Son un gran defensor do Galego, e falo galego con todo aquel que vexo que me entende. E deféndoo escribindo cartas a diversos xornais, loxicamente en galego como eu sei, (¡pero corríxenme!). E vou,nesta carta, facer un resumo de todas elas.
-¿Teremos que falar español?
-Xa o falamos, poi o galego é español.
-¿E as galescolas?
-Feijóo gobernará para todos, ensinarán en castelán (sempre e cando atopen mestres de castelán, pois está en perigo de estinción) pero poñeranlle nome galego, chamaranlle as castelanescolas.
En outra carta titulada "Falo galego" dixen: " Nunha entrevista que lle fixeron ao Sr. Nuñez Feijóo, preguntáronlle, que adoitaba a falar ¿galego ou castelán? contestou:" Si se dirijen a mi en gallego, hablo en gallego, si se dirijen a mi en castellano, hablo castellano". Pero non dixo que é o que fala cando se dirixe el. Móllese Sr. Feijóo, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou" e acabei a carta desta maneira:" O galego está en perigo, hai que defendelo, hai que fomentalo e hai que falalo. É a nosa mais grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Pechemos o paraugas. Mollémosnos, pois non van a mexar sempre por nós".
Decateime que lle estaba dando ás aos nacionalistas e escribín outra carta aclaratoria,"Aclaracións": "Falo galego, xa o falaba cando os nacionalistas agochábanse detrás do castelán. E ríanse de min, polo meu acento. Cando veu a democracia escomenzaron a xermolar nacionalistas por todas as partes. Por calquer cousa facían manifestacións, folgas...Reprochábanme, ensinandome fotos dos xornais, o non estar na foto, eu dicíalles: "Como vou a estar, se a foto quiteina eu"
E voto Bloque porque é o mais galeguista de todos, e ata que o meu cuñado Miguel non funde o PARGA.es(partido galeguista.español), seguirei a votalo.
Unhas semanas despois escribín "Friends para sempre". Era unha carta de conciliación, unha especie de parábola:" Chámome Alicia. Teño dous fillos. Un fala galego e o outro fala castelán. Sempre están rifando. Canseime e obrigueinos a chegar a un pacto. De domingo a venres unha semana falamos galego e outra en castelán". Preguntarédesvos ¿e o sábado? " sábado inglés" eu inventei o trilingüismo. Loxicamente Alicia era Galicia.
E estes días que volta a estar de actualidade, poucos argumentos tiña. Por eso decidín facer un resumo. So podo engadir que eu non son nacionalista, nin separatista e non son independentista. O contrario son anexionista e integrista e quero que o resto de España pertenza a Galicia, e que a capital sexa Carballo.
Este escrito teu fíxome lembrar de cando eu tiña 7 ou 8 anos .. na nosa casa sempre se falou galego, pero a esa idade miña nai pensou que se eu falaba castelán parecería máis fina así que dito e feito, comezou a falarme en castelán e cando lle preguntei extrañada a que viña eso, púxome coma exemplo o ben que falaba a miña amiga tal ou a miña amiga cual, que parecían nenas finas. O caso é que me rebelei e negueime a cambiar a miña lingua, cousa que a ela lle deu bastante fastidio. Seguiu intentándoo durante uns días pero eu non lle fixen moito caso, así que acabou por desistir. Evidentemente naquela etapa non era consciente de porque elexín seguir falando a miña lingua nai, a idade que tiña non me permitia comprender que ter unha lingua propia é sinal de identidade pero a bo fé que me sinto orgullosa de ter empregado o galego sempre.
ResponderEliminar