blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: abril 2010

viernes, 30 de abril de 2010

O meu outro neno

Cando tiven que entrenar para o extranxeiro (digo entrenar porque fun en tren, se fose en barco diría embarcar), fun para Italia. Alí traballamos eu a mais a miña dona nunha casa privada de xente rica. Cando nos contrataron a señora dixo:"Fun catro veces a España" e eu díxenlle " Eu ainda nunca fun"( era a primeira vez que saía de España).
Repartíamosnos os traballos. Eramos alí traballando nos, a niñera, a porteira e unha chica a horas. Había dous nenos pequenos, Michele e Melania. Eu, cando os chamaba, gritaba"¡ Mikilania!"e viñan os dous.
Un día Michele, que tiña menos de dous anos, tiña febre e vómitos, e como vimos que estivera onde había deterxentes, levámolo ao hospital, por si tragara algo. Fixéronlle un lavado gástrico. Era unha falsa alarma. O xefe enfadouse moito:" Teño cinco persoas na casa e ¿non sodes capaces de controlar ós nenos?" Tiña razón así que dende esa eu levaba a Michele comigo para todas as partes. Un dos meus traballos era facer a limpeza, e Michele axudábame. Tívenlle que comprar unha vasoira, lubas, plumeiros...Eu a limpar e el a manchar. Pasábamolo moi ben.
Queríame mais a min que aos seus pais xuntos. ¿Por que o sei? Pura lóxica, por que cando eles marchaban, e quedaba comigo, non choraba. E cando marchaba eu, e quedaba cos pais, choraba. Un día o xefe díxome:"Menos mal que levas pouco tempo aquí, que senon ía pensar que eras o pai do meu fillo"
Outro dos meus traballos era secar as copas. Unhas copas de cristal de Murano, que de cando en vez rompían, pois eran moi delicadas. E a señora dicíame:" Non sei como te arranxas, que sempre che rompen a ti, a Mónica (a chica a horas) nunca lle rompen" " como lle van a romper, se nunca as seca" e a señora " pois ten coidado que costan 30.000 liras cada unha". Un día rompíulle unha copa a señora e díxenlle" ¡Señora! ¡costan 30.000 liras!" e ela " costaban, agora costan 35.000".
Outro dos meus traballos era servir comidas e ceas e sempre con Michele axudándome. Un día, nunha cea con invitados, estreei unha chaqueta cor prata e dixen:" ¡Señora! a un camareiro de ouro coma min ¿unha chaqueta de prata? e o xefe, despois de mirar para o seu fillo,abrazado a miña perna, dixo:" Silvia, chama a Cartier, que lle fagan unha chaqueta de ouro a José".
Estábamos moi contentos, os xefes eran moi simpáticos, tratábannos moi ben. Pero aparecíunos un traballo en Carballo e decidimos entrenar para España. Michele choraba, nós choramos e Michele dicíalle a nai chorando e gritando:"¡Quérome casar con José, quérome casar con José...!".Desto hai 23 anos e o outro día mirando en Facebook pareceme que atopei a Michele, mandeille unha mensaxe. Ainda non me contestou. Posiblemente non se lembre de min.Eu del tampouco me lembro, porque endexamais o esquecín.

jueves, 8 de abril de 2010

Futbolistas e pilotos


Cando eramos rapaces, xogabamos na Casilla ao fútbol no campo da Sota, sempre e cando tivesemos un balón, e se non dabámoslle patadas a unha caixa de cartón. Lémbrome un día que metín unha pedra grande dentro dunha. Non sei se a metín para facer unha falcatruada ou para que o aire non a levara. O que sei é que ao día seguinte,que xa non me lebraba da pedra, pegueille un patadón que endexamais esquecín. Ainda me doi o pé.
Moitas veces, por non ir ata o campo da Sota, xogábamos na estrada. Cando pasaba un coche apartabamonos, e cando acababa de pasar voltabamos a xogar. E cando pasaba o Sr. Maiqués aproveitabamos para facer o descanso e comer o bocadillo,¡Tal era a velocidade a que andaba! Podíavolo confirmar o Sr. Manuel "O Chorón" co seu bastón, que sempre, que pasaba por diante do taller do Sr. Maiqués, este dicíalle:" ¿Para donde vai Sr. Manuel?" " Vou para Coristanco" "¿Quere que o leve?" "Non, que teño presa".
O Sr. Maiqués tiña un taller mecánico na Casilla, e tiña un Panhard Dyna X, matrícula de Gran Canaria (GC), creo recordar un sete mil e pico. Non era da Casilla, pero era como se o fose. Era moi querido e sempre estaba a facer favores.
Tamén xogábamos as carreiras polas costas do circuito de motocros do Campo da Feira. Facíamos un manillar de madeira con unha chapa redonda, tamén de madeira, donde poñíamos o número do noso piloto favorito. Había moitos: Pedro Pi, Jesús Sáez, Vilanova, Millán.... Estes últimos eran pilotos locais. Loxicamente o ruido do motor facíamolo coa boca. Outras veces facíamos carreiras co aro de ferro.
Estas duas fotografías, dos anos sesenta, tiñas gardadas no fallado do meu cerebro. Lembroumas o goberno do noso concello, pois está a facer que os pequenos volten a xogar na rúa, mais ben ná beirarrúa. Están facendo unhas inmensas beirarrúas, donde se pode xogar ao fútbol, a pillada, ao brilé... e incluso, en algunha delas, pódese xogar a patinar sen patíns cando chove. E loxicamente as rúas son mais estreitas, como vaías un pouco bebido non podes facer eses, pois vates nas beirarrúas.
E para nos os grandes, para que nos lembremos da sensación de subir e de baixar costas, está a facer costas por diversas rúas do pobo, as mais grandes están na rúa Luis Calvo ata o Haley.

viernes, 2 de abril de 2010

Avatar


Practicamente eu aprendín a andar polos corredores dos cines de Carballo. Daquela había tres cines : Camarot, Cervantes e Rega. Soíamos ir, meus pais e mais eu, de tres a catro veces a semana. O cine era a nosa televisión.Meu pai, Marcial, con Manolo de Rega, levábase moi ben. Marcial tiña unha moeda extranxeira das mesmas dimensións cás moedas de cinco pesos. E dicíame:" vou intentar meterlla, pero como hai pouca xente, vaise a decatar". Efectivamente, Manolo de Rega dicíalle:" Enganáscheste Marcial, esta non é de verdade" e meu pai contestaba:"Enganeime perdoa". E meu pai díxome:"Xa verás, como un día de apuro, métolla" Efectivamente, un domingo, nunha película de estreno( só tiña cinco anos), había colas quilométricas, meu pai doulle a moeda falsa, para pagar tres entradas. Colou, pero no medio da película veu Manolo de Rega co foco e berrando:"¿Marcial, Marcial, donde estás? volvéchesma meter" "Estou aquí, volvinme a enganar, perdoa". Eu quedei a pensar e cheguei a conclusión, que a meu pai tamén lla meteran ( a moeda).
Cando fun un pouco mais grande, os domingos, ía só cós meus amigos ó cine infantil. Costaba un peso, ou sexa cinco pesetas, o que eu levaba. Un día de aninovo, subiron a sete pesetas. Eu non podía ir, pero Manoliño de Fontefría deixoúme as duas pesetas. Era unha película de vaqueiros. Cando saímos, como sempre, escenificábamos algún tramo da película. E dixo un de nós:"Lembrádesvos cando o chico lle dixo ó malo- A mi mo parece que xa te conozo-" por certo Manolo, grazas polas duas pesetas.
Foi pasando o tempo, veu a televisión, e fun deixando de ir ao cine. Escomenzei a voltar, cando o meu fillo era pequeno, e íamos a ver todas estas películas para nenos(as de Disney).Fai uns días, cando vin os anuncios de Avatar na televisión, díxenlle a miña dona:"Quen me dera ser avó para levar ó neto-a a ver esta película" e ela díxome:"Podemos ir os dous". E fomos. Xa sabedes o que é unha película 3D, que tes que usar unhas gafas. Non vós vou a contar a película. Decataredesvos ¿por que? se vós conto o que me dixo miña dona cando acabou:"Tiveches sorte, que a xente pensou que os teus ronquidos formaban parte dos efectos especiais".
Decididamente non quero se avó. Unha porque son moi novo, só teño corenta e dez anos e outra porque non quero deitarme con unha avoa.Case que nazo nun cine, pero non creo que morra nun cine, pois non vou a pagar sete euros e medio por durmir nunha cadeira e menos cunhas gafas de sol.