terei que renegociar co banco a miña hipoteca, posiblemente teña que tardar 15 días mais en amortizala.
Agora aprendín a lección, ando a velocidade que me din os sinais, que si a 30 a 30, que si a 50 a 50... reducir, acelerar... pa conseguir a velocidade que a ley quere, teño unha tendinite no pé dereito, e unha tendinite nos ollos de tanto mirar para o marcador de velocidade e para a estrada.
Pasou o que tiña que pasar, nunha mirada ao marcador de velocidade, sentín un topetazo, matei un can, un can de raza autóctona, era un can de palleiro, era dun amigo meu, un militante de base do partido socialista. Encarouse conmigo. E dixenlle " Quedo aí ,comenteino con Rajoy e díxome que era culpa de Zapatero" . Meu amigo que sempre andou con chaqueta de pana, agora anda con chaqueta de traxe con garavata e camisa, e creo que está deixando bigote.
Posiblemente multaranme por esta carta con 300 euros e posiblemente quitaranme dous puntos, pero Zapatero seguramente perderá dous votos e seguramente perderá ó Z de Zapatero pois ó Z é do Zorro e seguramente perderá ó R de Rodríguez pois ó R é do Raposo.

Pésame a familia Celtista

Esta carta publicáronma en EL CORREO GALLEGO o 8-11-2008


Son un sealeiro do Deportivo, quero darlle o meu mais sentido pésame a toda familia celtista, en especial a o seu Presidente, po-lo pasamento do seu fillo, o Ministro do interior de México.
Eu estaba e estou moi orgulloso del, pois el representaba o espíritu galego da emigración, chegou moi alto, e moi dificil ser alguén e menos na polítca, e menos nun pais extranxeiro, ainda que México non é tan extranxeiro para nos os galegos, unha polos emigrantes que hai aló, e outra polas películas de Cantinflas que nos puñan na galega sen dobrar (e eso que adoitan traducir ata os apelidos).
Quixo o destino que o pasamento do Ministro Mouriño coincidise coa chegada ao mais alto da politíca americana do neto de Katherine Hepburn e Spencer Tracy, non tiña falta o destino de facer eso, pois e mais fácil lembrarse do 4-11-2008 que do primeiro martes despois do primeiro luns de novembro do 2008.

Utopía-Autopista

Esta carta publicáronma en El Correo Gallego o 21-2-2009

Fai uns meses uns clientes meus, que son da Coruña e veñen a traballar a Carballo, dixeronme ¿por qué non escribes unha carta,en EL CORREO GALLEGO, reclamando un ida e volta, un abono semanal, un abono mensual na Autoestrada Carballo-Coruña (eles din Coruña-Carballo).Eu dixenlle"se realmente sentise o problema, seguro que se me ocurriría algo". A desgraza quixo que miña sogra estivese ingresada, nun hospital da Coruña, tres meses e lembreime da suxerencia e aquí estou.
Lémbrome cando nos regalaron a utovía, quero dicir autovía, e logo vendéronnos a autopista e pasamos da utopía a utopista(auténtica realidade). Aquel ano fun pola vía rápida do Salnés e pregunteime "¿por qué a nos non nos fixeron unha vía rápida?. Decateime o acabar o percorrido que era imposible, pois a nosa autopista o único que podía ser era unha vía lenta, fixadevos que nin eses ciclóns subtropicais, non me lembro dos nomes,pois eran nomes ingleses( sempre dixen que o inglés tiñano que dar tamén en galego), foron capaces de pasar de 100 por hora.
Había unha plataforma encabezada por o Bloque, Psoe e algún alcalde do PP da Costa da Morte, que defendían a gratuidade da mesma, pero agora os dous primeiros están na comedeira e o único que fixeron foi refrixerar( nin conxelar foron capaces) o tramo Arteixo-Coruña, mentras que o de Carballo-Arteixo está a baño maría.

Guerra entre Marcas e marcas brancas

Esta carta publicáronma en El Correo Gallego o 3-2-2009

Parece ser, que a Cadena de Supermercados Compramuller,quere quitar Marcas dos seus andeis e vender só marcas brancas. Non queira Deus que todas as Cadeas de Alimentación fixesen o mesmo, por que se quixésemos unha cervexa Rubia da Coruña teríamos que ir a fábrica,se quixésemos salchichas Docampo frías, teríamos que ir a fábrica, se quixésemos unha cervexa Campo de nome Cruz, teríamos que ir a fábrica, se quixésemos atún Sinpelos, quero decir Sinperos, teríamos que ir a fábrica. Ou sexa que teríamos que andar de fábrica en fábrica. O mellor é que as fábricas veñan a nos.¡A ver se temos que comprar Marcas por Internet!

Arranxos a crise

Esta carta publicáronma o 2-1-2009 en El Correo Gallego.

Visto o visto, as medidas do Goberno non funcionan, temos que ser nós ós de a pé, ós que teñamos que coller o touro po-los cornos, e darlle a volta a esta España recesiva. Temos que consumir,pois asi manteremos os postos de traballo e regalemoslle á Banca "luces", que nestas datas hai en moitos negocios, para ver se se decata que deixando cartos medrará o consumo, o emprego e a economía, e asi a Banca tamén medrará.E regalemoslle ás Grandes Empresas e Multinacionais tamén "luces", para ver se se decatan que o traballador-a ten que ter poder adquisitivo e tempo libre para comprar ós seus productos.
Recapacita Scrooge( personaxe de Charles Dickens nun "Cuento de Navidad", que representa mellor ca ninguén a Banca e ás Empresas) a ver se renace en ti o Espirito de Nadal , pois se non recapacitas, chegaremos a economía de subsistencia.
E se non deixemosnos ir ata un 25 ou 30 % de índice de paro, e daquela si que o Goberno ten que tomar as rendas, repartir os traballos. Darlle un traballo a un membro-a de cada parella, a un el ou a unha ela, a un el ou a un el, a unha ela ou a unha ela. E o outra-o darlle unha paguiña e darlle unha cotización, ca paguiña e co que se aforra, andando a caza de ofertas e aproveitando mellor os restos de comida, conseguimos case o salario mínimo. ¿Qué gañaremos? Moito. Poderemos ter mais fillos, naturais ou adoptados, así medraría o índice de natalidade. Os nenos-as merendarían anacos de pan con unha mazán, con un plátano, ou cun bocadillo de chourizo....Xogarían mais na rúa cos outros-as nenas-os . Diminuiría o índice de obesidade. As parellas dormirían xuntas, diminuiría o estrés, diminuirían os divorcios, pasaríamos as vacacións xuntos, a familia gañaría en ética e en moral. Seríamos todos mais bós. E o mais importante os avos disfrutarían por fin, da súa tan merecida xubilación.Posiblemente non teríamos o AVE, pero asi teríamos menos problemas ca gripe aviaria.

reflexións postelectorais

Esta carta de reflexións postelectorais publicáronma o 7-4-2009, en El Correo Gallego


- ¿Cómo o obreiro pode votar ó PP?
- O obreiro pode votar por quen queira, por esa regra de tres gobernarían sempre os de esquerdas.
-¿Teremos que falar español?
-Xa o falamos, pois o galego é español.
-¿ E as galescolas?-
Feijoo gobernará para todos, ensinarán en castelán(sempre e cando atopen insinantes de castelán pois o castelán está en perigo de estinción),pero poñeranlle nome galego, chamaranlle as castelanescolas, así gañamos todos un pouco.
-¿Por qué perdiu o bipartito?.
-Porque os bipartitos funcionan, pero os bigobernos non.
-¿Por qué perdiu votos o Bloque?
-Porque non respetou ós casteláns-falantes que o votaban.
-¿Por qué perdiu votos o PSOE?
-Unha polo bigoberno e outra polo AUDI e polas cadeiras(pensar que Touriño perdiu a cadeira polas cadeiras)
-¿ E o AUDI qué lle facemos?
-Vendemolo pola mitade e recuperamos 200.000 Euros, e compramoslle a o austero Feijoo un Citroen 2 CV de 5ª man(que ainda os hai) pintámolo con pintura de aceiro inoxidable (para blindalo)¿ qué podemos gastar 400 Euros? Val a pena.
-¿Cómo nos irá? -Dexexamoslle todo o mellor a Feijoo, que nos quite da crise.
-¿Voltará a gañar as eleccións dentro de 4 anos?
-Non, malo será que non lle regalen uns traxes de 12.000 Euros, malo será que Feijoo non lle poña un radio-cassette ao Citroen 2 CV e malo será que non vaia a comer ao Kiko de Lata con cargo aos orzamentos.¡Oiches! Tanta pregunta estame cansando, Jordi. Deixame facerche unha pregunta ¿Quén gañará a liga?. Apostoche algo simbólico, se gana o Madrid faste do Deportivo e se gaña o Barcelona, tamén.
-¡Uy que carallo! Eres un liante, peor caos políticos.
-Marchou e deixoume coa lingoa na boca.

Nota: o restaurante Kiko de Lata, como non podía facer publicidade, é El Gallo De Oro.

viernes, 29 de mayo de 2009

A Don Emilio de Louro




¡Hola habitantes e visitantes de Louro! Supoño que votaredes de menos a Emilio, eu voteino de menos e de feito fun acadar información a sua casa. Atopeime coa sua dona e díxenlle" non vexo a Emilio, non me diga o que non quero oir" e díxome " Pois sí, está descansando pa sempre" "Qué sorte teñen os ceanos- habitantes do ceo- pois divertiranse moito con el.
¿Quén é Emilio? Emilio andaba dende fai anos de 3 a 4 horas diarias pola praia de San Francisco de Louro, andaba con unha perna e con un brazo tesos, pois deralle unha trombose ou algo así. Eu preguntaballe ¿qué día vai facer hoxe? e el respondíame "digocho mañán". O outro día dixolle á súa dona "Maricarmen teño 80 anos xa son un velliño" e ela respondíalle "non, non eres velliño so tes 78 anos".
O señor Emilio era un artista con moito maxín, pintaba cadros, tallaba en madeira e veía figuras curiosas, nas nubes, nas rochas, nos anacos de madeira que a marea deixaba na praia, poñialle unha peana e barnizaba e resultaba unha escultura.
Un día atopouse conmigo e dixome "fásteme unha cara coñecida" eu dixenlle " eu a vostede coñézoo, pois véxoo todolos días andar pola praia de San Franciso, dende aquí, dende o Monte Louro"E dixome " xa sei , pareceste ao CAVALEIRO DA TRISTE FIGURA"e marchou. Non sei quen é ese cavaleiro, pero sei que o señor Emilio e un CAVALEIRO ANDANTE. Eu só son un penedo, que estou a mirar pa ría de Muros e Noya, teño oido que alguns penedos temos formas curiosas¡ A ver se teño unha triste figura!
¡Adeus señor Emilio! consolame pensar que está andando polas praias do ceo, non terá problemas de adaptación, pois as praias do ceo son casi tan boas como as de Galicia.

Homenaxe a Tito


Era unha gran persoa, era e é, porque ainda sigue sendo e seguirá. É amigo de todos e todos son amigos del. E moi doado facer amizade con Tito. Non lle fai dano a ninguén, só os 28 de decembro e en antroido fai algunha falcatruada. Sempre contando contos, anécdotas e cousas da súa vida. É un libro aberto,sen maldade.Cando lle diagnosticaron aquel cancro de boca, que o levou, non perdiu o sorriso, nin o ánimo. Veu a donde eu estaba e díxome " xa non poderemos cantar mais xuntos " eu escomencei a chorar e el coas súas mans consoloume e doume ánimos coas súas caricias e díxome "non poderei cantar, pero poderei escoitar, ler ,mirar, andar...

A el gustáballe moito a música, a min tamén, eso uníanos moito. Eu sentía por el amor, el por mín cariño. Súa muller sabía da nosa amizade, pero condescendía. Unha gran muller Charo.

Xa dixen tiña un gran sentido do humor, cando o ciruxán lle dixo que tiña que facer unha operación de oito ou mais horas el díxolle " pero pararemos para comer o bocadillo"Tito seguro que tiña algún defecto, pero para mín era PERFECTO.

Espero ir pronto para donde el, pois estou desafinada, teño as cordas frouxas e estou descompasada. Son a súa guitarra. Nó ceo tamén hai crise, pois é global, por eso ó chamaron, pronto estarei con el. ¡ A ver se alegrando ós ceanos-habitantes do ceo- as cousas escomenzan a ir mellor na terra!
Nota: o nome de Tito é Perfecto

Noite en vela


Gustaríame saber canta xente morre pola gripe común o ano en México D.F., que ten 20.000.000 de habitantes. Gustaríame saber canta xente morre en España o ano pola gripe común. Gustaríame saber por qué algúns medios de comunicación venden tranquilidade e outros venden pánico ¿acaso esta crise da gripe porcina e culpa de Zapatero?. E boa verdade que do porco aproveitase todo, ata a gripe. Xa sei que agora(porque seguro que cando publiquen esta carta xa lle chaman a GRIPE A) chamanlle a GRIPE NOVA. Esperamos que pronto sexa vella, para que morra de vella, e se non que lle dea un ictus cerebral canto antes.
Gustaríame saber se poido ver películas de Cantinflas, por se pode haber contaxio.
Gustaríame saber por qué antes eu tiña cobertura no meu MOVISTAR na miña casa e agora non. Será ¿ por qué a xente veciña miña estase a dar de baixa da telefonía fixa, dada a inutilidade da mesma, e Telefónica non quere perder ingresos?. Ou foi que o Ciclón Klaus tirou a antena. Gustaríame saber se teño que pedirlle a Santa Klaus unha antena nova.
¿Gustaríame saber por qué os nosos fillos adolescentes ( o noso xa ten 18 anos), non queren que os levemos aos sitios de marcha e por qué non queren que os vaiamos a buscar a o mesmo idem. Total non dormimos, estamos a noite en vela (bueno eu durmo ata que a miña muller me desperta e me di "son as catro e Xacobe ainda non veu").Ben nos podían dar ese gusto.Preguntaredésvos por qué non o chamo ó móbil, xa dixen, non teño cobertura e son dos veciños que dou de baixa o fixo. Sinto ruído na porta o noso acaba de chegar, xa podemos dormir tranquilos ¡ata a prósima!

martes, 26 de mayo de 2009

Canastrón de Casais

Teño cuarenta e dez anos e fai cuarenta anos, que vin por primeira vez, en persoa, unha canastra de Baloncesto, ainda que na televisión via no programa Cesta y Puntos de Daniel Vindel. Foi no meu Instituto, había tres pistas en linea : Balonmán, Baloncesto e Voleibol. En todas xogabamos ao Fútbol, os mais grandes xogaban na de Balonmán, que xa tiña as porterías, os do medio xogaban na de Baloncesto, puñanlle pedras para facer as porterías, e nos os pequenos na de Voleibol, coa rede descolgada e tamén lle puñamos pedras para facer as porterías. As canastras e a rede eran testemuñas das evolucións futboleiras dos meus compañeiros, das miñas non pois era negado para o Fútbol . Estaba para nacer a miña afección.
Un día o balón da pista de Balonmán chegou a pista de Voleibol, colliuno Celestino Casais, que medía un metro e pico e tiña unhas zapatillas. Non eran de deporte. Eran zapatillas de casa, que eran tamén os zapatos para ir a escola( moitos adoitabamos a ir así a escola).Xa digo, colliu o balón coas mans e doulle un zapatillazo como se de un saque de portería fose. Aquel balón voou polo ceo da pista de Baloncesto e entrou na canastra, sen tocar o aro. Pensei moitas veces se a canastra non se puxo na traietoria do balón para que nos fixasemos en ela. ¿Qué canastrón? Aplaudímoslle e dende de aquela varios e mais eu empezamos a xogar ao Baloncesto, o ver que non era tan difícil meter unha canastra.
Comencei a ver partidos na televisión, a ver aqueles ídolos : Vicente Ramos, Carmelo Cabrera, Brabender, Luyck... España co tempo chegou a ser campiona do mundo cos Gasol, Rudy, Calderón...E agora está a vir Riky Rubio. A xogada de Celestino Casais, como non tiña móbil para grabala, grabeina na miña memoria e lembreime dela cando vin a Riky Rubio meter unha canastra estilo Casais, nunha propaganda da hamburguesería do Pato Donald. Non creo que Riky Rubio metese a canastra no primeiro intento, nin no último tampouco. Penso que foi unha montaxe.
Esta carta e adicada aos aficionados ao Baloncesto e en especial a Casais.

lunes, 25 de mayo de 2009

Homenaxe a Miro

Endexamais pensei que mandarlle unha felicitación de aniversario a unha amiga fose pecado, endexamais pensei que adicarlle unha canción pola radio a unha amiga fose pecado, endexamais pensei que mirar para dous diamantes fose pecado. Miro tampouco o pensou.
Miro é un home apoucado, mal parecido, cuns cus de vaso como gafas, está mais preto dos trinta anos ca dos vinte, defeito ten trinta e pico. É un anaco de pan, de pan de Carballo. Miro Mira miraba e admiraba a Maruxa, posuidora duns ollos azúis e luminosos, que lle daban vida aos ollos cansos de Miro. Decíame " a Maruxa e a min so nos separa unha liña recta e os ollos de Maruxa danme calidade de vista, parece que vexo mellor" e eu decíalle " non quites as gafas, por se algún día che vota a bronca por mirar para ela, sempre lle poderás decir, que estás mirando para as gafas".
Deus axudárao moito, coincidíalle moi a miudo ver os ollos-diamantes de Maruxa. Ata que pecou, ata que quitou as gafas, ata que tivo a osadía de felicitala, de adicarlle unha canción... Maruxa pensou que el a miraba con outros ollos. Enganábase, el mirábaa como algo espiritual, como algo platónico. Por eses pecados Deus castigouno e Maruxa tamén. Miro atopa case que sempre os ollos de Maruxa pechados, sen cor, sen luz. Xa leva unha tempada coas gafas, triste e deprimido.
Estou a esperalo, está a punto de chegar, e eu ¡ que teño un plan!. Pois andanme rondando. Pero quedei de esperalo e espero. Son fiel. Velo aí ven, ven sen gafas.Debiu ver os ollos-diamantes de Maruxa. E ademais ven sorrindo. Debiu ver o sorriso de Maruxa. Aquí está e dime " Toby, vai a dar unha voltiña, xa vexo que tes plan". E fun ladrando detrás da Alana. É boa verdade que o home é o mellor amigo do can ¿ou é do revés?. O que si é certo que Miro é o meu mellor amigo.

sábado, 23 de mayo de 2009

friends pra siempre

Chamome Alicia, meu home é Breo. Escribo eu, non por que mande eu (non mando por que el non me oe) e non por que el sexa un covarde. Ten outros méritos, bueno tiña.Pero a verdade é que o votamos a sortes. Moeda o aire, se cara escribía eu, se cruz el non escribía, e aquí estou eu. Tenemos dos hijos, que por diferencia de edad y por distintas amistades y compañeros de colegio Edelmiro ( Miro) habla castellano y Abel (Beli) fala galego. Nunca se llevaron bien, sempre rifando e incluso pelexando. Sempre defendendo a sua maneira de hablar. Un día Breo y yo dimos dos manotazos en la mesa y ¡ basta xa! sois mayorcitos, aquí tiene que haber un acuerdo ou o pactamos entre todos ou se non ¡a la fuerza! Hablamos, discutimos y dialogamos y por fin llegamos a un pacto. Na nosa casa de domingo a venres, ambolos dous incluidos, unha semana en galego y otra en castellano. E dixo Beli "¿e o sábado?". Contestou Breo " o sábado Inglés". Desde esa, en nuestra casa, todo paz, todo sonrrisas, todo buenas palabras. Dominamos perfectamente o galego y el castellano e casi we speak english. Case que somos trilingües. Os nosos fillos saen sempre xuntos, son muy amigos y los llevamos de marcha a Portozas, a Santalla... e mentras, nos estamosche por alí tomando o fresco, ou un refresco e varias cervexas frescas. Y cuando llega la hora pactada, todos para casa. Ahora tienen novia. A de Miro chamase Uxía y la de Beli se llama Eugenia. Se van a casar.Estamos muy felices y hoy tenemos de menú perdices. Dariadevos de conta que esto é un conto ou ¿é un soño?. Nos contos e nos soños todo é posible. Que eu me chame Galicia, que mi marido se llame Breogán. Incluso que Miro se chame Miranda y que Beli se llame Belixerante( Miranda e Belixerante son dos comentaristas, bueno hacen comentarios, de los artículos de opinión de EL CORREO GALLEGO, y siempre están rifando) E incluso é posible que eu non lle poña a guinda a esta carta coa miña solita chorrada, pero non vos caerá esa breva. Son as catro da mañán e as seis toca o artista, pero menos mal que eu recupero o sono durmindo nas pestanexadas.

aclaracións idiomáticas

Eu falo galego, pero non son nacionalista. Xa o falaba cando eles se agochaban detrás do castelán. E ríanse de min. Eu era dos arrabaldes do meu pobo, e falabamos galego, como en todas as aldeas do concello.So no centro falaban castelán.
Cando veu a Democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Facían manifestacións, folgas...por calquer cousa. Reprochábanme, insinándome fotos dos xornais, ó non estar na foto, eu dicíalle " como vou a estar, se a foto fíxena eu". Eu iba a escola, que era o meu sitio. ¿Era covarde?. Posiblemente. Pero eu non me deixaba manipular.
Endexamais fun a unha manifestación, nin tiro pedras, non son violento, nin viorrápido. Son galego-galeguista, e penso que o galego non é patrimonio do BLOQUE. É de todos. Dos castelán-falantes tamén, ainda que o neguen. Falan castelán porque, "es más cómodo, tiene más perspectivas".E eu digolles " e moito mais cómodo falar en inglés, ten ainda, moitas mais perspectivas, falemos todos inglés, eu apúntome. Renuncio ao galego,¿Renuncias ao castelán? ¿Cal é a tua resposta negativa castelán-falante?. Pois eu tampouco renuncio ao galego".
Voto BNGA, voto a Quintana, porque é o mais galeguista de todos e moderou moito o discurso do BNGA, e loita por Galicia, e mentres o meu cuñado Miguel non funde o PARGA.es ( partido galeguista.español), seguirei votando o BLOQUE. Por favor nacionalistas reciclade, aproveitade os carteis electorais, que ainda están por todos os sitios e voltade a presentar de candidato a Anxo Quintana.

falo galego

Adoito falar Galego sempre e dende sempre, sempre e cando vexa que me entenden.E non me importa que me falen en castelán, pois entendo perfectamente. Non falo Galego, para que se me note que son galego, ainda que falase en castelán, tamén se me notaría.Moitos coñecidos meus, que son castelán-falantes, confesanme, que só falan Galego conmigo, incluso unha madrileña di eche o que hai mellor ca ninguén, e un cordobés falame en Galego con acento andaluz.Despois das eleccións dixenlle a cada un deles " xa non tes que falar en Galego conmigo, pois o decreto do Galego vanno a abolir" e contestaronme mais ou menos todos igual"faloche en Galego por ti, non polo decreto".O outro día leín unha entrevista, que lle fixeron ao Sr. Nuñez Feijoo, e chamaronme a atención duas preguntas e duas respostas. Preguntaronlle se era do Deportivo ou do Celta, e contestou " a un niño no se le pregunta a quién quiere más a papá o a mamá"Aznar é do Real Madrid e Zapatero e do Barcelona se é de algún deses equipos non pasa nada, MOLLESE SR. FEIJOO, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou.A outra pregunta era, se adoitaba a falar en Galego ou en castelán. Contestou "si se dirijen a mí en Gallego hablo en Gallego, si se dirijen a mí en castellano hablo en castellano".Pero non dixo, que é o que fala cando se dirixe el. MOLLESE SR. FEIJOO, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou.No buscador Google, se escribimos FABRICADO EN GALICIA e lle damos ao botón para traducir ao Galego, pon "MADE IN GALICIA" e se escribimos "FEITO EN GALICIA" e lle damos ao botón para traducir ao castelán, pon "FABRICADO EN BRASIL".O Galego está en perigo, hai que fomentalo, hai que defendelo e hai que falalo. É a nosa mais grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Cerremos o paraugas. Mollemosnos, pois non van a mexar sempre por nos.

a mestra Maripili

Supoño que casi todos tedes unha lembranza dalgún mestre-a da vosa novez.Eu non, eu non me lembro da Srta. Maripili, porque endexamais a esquecín. Era unha gran muller dentro dun corpo pequeno. Tiña un gran corazón. Perdoaba antes que lle fixesemos as falcatruadas. E lóxicamente, como os perdóns caducaban, facíamosllas. Non lle fixemos tantas, só lle fixemos unha, pero facíamoslla case que todos os días. A mesa do mestre estaba nun estrado, poñíamoslle unha pata da mesa no bordo do estrado, só pousando un milímetro. Cando chegaba, cargada de libros, desexando pousalos, sentíanse tres PUMS. O primeiro PUM os libros contra a mesa, o segundo PUM a mesa contra o chan e o terceiro, moito mais suave, a miña man agarrando o seu brazo, para que non caese. Dicía " sempre me pasa nesta clase"
Dábanos Grego e Latín. Eu era un artista da copla, quero dicir da copia. Ela dicíame " ti copias" e eu dicíalle " si pero ten que demostralo". Manquei unha man, non podía ir a ximnasia. Pedinlle a Maripili, se podía ir as suas clases nesa hora para mais saber.O motivo era outro, as clases eran femeninas e de historia, que eran as miñas materias preferidas.
Un día, alí estaba eu no medio das rapazas e Maripili preguntou "¿quén dou o golpe de estado en Rusia no ano 1917?. Ninguén contestou, levantei a man ( a outra) e Maripili dixo "aquí o tedes, podía estar no xardín e está aquí intentando saber mais, tomade exemplo. Contesta José Manuel" Eu dixen "Señorita, non sei quen pegou o golpe de estado en Rusia no 1917, pero o golpe de estado a miña nai pegoullo meu pai en 1959" "FORA E NON VOLVAS MAIS" berroume.
Mes de xuño, época de exames, non sei cantos por día. Exame de Xeografía Económica. Nin idea. Dous compañerios e mais eu decidimos entrar no despacho do Director, que era o noso mestre de Xeografía Económica, a polas preguntas do exame.¡Qué metedura de pata!. Cousas de rapaces. A min chegabame un un, para aprobar coa nota media. Aos meus compañeiros con un cero tamén aprobaban. Pillounos o conserxe. Consello de guerra. Eles que eramos culpables, nos que inocentes. O castigo era suspensión e expulsión. Outra vez saiu a relucir o covarde que hai en min e confesei, chorando naturalmente. Maripili dixo berrando "¿Por qué, por qué, por qué?E eu dixenlle "Errare humanorum est" e ela con aqueles ollos chorosos, enternecida polas miñas bagoas e polo meu sorriso, dixo "Eu a estes nenos aprovoos, pero en setembro". Aos outros mestres non lle quedou mais remedio que secundar a Maripili. Asi que suspendemos todo en xuño, pero aprobamos todo en setembro sen facer exames.
Eu non estudiei mais. Os meus compañeiros si, e chegaron moi lonxe, de feito fai moito que non os vexo.
Gustaríame dedicarlle este relato a miña afillada Maruxa, pois está de cumpleanos para o ano que ben.

Dona Filloa


Nun lugar da Costa da Morte, cuxo nome non nomearei,hai unha casa de comidas onde fan uns cocidos impresionantes e unhas filloas aínda máis, e alí fun cuns meus familiares. Estabamos comendo aquel cocido impresionante cando chega o camareiro con aquela fonte de filloas, encártandoas catro veces e poñéndoas a carón de cada prato (nin encartadas cabían no prato), chegou a mín e díxenlle "¿esta é a servilleta?" e díxome " Si, con puntilla de Camariñas". ¡Era todo puntilla, era todo buracos, endexamais vin tantos buracos por metro redondo!
Meu cuñado, que non pode facer a menos de votarlle azucre, tivo que votarlle azucarillos, pois o azucre escapaballe po-los buracos. Tal enormidade de filloas á pedra tivéronas que facer no tellado do Dolmen de Dombate. Non vou a falar do cocido, poi non me cabería o relato no blog. ¡Que cocido! cuns tubérculos de Coristanco, cuns grelos doces da horta, cuns chourizos do cortello, cuns lacóns do mesmo cortello, cuns etc. do mesmo cortello, cuns polos do curral ( a horta, o cortello e o curral eran da mesma casa). E o pan era de Carballo, xa di a canción
¡Pan de Carballo más bueno que el paté!(¿lembradesvos da canción da propaganda de Pates La Piara más buenos que el pan? pois eu dinlle a volta)
Tampouco vou a falar dos doce doces que degustamos acompañados cuns licores de todas as cores. Este relato é adicado a todas esas casas de comida enxebres e tradicionais , cuns productos autóctonos e caseiros, que hai en moitos puntos de Galicia.

O lugar é unha parroquia do concello de Coristanco,chamado Cuns.