blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: mayo 2009

sábado, 30 de mayo de 2009

Reproche a Rubia da Coruña


¡Hola Estrella! ¿A que endexamais che dixen hoxe que tes un pelo loiro moi bonito?. Pois non cho vou a dicir, pois esta carta é un reproche.
Fai uns anos pedinche que me mezclaras unha cervexa de verdade con outra de mentira(ou sexa unha normal e unha Sin), para así obter unha cervexa de 2.6 % de alcohol. Non me fixeches caso, agora sallo con unha tal Cruz apellidada Campo, alcumada LIGTH. Eu que sempre falei en galego, incluso na escola cos mestres, nos tempos de Franco, agora teño que falar en castelán, para entenderme coa sevillana. Eu, que son mais galeguista que Quintana, dixen galeguista non nacionalista, ata teño unha moeda suboficial, porque oficial é anticonstitucional. O PESO: 5 ctmos. son un PESO, 50 ctmos. son dez PESOS, un Euro son vinte PESOS. De feito estou pensando en montar un negocio de TODO A VINTE PESOS.
Teño que despedirme de ti, teño cita con Cruz, quero que saibas que sigo enamorado de ti, que se ti me quixeses a milésima parte do que eu te quero a ti, compraría un décimo de Lotería de Nadal gañador, secuestraríate e levaríate a unha illa deserta, onde o sol quentase día e noite, e que ademais tivese un Hotel de 5 Estrellas, que contigo sería de 6.

Afán recadatorio

Esta carta publicáronma en EL CORREO GALLEGO o 18-11-2008.

Quero protestar e protesto po-lo afán recadatorio do Goberno. Eu sempre reciclo vidro, papel e cartón, e andaba co meu coche en marchas longas, na punta do gas pa non encher de malos aires a atmósfera e para non encher de aire o meu peto.
Resulta que nunha recta sin curvas con dous carris de 5 metros cadanseu, con dous arcens de 3 metros cadanseu, e entre cada arcén e a beirarrúa hai outro arcén de 3 metros, pois eso multanme por ir a 75 km/h onde está senalizado a 50.Cen Euros. (Non sei se multarían a un sapo-concho que acababa de adiantarme).
Cen euros que me costa 28 horas gañalos, pero eses 100 euros son ingañables, terei que renegociar co banco a miña hipoteca, posiblemente teña que tardar 15 días mais en amortizala.
Agora aprendín a lección, ando a velocidade que me din os sinais, que si a 30 a 30, que si a 50 a 50... reducir, acelerar... pa conseguir a velocidade que a ley quere, teño unha tendinite no pé dereito, e unha tendinite nos ollos de tanto mirar para o marcador de velocidade e para a estrada.
Pasou o que tiña que pasar, nunha mirada ao marcador de velocidade, sentín un topetazo, matei un can, un can de raza autóctona, era un can de palleiro, era dun amigo meu, un militante de base do partido socialista. Encarouse conmigo. E dixenlle " Quedo aí ,comenteino con Rajoy e díxome que era culpa de Zapatero" . Meu amigo que sempre andou con chaqueta de pana, agora anda con chaqueta de traxe con garavata e camisa, e creo que está deixando bigote.
Posiblemente multaranme por esta carta con 300 euros e posiblemente quitaranme dous puntos, pero Zapatero seguramente perderá dous votos e seguramente perderá ó Z de Zapatero pois ó Z é do Zorro e seguramente perderá ó R de Rodríguez pois ó R é do Raposo.

Pésame a familia Celtista

Esta carta publicáronma en EL CORREO GALLEGO o 8-11-2008


Son un sealeiro do Deportivo, quero darlle o meu mais sentido pésame a toda familia celtista, en especial a o seu Presidente, po-lo pasamento do seu fillo, o Ministro do interior de México.
Eu estaba e estou moi orgulloso del, pois el representaba o espíritu galego da emigración, chegou moi alto, e moi dificil ser alguén e menos na polítca, e menos nun pais extranxeiro, ainda que México non é tan extranxeiro para nos os galegos, unha polos emigrantes que hai aló, e outra polas películas de Cantinflas que nos puñan na galega sen dobrar (e eso que adoitan traducir ata os apelidos).
Quixo o destino que o pasamento do Ministro Mouriño coincidise coa chegada ao mais alto da politíca americana do neto de Katherine Hepburn e Spencer Tracy, non tiña falta o destino de facer eso, pois e mais fácil lembrarse do 4-11-2008 que do primeiro martes despois do primeiro luns de novembro do 2008.

Utopía-Autopista

Esta carta publicáronma en El Correo Gallego o 21-2-2009

Fai uns meses uns clientes meus, que son da Coruña e veñen a traballar a Carballo, dixeronme ¿por qué non escribes unha carta,en EL CORREO GALLEGO, reclamando un ida e volta, un abono semanal, un abono mensual na Autoestrada Carballo-Coruña (eles din Coruña-Carballo).Eu dixenlle"se realmente sentise o problema, seguro que se me ocurriría algo". A desgraza quixo que miña sogra estivese ingresada, nun hospital da Coruña, tres meses e lembreime da suxerencia e aquí estou.
Lémbrome cando nos regalaron a utovía, quero dicir autovía, e logo vendéronnos a autopista e pasamos da utopía a utopista(auténtica realidade). Aquel ano fun pola vía rápida do Salnés e pregunteime "¿por qué a nos non nos fixeron unha vía rápida?. Decateime o acabar o percorrido que era imposible, pois a nosa autopista o único que podía ser era unha vía lenta, fixadevos que nin eses ciclóns subtropicais, non me lembro dos nomes,pois eran nomes ingleses( sempre dixen que o inglés tiñano que dar tamén en galego), foron capaces de pasar de 100 por hora.
Había unha plataforma encabezada por o Bloque, Psoe e algún alcalde do PP da Costa da Morte, que defendían a gratuidade da mesma, pero agora os dous primeiros están na comedeira e o único que fixeron foi refrixerar( nin conxelar foron capaces) o tramo Arteixo-Coruña, mentras que o de Carballo-Arteixo está a baño maría.

Guerra entre Marcas e marcas brancas

Esta carta publicáronma en El Correo Gallego o 3-2-2009

Parece ser, que a Cadena de Supermercados Compramuller,quere quitar Marcas dos seus andeis e vender só marcas brancas. Non queira Deus que todas as Cadeas de Alimentación fixesen o mesmo, por que se quixésemos unha cervexa Rubia da Coruña teríamos que ir a fábrica,se quixésemos salchichas Docampo frías, teríamos que ir a fábrica, se quixésemos unha cervexa Campo de nome Cruz, teríamos que ir a fábrica, se quixésemos atún Sinpelos, quero decir Sinperos, teríamos que ir a fábrica. Ou sexa que teríamos que andar de fábrica en fábrica. O mellor é que as fábricas veñan a nos.¡A ver se temos que comprar Marcas por Internet!

Arranxos a crise

Esta carta publicáronma o 2-1-2009 en El Correo Gallego.

Visto o visto, as medidas do Goberno non funcionan, temos que ser nós ós de a pé, ós que teñamos que coller o touro po-los cornos, e darlle a volta a esta España recesiva. Temos que consumir,pois asi manteremos os postos de traballo e regalemoslle á Banca "luces", que nestas datas hai en moitos negocios, para ver se se decata que deixando cartos medrará o consumo, o emprego e a economía, e asi a Banca tamén medrará.E regalemoslle ás Grandes Empresas e Multinacionais tamén "luces", para ver se se decatan que o traballador-a ten que ter poder adquisitivo e tempo libre para comprar ós seus productos.
Recapacita Scrooge( personaxe de Charles Dickens nun "Cuento de Navidad", que representa mellor ca ninguén a Banca e ás Empresas) a ver se renace en ti o Espirito de Nadal , pois se non recapacitas, chegaremos a economía de subsistencia.
E se non deixemosnos ir ata un 25 ou 30 % de índice de paro, e daquela si que o Goberno ten que tomar as rendas, repartir os traballos. Darlle un traballo a un membro-a de cada parella, a un el ou a unha ela, a un el ou a un el, a unha ela ou a unha ela. E o outra-o darlle unha paguiña e darlle unha cotización, ca paguiña e co que se aforra, andando a caza de ofertas e aproveitando mellor os restos de comida, conseguimos case o salario mínimo. ¿Qué gañaremos? Moito. Poderemos ter mais fillos, naturais ou adoptados, así medraría o índice de natalidade. Os nenos-as merendarían anacos de pan con unha mazán, con un plátano, ou cun bocadillo de chourizo....Xogarían mais na rúa cos outros-as nenas-os . Diminuiría o índice de obesidade. As parellas dormirían xuntas, diminuiría o estrés, diminuirían os divorcios, pasaríamos as vacacións xuntos, a familia gañaría en ética e en moral. Seríamos todos mais bós. E o mais importante os avos disfrutarían por fin, da súa tan merecida xubilación.Posiblemente non teríamos o AVE, pero asi teríamos menos problemas ca gripe aviaria.

reflexións postelectorais

Esta carta de reflexións postelectorais publicáronma o 7-4-2009, en El Correo Gallego


- ¿Cómo o obreiro pode votar ó PP?
- O obreiro pode votar por quen queira, por esa regra de tres gobernarían sempre os de esquerdas.
-¿Teremos que falar español?
-Xa o falamos, pois o galego é español.
-¿ E as galescolas?-
Feijoo gobernará para todos, ensinarán en castelán(sempre e cando atopen insinantes de castelán pois o castelán está en perigo de estinción),pero poñeranlle nome galego, chamaranlle as castelanescolas, así gañamos todos un pouco.
-¿Por qué perdiu o bipartito?.
-Porque os bipartitos funcionan, pero os bigobernos non.
-¿Por qué perdiu votos o Bloque?
-Porque non respetou ós casteláns-falantes que o votaban.
-¿Por qué perdiu votos o PSOE?
-Unha polo bigoberno e outra polo AUDI e polas cadeiras(pensar que Touriño perdiu a cadeira polas cadeiras)
-¿ E o AUDI qué lle facemos?
-Vendemolo pola mitade e recuperamos 200.000 Euros, e compramoslle a o austero Feijoo un Citroen 2 CV de 5ª man(que ainda os hai) pintámolo con pintura de aceiro inoxidable (para blindalo)¿ qué podemos gastar 400 Euros? Val a pena.
-¿Cómo nos irá? -Dexexamoslle todo o mellor a Feijoo, que nos quite da crise.
-¿Voltará a gañar as eleccións dentro de 4 anos?
-Non, malo será que non lle regalen uns traxes de 12.000 Euros, malo será que Feijoo non lle poña un radio-cassette ao Citroen 2 CV e malo será que non vaia a comer ao Kiko de Lata con cargo aos orzamentos.¡Oiches! Tanta pregunta estame cansando, Jordi. Deixame facerche unha pregunta ¿Quén gañará a liga?. Apostoche algo simbólico, se gana o Madrid faste do Deportivo e se gaña o Barcelona, tamén.
-¡Uy que carallo! Eres un liante, peor caos políticos.
-Marchou e deixoume coa lingoa na boca.

Nota: o restaurante Kiko de Lata, como non podía facer publicidade, é El Gallo De Oro.

viernes, 29 de mayo de 2009

A Don Emilio de Louro




¡Hola habitantes e visitantes de Louro! Supoño que votaredes de menos a Emilio, eu voteino de menos e de feito fun acadar información a sua casa. Atopeime coa sua dona e díxenlle" non vexo a Emilio, non me diga o que non quero oir" e díxome " Pois sí, está descansando pa sempre" "Qué sorte teñen os ceanos- habitantes do ceo- pois divertiranse moito con el.
¿Quén é Emilio? Emilio andaba dende fai anos de 3 a 4 horas diarias pola praia de San Francisco de Louro, andaba con unha perna e con un brazo tesos, pois deralle unha trombose ou algo así. Eu preguntaballe ¿qué día vai facer hoxe? e el respondíame "digocho mañán". O outro día dixolle á súa dona "Maricarmen teño 80 anos xa son un velliño" e ela respondíalle "non, non eres velliño so tes 78 anos".
O señor Emilio era un artista con moito maxín, pintaba cadros, tallaba en madeira e veía figuras curiosas, nas nubes, nas rochas, nos anacos de madeira que a marea deixaba na praia, poñialle unha peana e barnizaba e resultaba unha escultura.
Un día atopouse conmigo e dixome "fásteme unha cara coñecida" eu dixenlle " eu a vostede coñézoo, pois véxoo todolos días andar pola praia de San Franciso, dende aquí, dende o Monte Louro"E dixome " xa sei , pareceste ao CAVALEIRO DA TRISTE FIGURA"e marchou. Non sei quen é ese cavaleiro, pero sei que o señor Emilio e un CAVALEIRO ANDANTE. Eu só son un penedo, que estou a mirar pa ría de Muros e Noya, teño oido que alguns penedos temos formas curiosas¡ A ver se teño unha triste figura!
¡Adeus señor Emilio! consolame pensar que está andando polas praias do ceo, non terá problemas de adaptación, pois as praias do ceo son casi tan boas como as de Galicia.

Homenaxe a Tito


Era unha gran persoa, era e é, porque ainda sigue sendo e seguirá. É amigo de todos e todos son amigos del. E moi doado facer amizade con Tito. Non lle fai dano a ninguén, só os 28 de decembro e en antroido fai algunha falcatruada. Sempre contando contos, anécdotas e cousas da súa vida. É un libro aberto,sen maldade.Cando lle diagnosticaron aquel cancro de boca, que o levou, non perdiu o sorriso, nin o ánimo. Veu a donde eu estaba e díxome " xa non poderemos cantar mais xuntos " eu escomencei a chorar e el coas súas mans consoloume e doume ánimos coas súas caricias e díxome "non poderei cantar, pero poderei escoitar, ler ,mirar, andar...

A el gustáballe moito a música, a min tamén, eso uníanos moito. Eu sentía por el amor, el por mín cariño. Súa muller sabía da nosa amizade, pero condescendía. Unha gran muller Charo.

Xa dixen tiña un gran sentido do humor, cando o ciruxán lle dixo que tiña que facer unha operación de oito ou mais horas el díxolle " pero pararemos para comer o bocadillo"Tito seguro que tiña algún defecto, pero para mín era PERFECTO.

Espero ir pronto para donde el, pois estou desafinada, teño as cordas frouxas e estou descompasada. Son a súa guitarra. Nó ceo tamén hai crise, pois é global, por eso ó chamaron, pronto estarei con el. ¡ A ver se alegrando ós ceanos-habitantes do ceo- as cousas escomenzan a ir mellor na terra!
Nota: o nome de Tito é Perfecto

Noite en vela


Gustaríame saber canta xente morre pola gripe común o ano en México D.F., que ten 20.000.000 de habitantes. Gustaríame saber canta xente morre en España o ano pola gripe común. Gustaríame saber por qué algúns medios de comunicación venden tranquilidade e outros venden pánico ¿acaso esta crise da gripe porcina e culpa de Zapatero?. E boa verdade que do porco aproveitase todo, ata a gripe. Xa sei que agora(porque seguro que cando publiquen esta carta xa lle chaman a GRIPE A) chamanlle a GRIPE NOVA. Esperamos que pronto sexa vella, para que morra de vella, e se non que lle dea un ictus cerebral canto antes.
Gustaríame saber se poido ver películas de Cantinflas, por se pode haber contaxio.
Gustaríame saber por qué antes eu tiña cobertura no meu MOVISTAR na miña casa e agora non. Será ¿ por qué a xente veciña miña estase a dar de baixa da telefonía fixa, dada a inutilidade da mesma, e Telefónica non quere perder ingresos?. Ou foi que o Ciclón Klaus tirou a antena. Gustaríame saber se teño que pedirlle a Santa Klaus unha antena nova.
¿Gustaríame saber por qué os nosos fillos adolescentes ( o noso xa ten 18 anos), non queren que os levemos aos sitios de marcha e por qué non queren que os vaiamos a buscar a o mesmo idem. Total non dormimos, estamos a noite en vela (bueno eu durmo ata que a miña muller me desperta e me di "son as catro e Xacobe ainda non veu").Ben nos podían dar ese gusto.Preguntaredésvos por qué non o chamo ó móbil, xa dixen, non teño cobertura e son dos veciños que dou de baixa o fixo. Sinto ruído na porta o noso acaba de chegar, xa podemos dormir tranquilos ¡ata a prósima!

martes, 26 de mayo de 2009

Canastrón de Casais

Teño cuarenta e dez anos e fai cuarenta anos, que vin por primeira vez, en persoa, unha canastra de Baloncesto, ainda que na televisión via no programa Cesta y Puntos de Daniel Vindel. Foi no meu Instituto, había tres pistas en linea : Balonmán, Baloncesto e Voleibol. En todas xogabamos ao Fútbol, os mais grandes xogaban na de Balonmán, que xa tiña as porterías, os do medio xogaban na de Baloncesto, puñanlle pedras para facer as porterías, e nos os pequenos na de Voleibol, coa rede descolgada e tamén lle puñamos pedras para facer as porterías. As canastras e a rede eran testemuñas das evolucións futboleiras dos meus compañeiros, das miñas non pois era negado para o Fútbol . Estaba para nacer a miña afección.
Un día o balón da pista de Balonmán chegou a pista de Voleibol, colliuno Celestino Casais, que medía un metro e pico e tiña unhas zapatillas. Non eran de deporte. Eran zapatillas de casa, que eran tamén os zapatos para ir a escola( moitos adoitabamos a ir así a escola).Xa digo, colliu o balón coas mans e doulle un zapatillazo como se de un saque de portería fose. Aquel balón voou polo ceo da pista de Baloncesto e entrou na canastra, sen tocar o aro. Pensei moitas veces se a canastra non se puxo na traietoria do balón para que nos fixasemos en ela. ¿Qué canastrón? Aplaudímoslle e dende de aquela varios e mais eu empezamos a xogar ao Baloncesto, o ver que non era tan difícil meter unha canastra.
Comencei a ver partidos na televisión, a ver aqueles ídolos : Vicente Ramos, Carmelo Cabrera, Brabender, Luyck... España co tempo chegou a ser campiona do mundo cos Gasol, Rudy, Calderón...E agora está a vir Riky Rubio. A xogada de Celestino Casais, como non tiña móbil para grabala, grabeina na miña memoria e lembreime dela cando vin a Riky Rubio meter unha canastra estilo Casais, nunha propaganda da hamburguesería do Pato Donald. Non creo que Riky Rubio metese a canastra no primeiro intento, nin no último tampouco. Penso que foi unha montaxe.
Esta carta e adicada aos aficionados ao Baloncesto e en especial a Casais.

lunes, 25 de mayo de 2009

Homenaxe a Miro

Endexamais pensei que mandarlle unha felicitación de aniversario a unha amiga fose pecado, endexamais pensei que adicarlle unha canción pola radio a unha amiga fose pecado, endexamais pensei que mirar para dous diamantes fose pecado. Miro tampouco o pensou.
Miro é un home apoucado, mal parecido, cuns cus de vaso como gafas, está mais preto dos trinta anos ca dos vinte, defeito ten trinta e pico. É un anaco de pan, de pan de Carballo. Miro Mira miraba e admiraba a Maruxa, posuidora duns ollos azúis e luminosos, que lle daban vida aos ollos cansos de Miro. Decíame " a Maruxa e a min so nos separa unha liña recta e os ollos de Maruxa danme calidade de vista, parece que vexo mellor" e eu decíalle " non quites as gafas, por se algún día che vota a bronca por mirar para ela, sempre lle poderás decir, que estás mirando para as gafas".
Deus axudárao moito, coincidíalle moi a miudo ver os ollos-diamantes de Maruxa. Ata que pecou, ata que quitou as gafas, ata que tivo a osadía de felicitala, de adicarlle unha canción... Maruxa pensou que el a miraba con outros ollos. Enganábase, el mirábaa como algo espiritual, como algo platónico. Por eses pecados Deus castigouno e Maruxa tamén. Miro atopa case que sempre os ollos de Maruxa pechados, sen cor, sen luz. Xa leva unha tempada coas gafas, triste e deprimido.
Estou a esperalo, está a punto de chegar, e eu ¡ que teño un plan!. Pois andanme rondando. Pero quedei de esperalo e espero. Son fiel. Velo aí ven, ven sen gafas.Debiu ver os ollos-diamantes de Maruxa. E ademais ven sorrindo. Debiu ver o sorriso de Maruxa. Aquí está e dime " Toby, vai a dar unha voltiña, xa vexo que tes plan". E fun ladrando detrás da Alana. É boa verdade que o home é o mellor amigo do can ¿ou é do revés?. O que si é certo que Miro é o meu mellor amigo.

sábado, 23 de mayo de 2009

friends pra siempre

Chamome Alicia, meu home é Breo. Escribo eu, non por que mande eu (non mando por que el non me oe) e non por que el sexa un covarde. Ten outros méritos, bueno tiña.Pero a verdade é que o votamos a sortes. Moeda o aire, se cara escribía eu, se cruz el non escribía, e aquí estou eu. Tenemos dos hijos, que por diferencia de edad y por distintas amistades y compañeros de colegio Edelmiro ( Miro) habla castellano y Abel (Beli) fala galego. Nunca se llevaron bien, sempre rifando e incluso pelexando. Sempre defendendo a sua maneira de hablar. Un día Breo y yo dimos dos manotazos en la mesa y ¡ basta xa! sois mayorcitos, aquí tiene que haber un acuerdo ou o pactamos entre todos ou se non ¡a la fuerza! Hablamos, discutimos y dialogamos y por fin llegamos a un pacto. Na nosa casa de domingo a venres, ambolos dous incluidos, unha semana en galego y otra en castellano. E dixo Beli "¿e o sábado?". Contestou Breo " o sábado Inglés". Desde esa, en nuestra casa, todo paz, todo sonrrisas, todo buenas palabras. Dominamos perfectamente o galego y el castellano e casi we speak english. Case que somos trilingües. Os nosos fillos saen sempre xuntos, son muy amigos y los llevamos de marcha a Portozas, a Santalla... e mentras, nos estamosche por alí tomando o fresco, ou un refresco e varias cervexas frescas. Y cuando llega la hora pactada, todos para casa. Ahora tienen novia. A de Miro chamase Uxía y la de Beli se llama Eugenia. Se van a casar.Estamos muy felices y hoy tenemos de menú perdices. Dariadevos de conta que esto é un conto ou ¿é un soño?. Nos contos e nos soños todo é posible. Que eu me chame Galicia, que mi marido se llame Breogán. Incluso que Miro se chame Miranda y que Beli se llame Belixerante( Miranda e Belixerante son dos comentaristas, bueno hacen comentarios, de los artículos de opinión de EL CORREO GALLEGO, y siempre están rifando) E incluso é posible que eu non lle poña a guinda a esta carta coa miña solita chorrada, pero non vos caerá esa breva. Son as catro da mañán e as seis toca o artista, pero menos mal que eu recupero o sono durmindo nas pestanexadas.

aclaracións idiomáticas

Eu falo galego, pero non son nacionalista. Xa o falaba cando eles se agochaban detrás do castelán. E ríanse de min. Eu era dos arrabaldes do meu pobo, e falabamos galego, como en todas as aldeas do concello.So no centro falaban castelán.
Cando veu a Democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Facían manifestacións, folgas...por calquer cousa. Reprochábanme, insinándome fotos dos xornais, ó non estar na foto, eu dicíalle " como vou a estar, se a foto fíxena eu". Eu iba a escola, que era o meu sitio. ¿Era covarde?. Posiblemente. Pero eu non me deixaba manipular.
Endexamais fun a unha manifestación, nin tiro pedras, non son violento, nin viorrápido. Son galego-galeguista, e penso que o galego non é patrimonio do BLOQUE. É de todos. Dos castelán-falantes tamén, ainda que o neguen. Falan castelán porque, "es más cómodo, tiene más perspectivas".E eu digolles " e moito mais cómodo falar en inglés, ten ainda, moitas mais perspectivas, falemos todos inglés, eu apúntome. Renuncio ao galego,¿Renuncias ao castelán? ¿Cal é a tua resposta negativa castelán-falante?. Pois eu tampouco renuncio ao galego".
Voto BNGA, voto a Quintana, porque é o mais galeguista de todos e moderou moito o discurso do BNGA, e loita por Galicia, e mentres o meu cuñado Miguel non funde o PARGA.es ( partido galeguista.español), seguirei votando o BLOQUE. Por favor nacionalistas reciclade, aproveitade os carteis electorais, que ainda están por todos os sitios e voltade a presentar de candidato a Anxo Quintana.

falo galego

Adoito falar Galego sempre e dende sempre, sempre e cando vexa que me entenden.E non me importa que me falen en castelán, pois entendo perfectamente. Non falo Galego, para que se me note que son galego, ainda que falase en castelán, tamén se me notaría.Moitos coñecidos meus, que son castelán-falantes, confesanme, que só falan Galego conmigo, incluso unha madrileña di eche o que hai mellor ca ninguén, e un cordobés falame en Galego con acento andaluz.Despois das eleccións dixenlle a cada un deles " xa non tes que falar en Galego conmigo, pois o decreto do Galego vanno a abolir" e contestaronme mais ou menos todos igual"faloche en Galego por ti, non polo decreto".O outro día leín unha entrevista, que lle fixeron ao Sr. Nuñez Feijoo, e chamaronme a atención duas preguntas e duas respostas. Preguntaronlle se era do Deportivo ou do Celta, e contestou " a un niño no se le pregunta a quién quiere más a papá o a mamá"Aznar é do Real Madrid e Zapatero e do Barcelona se é de algún deses equipos non pasa nada, MOLLESE SR. FEIJOO, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou.A outra pregunta era, se adoitaba a falar en Galego ou en castelán. Contestou "si se dirijen a mí en Gallego hablo en Gallego, si se dirijen a mí en castellano hablo en castellano".Pero non dixo, que é o que fala cando se dirixe el. MOLLESE SR. FEIJOO, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou.No buscador Google, se escribimos FABRICADO EN GALICIA e lle damos ao botón para traducir ao Galego, pon "MADE IN GALICIA" e se escribimos "FEITO EN GALICIA" e lle damos ao botón para traducir ao castelán, pon "FABRICADO EN BRASIL".O Galego está en perigo, hai que fomentalo, hai que defendelo e hai que falalo. É a nosa mais grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Cerremos o paraugas. Mollemosnos, pois non van a mexar sempre por nos.

a mestra Maripili

Supoño que casi todos tedes unha lembranza dalgún mestre-a da vosa novez.Eu non, eu non me lembro da Srta. Maripili, porque endexamais a esquecín. Era unha gran muller dentro dun corpo pequeno. Tiña un gran corazón. Perdoaba antes que lle fixesemos as falcatruadas. E lóxicamente, como os perdóns caducaban, facíamosllas. Non lle fixemos tantas, só lle fixemos unha, pero facíamoslla case que todos os días. A mesa do mestre estaba nun estrado, poñíamoslle unha pata da mesa no bordo do estrado, só pousando un milímetro. Cando chegaba, cargada de libros, desexando pousalos, sentíanse tres PUMS. O primeiro PUM os libros contra a mesa, o segundo PUM a mesa contra o chan e o terceiro, moito mais suave, a miña man agarrando o seu brazo, para que non caese. Dicía " sempre me pasa nesta clase"
Dábanos Grego e Latín. Eu era un artista da copla, quero dicir da copia. Ela dicíame " ti copias" e eu dicíalle " si pero ten que demostralo". Manquei unha man, non podía ir a ximnasia. Pedinlle a Maripili, se podía ir as suas clases nesa hora para mais saber.O motivo era outro, as clases eran femeninas e de historia, que eran as miñas materias preferidas.
Un día, alí estaba eu no medio das rapazas e Maripili preguntou "¿quén dou o golpe de estado en Rusia no ano 1917?. Ninguén contestou, levantei a man ( a outra) e Maripili dixo "aquí o tedes, podía estar no xardín e está aquí intentando saber mais, tomade exemplo. Contesta José Manuel" Eu dixen "Señorita, non sei quen pegou o golpe de estado en Rusia no 1917, pero o golpe de estado a miña nai pegoullo meu pai en 1959" "FORA E NON VOLVAS MAIS" berroume.
Mes de xuño, época de exames, non sei cantos por día. Exame de Xeografía Económica. Nin idea. Dous compañerios e mais eu decidimos entrar no despacho do Director, que era o noso mestre de Xeografía Económica, a polas preguntas do exame.¡Qué metedura de pata!. Cousas de rapaces. A min chegabame un un, para aprobar coa nota media. Aos meus compañeiros con un cero tamén aprobaban. Pillounos o conserxe. Consello de guerra. Eles que eramos culpables, nos que inocentes. O castigo era suspensión e expulsión. Outra vez saiu a relucir o covarde que hai en min e confesei, chorando naturalmente. Maripili dixo berrando "¿Por qué, por qué, por qué?E eu dixenlle "Errare humanorum est" e ela con aqueles ollos chorosos, enternecida polas miñas bagoas e polo meu sorriso, dixo "Eu a estes nenos aprovoos, pero en setembro". Aos outros mestres non lle quedou mais remedio que secundar a Maripili. Asi que suspendemos todo en xuño, pero aprobamos todo en setembro sen facer exames.
Eu non estudiei mais. Os meus compañeiros si, e chegaron moi lonxe, de feito fai moito que non os vexo.
Gustaríame dedicarlle este relato a miña afillada Maruxa, pois está de cumpleanos para o ano que ben.

Dona Filloa


Nun lugar da Costa da Morte, cuxo nome non nomearei,hai unha casa de comidas onde fan uns cocidos impresionantes e unhas filloas aínda máis, e alí fun cuns meus familiares. Estabamos comendo aquel cocido impresionante cando chega o camareiro con aquela fonte de filloas, encártandoas catro veces e poñéndoas a carón de cada prato (nin encartadas cabían no prato), chegou a mín e díxenlle "¿esta é a servilleta?" e díxome " Si, con puntilla de Camariñas". ¡Era todo puntilla, era todo buracos, endexamais vin tantos buracos por metro redondo!
Meu cuñado, que non pode facer a menos de votarlle azucre, tivo que votarlle azucarillos, pois o azucre escapaballe po-los buracos. Tal enormidade de filloas á pedra tivéronas que facer no tellado do Dolmen de Dombate. Non vou a falar do cocido, poi non me cabería o relato no blog. ¡Que cocido! cuns tubérculos de Coristanco, cuns grelos doces da horta, cuns chourizos do cortello, cuns lacóns do mesmo cortello, cuns etc. do mesmo cortello, cuns polos do curral ( a horta, o cortello e o curral eran da mesma casa). E o pan era de Carballo, xa di a canción
¡Pan de Carballo más bueno que el paté!(¿lembradesvos da canción da propaganda de Pates La Piara más buenos que el pan? pois eu dinlle a volta)
Tampouco vou a falar dos doce doces que degustamos acompañados cuns licores de todas as cores. Este relato é adicado a todas esas casas de comida enxebres e tradicionais , cuns productos autóctonos e caseiros, que hai en moitos puntos de Galicia.

O lugar é unha parroquia do concello de Coristanco,chamado Cuns.