blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: octubre 2010

domingo, 31 de octubre de 2010

Ao Sr. Arturo Pérez Reverte

O meu amigo Victor Souto Balado, díxome que te criticara, polo que dixeches do ex ministro de asuntos exteriores, Moratinos. Di que lle chamaches MERDA por chorar no día da sua despedida como ministro.
A verdade é que cóstame criticarte, Arturo, pois admirote moito. Admirote dende que estabas de corresponsal de guerra nas guerras de Iogoslavia, e admírote pola tua faceta de escritor, polas tuas novelas...
En parte compréndote, pois pensar nos políticos que temos, non é para dar saltos de ledicia, non nos queda que alporizarnos e sairnos das nosas casiñas. Non me vale que te xustifiques con que tes 2000 amigos mais no Twitter, se deixas de ser amigo teu. E ti, que eres académico, tiñas que dar exemplo de boas formas e maneiras, pois a xuventude de agora adoita usar verbas mal soantes, tacos... con toda a natureza. Defendámola a poesía, a literatura, as humanidades. Deixémoslle de chamarlle "Princesa do pobo" a Belén Esteban.
Ben sabes que sempre fixen e dixen o que ti me mandaches: matei con pistola, matei con espada, matei pola espalda, pero non me pidas que lle chame MERDA a alguén que chora, porque chorar é moi digno.É moi difícil chorar de mentira.
Perdoa que escriba en contra tua, pero ti, Arturo, non eres o Rey Arturo. Non eres o meu Rey pero eu son o teu Capitán. O Capitán Alatriste.

domingo, 17 de octubre de 2010

Señor Durao Barroso

Esta historia está un pouco refeita de outra, pero engadinlle varios párrafos . Publicáronma na Voz de Galicia dixital o 16-10-2010.


Sr. Durao Barrroso, son unha traballadora de unha fábrica de conservas de Ardebullo. Sentín que se van a perder moitos postos de traballo no sector conserveiro, pola deslocalización, debida a baixada de arancéis a moitos países do sureste asiático.
¿Que gaña Europa con estas medidas? ¿Vai a vender mais coches, mais neveiras, mais ordenadores etc. neses países?
¿ A quen? ¿Á xente que gaña 200 euros ó mes? ¿ Ou calculastes que o 10% da superpovoación deses países é super-rica? Claro son moitos ricos. Vos o que queredes é eliminar a clase media. Que sexamos o 90% de pobres. Para facer de nos o que queredes.
E ademais querédeslle quitar todos os aranceis a Papúa-Guinea, para que fabriquen latas de atún, para que saían da proveza . E, como sempre facedes os políticos, tanto a nivel Bruxelas como a nivel Madrid, ninguneades a Galicia. Sabedes que abrimos o paraugas para non mollarnos cos vosos ouriños(mexos). E todo por non ter o PARGA.es (partido galeguista español) que mire polos intereses de Galicia, incluso para ter mais competencias, votando a prol dos orzamentos do Estado.
¿Por que non lle montádes, en Papúa-Guinea, fábricas de pastillas Sentimún?. En Europa non hai producción delas e están indicadas para os políticos. Non son para aumentar o sentido común senon para telo.
Quedarei sen traballo, pero teño leiras. Quedarei sen coche, pero teño cinco bicicletas. Quedarei sen leite de marca, pero terei leite directamente da vaca a mitade de prezo e ainda así o gandeiro gañaría o dobre. Teño roupa no fallado para moitos anos, e así que a acabe métolle remendos.
Non pagarei a hipoteca. Deixarei de pagar impostos e vostede quedará sen traballo, e se non ten leiras, veña a Ardebullo e pregunte pola casa da Conexa, e aquí sempre terá unha cunca de caldo e un anaco de boroa.

Lucha Canedo-Ardebullo
Volver

viernes, 15 de octubre de 2010

Medos


Nun 24 de xullo de moita calor, vispera do día de Galicia, vai moitos anos, fomos todala familia a praia de Razo, e picóume unha abella nunha perna, que con amoníaco foi pasando. Aquela noite caíu unha tremenda tormenta eléctrica.Pasei moito medo. O outro día comentando o medo que pasei a unha veciña, díxome:"Pois eu non lle teño medo os tronos, teñollo aos lóstregos".
No seguinte fin de semana, fun a praia de Samil. Alí sentado na area con unha, con unha cervexa, unha abella pousóuse mesmo donde eu tiña que arrimar o beizo de abaixo. Esperei un bo anaco, a ver se marchaba, pero a abella debéulle gustar o zume de malta e cebada. Eu tiña moita sede, pois tamén era un día de canícula e collín o dedo corazón e o pulgar e dinlle como se fose unha bóla. Caeu na area enterreina ben fonda. Alí seguín sentado coa miña cervexa, cando vexo buligar a area e a abella saiu voando directa a miña outra perna. Esta vez non me bastou o amoníaco e tiven que ir por urxencias. Diagnosticáronme alerxia as abellas e que tiña que ter moito coidado, nin siquera vexo a Abella Maya.
Dende ese vran tiven dous medos mais, medo ás abellas e ós lóstregos(aos tronos non). Medo aos ratos xa llo tiña dende pequeno, que miña nai me ameazaba con encerrarme no fallado con eles, cando me portaba mal.
Teño outro medo, pero ese non volo vou a contar. Non vos vou a contar a anécdota de Milán. Non vos vou a contar o que pasou aquel domingo que cerraban moitos bares e que eu tiña moita gaña de mexar. Andivemos dous amigos e mais eu, a buscar un bar para mexar e non o dimos atopado, así que un deles díxome:"Pero mexa ahí contra esa árbore ¿ou tes medo que cha vexan? Díxenlle:"Non, non teño medo que ma vexan, teño medo que non ma vexan".
A verdade é que facía un rato que estaba lostregando e tiña medo que ma picara unha abella.

martes, 5 de octubre de 2010

Carballo Basket

Este pasado sábado, 2 de outubro do 2010, o Carballo-Basket xogou contra o Chantada. Era o primeiro partido desta tempada. O Basket diste ano nada ten que ver co do ano pasado. O ano pasado tiña dous quintetos bastante bos, iste ano só ten un. O resto do plantel son xuvenís, e rapaces con moi pouca experiencia. Así que escomenzou o partido xa nos decatamos de onde viña o aire. Os de Chantada bailaban a muiñeira, a de Chantada loxicamente, e menos mal que non trouxeron a Fran Vázquez. Conseguiron grandes diferencias. E a un certo punto do partido o noso entrenador case que tira a toalla.
Chegou o descanso con 16 puntos de desvantaxe para os de Carballo. Estiven a punto de marchar, pero estiven entretido a mirar aos rapaces como encanastraban e peloteaban no descanso, en especial para Alessandro con 16 anos, teñen un gran futuro.
Pasaron os 10 minutos de descanso, pero o partido non daba escomenzado " ¿Que pasa?" pregunteíme e alguén dixo que a un dos árbitroslle dera unha arritmia. En media hora que durou o descanso, os nosos descansaron, os de Chantada deberon merendar. Total que escomenzou a segunda parte con un árbitro só. Bruno, o de Berdillo(chámolle así por que é Piñeiro coma os de Berdillo) fixo das suas, meter canastras inverosímiles, e o resto do equipo contaxíouse. O Chantada xa non bailaba a muiñeira de Chantada, mais ben bailaba El vals de las olas recien merendados e doúlles un corte de dixestión. Total que o Chantada achantou e nos gañamos de 4 puntos.
Eu pensei, non llo dixen a ninguén, que o Carballo-Basket xoga mellor contra un árbitro que contra dous.

domingo, 3 de octubre de 2010

Eu fun a folga, coa miña pancarta...

Eu fun a folga, coa miña pancarta, na que poñía"QUERO SINDICATOS DEMOCRÁTICOS, NON TIRÁNICOS" e senteíme no sofá a ver a televisión.
Quería ir a praia, pero tiña medo que houbera piquetes informátivos, informarnos de ¿Que? se levan tres meses informándonos.
¿Por que non fan os procesos de folga coma os poíticos nas eleccións? Panfletos, carteis, mitins e asambleas xa teñen, que teñan tamén un día de refexión e o día da folga que non coaccionen ao obreir@, que é maior de idade e ben sabe ó que fai. O obreir@ xa decidirá o si ou o non, e así si sería unha folga democrática e saberíase a ciencia certa se a folga tivo exito ou non.
Os que si deberían facer folga son os membros dos gobernos, a ver se estando quietos melloramos un pouco.