blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: octubre 2009

sábado, 31 de octubre de 2009

confiado por natureza


Son unha persoa confiada por natureza. Confío na profesionalidade dos profesionais. Teño un fontaneiro de cabeceira, panadeiro de cabeceira...médico non, pois estanmo a cambiar cada 6 (2x3). En xeral confío nas persoas. Lémbrome de rapaz, íamos para o instituto Mariano do Cura e mais eu. Mariano tiña unha irmá que me gustaba moito. So o sabíamos eu e o meu mellor amigo, o fillo da miña nai, ou sexa eu só. Pois iso, íamos andando e ó lonxe vin un billete de 20 pesos ( ¿lembradesvos? os marróns). E dixen "hostia un billete de 100 ptas."Mariano corriu como unha bala, e dixome " vichelos ti, pero collinos eu e agora son meus". Automaticamente a sua irmá deixou de gustarme. El non, pois xa non me gustaba.
Seguín a ser confiado. Mariano precisaba demostrar, que non era de fiar, e eu dinlle a oportunidade.
Anos despois, nunha verbena, eu estaba a bailar con unha moza. Eran aqueles tempos, que se levaba pedir o baile, o home a muller, unhas veces decíanche que si e outras que non. Eu bailaba pouco. O dito estaba a bailar e nunha mirada ao chan, vin un billete de 1000 tas.. Non quería deixar a moza no medio da peza, e o mesmo tempo tiña medo que viñera Mariano do Cura por alí. Por alí pasou Chucho da Jauvea, un coñecido meu. Fixenlle un sinal, sinalando o billete, colliu o sinal a primeira e colliu o billete tamén a primeira. Metiuno no peto e esperoume e dixome " toma é teu" e eu díxenlle " non, é dos dous".
Seguín a ser confiado, Chucho da Jauvea precisaba demostrar que era de fiar e eu dinlle a oportunidade.
Somos grandes amigos e ademais eu co tempo casei coa sua irmá.

martes, 27 de octubre de 2009

Colesterol


A miña relación cos médicos foi de menos a mais. Lémbrome unha vez de rapaz, que fun ao médico por receitas e entrei fumando. Naqueles tempos fumábase case que en todas as partes, menos na misa, que tamén.Lémbrome nun funeral que un señor púxose a fumar e outro, que era gardador de formas, díxolle:" Non fumes na misa me ca... ios". Pois iso, entrei fumando na consulta do doutor e díxome:"Eres moi xoven para fumar" E contesteille:"So fumo cando veño a sua consulta" e o doutor dixo:"Daquela non fumas moito ¿quen es?"
Outra vez tiña cita co otorrinolaringólogo (levoume tres minutos escribilo) para as cinco da tarde. Cheguei as cinco menos cinco e as cinco xa estaba fora. A miña dona preguntoúme:" ¿que che dixo o que che leva escribilo tres minutos?". Dígolle:"díxome que eu era 10.000 ptas. mais pobre e que el era 10.000 ptas. mais rico"Seguín a ir ós médicos, pero agora vou mais que nunca, que se varicies, que se calvicies, que se sordeira,que se ácido úrico, que se colesterol... E digo eu, que son de Carballo, que son moinante de sangue, quero dicir donante de sangue, ¿por que cando nos fan o furado, para quitar o sangue, non nos controlan o colesterol, o ácido úrico, os leucocitos, os cromocitos, os trombocitos, os eritrocitos...? ¿E cando che fan un electrocardiograma non che miran o nivel de amorcitos que tes pola túa parella?
Total que o ano pasado tiña 275 de colesterol. Ando unha hora diaria, pero non todos os días. Como verduras, como a plancha de luns a venres, pero os fin de semana que se xamón, chourizo, lomo, queixo, ovos , tortilla, patacas fritas... Unha vengaza en toda regra. Tomo deses iogures milagreiros, lecitina de soia e agora teño 360 de colesterol. ¿Será porque o día do analise non tomei o iogur? pero tiña que ir en xaxún.
Total que agora acabaronse os chourizos, o xamón, o queixo, ovos, tortilla, patacas fritas. O que mais vou a votar de menos é ou son os ovos fritos, con patacas fritas, chorizos e salchichas. Para min era unha festa e eu tiña un ritual: os ovos no medio do prato, as patacas fritas de un lado os chourizos e as salchichas do outro. Iba comendo o resto e deixaba os ovos para o final. Cando quedaban so os ovos iballe comendo a clara e quedaba so a xema, collía o garfo e usabao como paleta con coidado de non furalo, metiao na boca enteiriño, cerraba esta para que non saise nada para fora. Cerraba as meixelas e aqueles ovos, aqueles soles, aquela explosión amarela...So teño unha palabra para describilo ¡ HIPERSUPERMEGAMOITO!
Consólame pensar que facer o amor enviagrado non produce colesterol ¿Ou si?

jueves, 15 de octubre de 2009

Ao Sr. Durao Barroso

Sr. Durao Barrroso son unha traballadora de unha fábrica de conservas de Ardebullo. Sentín que se van a perder moitos postos de traballo no sector conserveiro, pola deslocalización, debida a baixada de arancéis a moitos países do sureste asiático. ¿Que gaña Europa con estas medidas? ¿Vai a vender mais coches, mais neveiras, mais ordenadores etc. neses países?¿ A quen? ¿Á xente que gaña 200 euros ó mes? ¿ Ou calculastes que o 10%da superpovoación deses países é superrica? Claro son moitos ricos. Vos o que queredes é eliminar a clase media. Que sexamos o 90% de pobres. Para facer de nos o que queirades.
Quedarei sen traballo, pero teño leiras. Quedarei sen coche, pero teño cinco bicicletas. Quedarei sen leite de marca, pero terei leite directamente da vaca a mitade de prezo e ainda así o gandeiro gañaría o dobre. Teño roupa no fallado para moitos anos, e así que a acabe metolle remendos.Non pagarei a hipoteca, pois como di o noso presidente "NON TEMOS CARTOS". Deixarei de pagar impostos e vostede quedará sen traballo, e se non ten leiras, veña a Ardebullo e pregunte pola casa da Conexa, e aquí sempre terá unha cunca de caldo e un anaco de boroa.

Obama I O Sabio

Sei donde está España, sei donde está Galicia, sei que España ten catro linguas oficiais.Sei que Alfonso X O Sabio escribía en galego,¿chamarianlle o Sabio por isto?El consideraba o galego moito mais culto cao castelán. Sei que Federico Gª Lorca escribíu poemas en galego. E sei que eu quero ir coa miña muller a Galicia no noso 25 aniversario de voda.

E quero ir a Coruña, non a la Coruña. E quero comer unha centola en Ortigueira e non " una centolla en Ortiguera". E quero comer ameixas en Vilagarcía de Arousa e non " almejas en Villagarcía de Arosa". E quero beber un albariño na Toxa e non "un albarito en la Toja". E quero beber un ribeiro en Leiro e non "un ribero en Lero". E quero comer polbo a feira no Carballiño e non "un pulpo a la feria en el Roblecito". E quero comer unhas navallas no Porto do Son e non "unas navajas en el Puerto del Sonido".

Sr. Feijoo se considera que o galego vos sobra, eu fágolle unha oferta, 1000 millóns de dólares por el. Son presidente de un gran país, se se lle pode chamar grande a un país, que non ten lingua propia, que ten unha lingua prestada. Coñécenme como o neto de Katherine Hepburn e de Spencer Tracy, ¿será pola película "¿Adivina quién viene a cenar esta noche?" donde a parella de noivos eran unha blanca e un de cor,como meus pais?.Esta carta é un apoio ao 18 de Outubro.Día da manifestación en prol do galego.

viernes, 9 de octubre de 2009

¡Olé, olé y olé!

Olé, olé y olé! por el modo de gobernar del Sr. Nuñez Feijoo. Eso si que es democracia, contar con el ciudadano. Que si los coruñeses quieren la "La" de La Coruña, pues les da la "La", que si los santiagueses quieren llamarle a la plaza del Obradoiro , la plaza del Taller ¿Por qué no?,que si los padres quieren que a sus hijos les den clases en castellano, pues en castellano, que realmente es el idioma que deberíamos de hablar en Galicia y en toda España. Para que complicarnos con dos idiomas. Hay países grandes, que no tienen lengua propia (vease EEUU, Australia, los países Iberoaméricanos) y son grandes países. Que tiene de malo hablar la lengua de Castilla. Son todo ventajas.
Yo soy José M. Canedo, habitante de Sofán, que pertenece al ayuntamiento de Roble. Soy presidente del PAESO (Partido Español Sofandés) y queremos tener un ayuntamiento propio, espero que el Sr. Nuñez Feijoo nos pregunte a los sofandeses, si queremos segregarnos de Roble. Yo sería candidato a la alcaldía. ¡É a ilusión da miña vida!, Ser alcalde. Xa de pequeno fixen a primeira comunión vestido de alcalde, mentras os outros nenos facíana de frailes, de marineritos, con traxes do apóstol... Pa eso fundei o PAESO, para ser alcalde.
Perdonadme, es que cuando me emociono hablo gallego, y cuando me enfado hablo gallego. ¡E cando falo falo galego!. Só uso o castelán de cando en vez para ver se o Sr. Feijoo se entera que esa non é maneira de gobernar, preguntando, facendo referendos. ¿Por que non nos pregunta ós da Costa da Morte se queremos a autoestrada Carballo-A Coruña gratuíta ou de pago?¿Por que non nos pregunta ós galegos se queremos pagar impostos? Non se poden facer referendos a lixeira Sr. Feijoo. Dediquese a gobernar, deixe de preguntarlle a cidadanía, asuma responsabilidades, xa lle diremos nas vindeiras eleccións se o fixo ben ou mal.
O "La" de Coruña e artigo determinativo feminino na lingua castelá. Supoño que estará escrito en algures, que os topónimos de Galicia se escriban en Galego. Se vostede quere dicir la Coruña está no seu dereito, pero a hora de escribilo ten que usar as normas. Pode dicir jato, pero ten que escribir gato. E como siga erre que erre voulle dar nos dedos das mans con unha regla,como adoitaban a facer antaño.
Nunca pensei que o Sr. Nuñez Feijoo estivese o leste do Sr. Fraga.