blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: enero 2010

jueves, 21 de enero de 2010

¡Aiii ti, Haiti!


¡Aiii ti, Haiti! que tes nove millóns de habitantes pobres. ¡Aiii ti, Haiti! que tes mais catástrofes por metro redondo do Mondo. ¡Aiii ti,Haiti! ¿Será por a tua pobre situación espiritual e concepción materialista da vida?(como di o arzobispo Munilla). Non creo, cos teus trescentos dólares per-cápita anuais pouco materialismo-consumismo podes ter.
Podémoslle botar a culpa á natureza, que non é moi sabia que digamos. Se fose sabia descargaría a enerxía da terra en sitios despoboados.Tampouco é un castigo divino, pois penso que ti, Haiti es moi relixiosa, e a necesidade fai rezar.
Eu o que penso, é que Deus é un ser intermitente. Hoxe existe, mañán non existe, pasado existe,... e, por desgraza, as desgrazas pasan nos días NON. ¡Aiii ti, Haiti! conta coa miña solidaridade.

miércoles, 20 de enero de 2010

Gromos grises


Escomenzo a ver os gromos, que a ministra Salgado dixo que eran brotes verdes eu vexoos grises, gris perla, a sí como tirando a gris fume. O fume dos pitillos e dos tubos de escape dos coches. ¿Esas eran as solucións? Súbennos os impostos e xustifícanse dicindo que así andamos menos co coche, e que eso e bo para o medio ambiente. ¿Queren que vaiamos andando ao traballo ou queren que merquemos unha vivenda preto do posto de traballo? ¿Será ese o verdadeiro obxetivo? Claro, así relanzarían o ladrillo ¡A ver se non nos volta a caer nos fuciños!Así fumaremos menos, din. Non lles interesa, pois o fumador paga impostos dabondo, para sufragar os costes médicos de unha posible enfermidade tabaqueira e morre dez ou doce anos antes que un non fumador ¡Cantas pensións se aforran neses anos! o que verdadeiramente lle preocupa ao goberno e non poderlles cobrar impostos aos fumadores pasivos.
¡Un momento! Estou a ver agromar no horizonte uns gromos, tamén son gris, gris perla, gris fume, gris-negro...Serán impostos ao tabaco, aos combustibles e ao I.V.E. ¿Serán para subirlle o soldo aos controladores aéreos? Están moi cabreados con Pepe Blanco (ministro de fomento) e van a facer folga encoberta, folga de celo e folga de fame. Eu espero que os impostos sexan ao tabaco, pois son un ex-fumador e canto mais caro sexa o tabaco mais aforro.

martes, 12 de enero de 2010

Fin de ano en Verdes


Fai uns anos que imos a pasar o fin de ano a unha casa de turismo rural en Verdes, no concello de Coristanco. E o día de ano novo soemos ir ata o refuxio. Este ano, co que leva chovido, moitos dos sendeiros que alí hai estaban inundados, había moita humidade e esbarábase con moita facilidade. A un certo punto dixo Canedo "Chucho controla a Lucas, pois pode caer no río" e Chucho dixo " Lucas é grande e ben sabe o que fai".
Eu son Lucas e naquel mesmo intre esbarei e caín no río, dende unha boa altura, fun sorteando pedras e rochas e decateime que non podía facer nada, a corriente levábame. Decidín agarrarme a unha pedra e esperar acontecementos. Vexo a Canedo que me da ánimos e xiro a cabeza e vexo a Chucho da Jauvea espíndose para meterse na auga para rescatarme. Se eu fose o can de Canedo esto non me pasaba, pois levaríame coa correa, e incluso no brazo. Canedo é precavido, Chucho é arriscado. Todo acabou ben. Chucho da Jauvea rescatoume.
É boa verdade que o home é o mellor amigo do can ¿ou é do revés? pero o que si sei é que Chucho é o meu mellor amigo.