blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: confiado por natureza

sábado, 31 de octubre de 2009

confiado por natureza


Son unha persoa confiada por natureza. Confío na profesionalidade dos profesionais. Teño un fontaneiro de cabeceira, panadeiro de cabeceira...médico non, pois estanmo a cambiar cada 6 (2x3). En xeral confío nas persoas. Lémbrome de rapaz, íamos para o instituto Mariano do Cura e mais eu. Mariano tiña unha irmá que me gustaba moito. So o sabíamos eu e o meu mellor amigo, o fillo da miña nai, ou sexa eu só. Pois iso, íamos andando e ó lonxe vin un billete de 20 pesos ( ¿lembradesvos? os marróns). E dixen "hostia un billete de 100 ptas."Mariano corriu como unha bala, e dixome " vichelos ti, pero collinos eu e agora son meus". Automaticamente a sua irmá deixou de gustarme. El non, pois xa non me gustaba.
Seguín a ser confiado. Mariano precisaba demostrar, que non era de fiar, e eu dinlle a oportunidade.
Anos despois, nunha verbena, eu estaba a bailar con unha moza. Eran aqueles tempos, que se levaba pedir o baile, o home a muller, unhas veces decíanche que si e outras que non. Eu bailaba pouco. O dito estaba a bailar e nunha mirada ao chan, vin un billete de 1000 tas.. Non quería deixar a moza no medio da peza, e o mesmo tempo tiña medo que viñera Mariano do Cura por alí. Por alí pasou Chucho da Jauvea, un coñecido meu. Fixenlle un sinal, sinalando o billete, colliu o sinal a primeira e colliu o billete tamén a primeira. Metiuno no peto e esperoume e dixome " toma é teu" e eu díxenlle " non, é dos dous".
Seguín a ser confiado, Chucho da Jauvea precisaba demostrar que era de fiar e eu dinlle a oportunidade.
Somos grandes amigos e ademais eu co tempo casei coa sua irmá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario