blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: marzo 2010

miércoles, 10 de marzo de 2010

Rosa con espiñas, cardos e ortigas


Ollando ,o pasado sábado, El Correo Gallego nás cartas al director vin unha carta titulada Rosa Díez, "Gallega". Esa carta escribíuna meu curmán, e di que Rosa Díez e burriña ou "gallega" pois vai a perder moitos votos en Galicia por dicir o que dixo. Eu endexamais usaría verba tan fermosa para definir unha Rosa, unha rosa con espiñas, cardos e ortigas.
Non se lle pode dar tanta importancia a que lle chamen gallego, no sentido pexorativo da palabra a Zapatero, pois el está moi orgulloso de que lle chamen gallego, de feito el antes de alugar vivenda na Moncloa, pasaba as vacacións en Galicia, concretamente en Portosín. Alí estaba facendo cursiños de galego. E agora fai tan malamente mal o de Presidente de Goberno para que o boten fora ou para que non o voten. Quere voltar a Galicia, para ver se lle damos o título de galego,e así poder presentarse á presidencia da Xunta de Galicia por o PARGA.es (partido galeguista español).
Ó que lle dou importancia é que a Sra. Rosa Díez lle chame gallego a Rajoy no sentido mellorativo da palabra, pois el non presume de selo nin de falalo.( E pensar que lle prometín o meu voto se falase galego, ainda que só fose na intimidade). Pois iso curmán para que a Sra. Rosa Díez vexa que temos cultura pexorativa europea fagamosnos os suecos.
Se algún día teño unha filla voúlle a chamar Camelia e gustaríame que,ti, curmán foses o padriño.

viernes, 5 de marzo de 2010

Carballo,capital de Galicia


Son un gran defensor do Galego, e falo galego con todo aquel que vexo que me entende. E deféndoo escribindo cartas a diversos xornais, loxicamente en galego como eu sei, (¡pero corríxenme!). E vou,nesta carta, facer un resumo de todas elas.
Cando gañou Feijóo as eleccións, fixen unhas "reflexións" falando comigo mesmo:
-¿Teremos que falar español?
-Xa o falamos, poi o galego é español.
-¿E as galescolas?
-Feijóo gobernará para todos, ensinarán en castelán (sempre e cando atopen mestres de castelán, pois está en perigo de estinción) pero poñeranlle nome galego, chamaranlle as castelanescolas.
En outra carta titulada "Falo galego" dixen: " Nunha entrevista que lle fixeron ao Sr. Nuñez Feijóo, preguntáronlle, que adoitaba a falar ¿galego ou castelán? contestou:" Si se dirijen a mi en gallego, hablo en gallego, si se dirijen a mi en castellano, hablo castellano". Pero non dixo que é o que fala cando se dirixe el. Móllese Sr. Feijóo, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou" e acabei a carta desta maneira:" O galego está en perigo, hai que defendelo, hai que fomentalo e hai que falalo. É a nosa mais grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Pechemos o paraugas. Mollémosnos, pois non van a mexar sempre por nós".
Decateime que lle estaba dando ás aos nacionalistas e escribín outra carta aclaratoria,"Aclaracións": "Falo galego, xa o falaba cando os nacionalistas agochábanse detrás do castelán. E ríanse de min, polo meu acento. Cando veu a democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Por calquer cousa facían manifestacións, folgas...Reprochábanme, ensinandome fotos dos xornais, o non estar na foto, eu dicíalles: "Como vou a estar, se a foto quiteina eu"
E voto Bloque porque é o mais galeguista de todos, e ata que o meu cuñado Miguel non funde o PARGA.es(partido galeguista.español), seguirei a votalo.
Unhas semanas despois escribín "Friends para sempre". Era unha carta de conciliación, unha especie de parábola:" Chámome Alicia. Teño dous fillos. Un fala galego e o outro fala castelán. Sempre están rifando. Canseime e obrigueinos a chegar a un pacto. De domingo a venres unha semana falamos galego e outra en castelán". Preguntarédesvos ¿e o sábado? " sábado inglés" eu inventei o trilingüismo. Loxicamente Alicia era Galicia.
E estes días que volta a estar de actualidade, poucos argumentos tiña. Por eso decidín facer un resumo. So podo engadir que eu non son nacionalista, nin separatista e non son independentista. O contrario son anexionista e integrista e quero que o resto de España pertenza a Galicia, e que a capital sexa Carballo.

jueves, 4 de marzo de 2010

Multa inxusta


Esto pasou na estrada Carballo-A Coruña hai uns días. Eu como sempre ía con Fran no seu coche. Fran é un compañeiro meu. Fran é moi escrupuloso coa condución, quere estar sempre 100% concentrado, non polas multas,se non pola seguridade.
Cando entramos no coche dime que cale para non distraelo. Non fuma no coche, non mete o dedo no nariz e nin siquera ten aparato de radio-CD, por si las..SGAE.
Cal foi a nosa sorpresa cando nos parou Tráfico. O Axente metíulle unha multa por ir falando polo móbil. Fran díxolle que non, que el non falara polo móbil dende había case que unha hora, e se non que me preguntase a min. O Axente non me quixo preguntar. Eu íalle a dicir a verdade, pois eu non minto.
Eu son o móbil de Fran, se o Axente me preguntase daríase de conta que facía unha hora da última chamada feita e tres cuartos de hora da última recibida.
Fran recurriu a multa e tamén vai a ir ao Defensor do sentido común.