blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: mayo 2010

domingo, 30 de mayo de 2010

España existe

Durante a batalla de Abisinia, na primeira guerra mundial, a Plana Mayor do exército italiano estaba preparando a estratexia a seguir. E dixo o xeneral:" se il nemico viene di quá, noi scappiamo dillá e se il nemico viene dillá, noi scappiamo di quá" e dixo un tenente:" e se il nemico non viene" ao que contestou o xeneral:"Allora lottaremo fino a morire".
Sempre me lembro deste conto, que alguén contaba na radio, para dicir que os italianos querenlle moito a vida, e son un pouco cobardes nas guerras. Pero cando os vexo xogar, loitan coma descosidos, sinten a bandeira italiana, e os seareiros ondean a sua bandeira con enorme orgullo. A pesares que é un país relativamente xoven, síntense italianos.
En cambio en España, que ten practicamente as mesmas fronteiras dende 1492, non sentimos a bandeira, avergoñámonos de ondeala, temos medo que nos chamen franquistas.
Hai moito nacionalismo nas periferias ¿por que? polo centralismo, e polo ninguneo que os distintos gobernos das distintas etapas da historia de España, tiveron coas culturas e coas diversas linguas.
Eu penso que España é un conxunto de todas as rexións. Outra cousa sería se se chamase Castilla, se se chamase Madridia. E tamén penso que o problema, de que as autonomías queren ser denominadas nacións, tería fácil solución se se reformase a Constitución. Que a Constitución diga :"España é unha rexión de nacións". ¿Ou non? ¿Despois as nacións quererían denominarse rexións?

viernes, 21 de mayo de 2010

A pacicora americana do meu tío Pepe


Cando era pequeno, ía a cortar o pelo a barbería de Manolo o Chupado.A pesares de que naqueles tempos (e ainda hoxe) os nenos tiñamoslle medo aos mandilóns brancos, (lóxicamente polos médicos) eu ía, eu só, a cortar o pelo. Manolo o Chupado tiña boa man cos nenos. Facía que estar a carón dun mandilón branco non fose tan negro.
Todos sabedes que os barbeiros e as perruqueiras son uns grandes escoitadores e case que psicólogos e tamén grandes faladores.
Un día, estába Manolo cortándome o pelo, chegou Moncho da Moucha bastante triste, ao meu parecer. E contestoulle ao saudo de Manolo desta maneira:" Estou moi mal. Levo bastante tempo facéndolle as beiras a Mucha da Nocha, contándolle contos, historias e anécdotas, e o outro día, cando lle dixen "ata mañán" díxome que ía a ser que non. Estiven moitos días sen vela, suponse que ela non quería que a vise, e prometinme a min mesmo, que a ía a mirar cos ollos pechados e falarlle coa boca pechada. Despois de varios días de cruzarme con ela, de mirala cos ollos pechados,de falarlle coa boca pechada, preguntoume se estaba enfermo, se estaba mal. Díxenlle coa cabeza que si ,e poñendo a man no meu peito ezquerdo. Armeime de coraxe. Pechei os ollos e díxenlle:"Prometín mirarte cos ollos pechados, prometín falarche coa boca pechada, pero o mais que acado e mirarte coa boca pechada e falarche cos ollos pechados..."
Acabouse o meu corte de pelo. Marchei. Xa viría miña nai a pagar. Non sei como acabou a historia, pero quero crer, que Mucha da Nocha lle dixese a Moncho da Moucha " Mirame cos ollos abertos, fálame abrindo a boca, que eu escoitareite cos ollos, cos oídos e coa boca abertos."
Os da Casilla saberedes onde estaba a barbería de Manolo o Chupado. Si ,estaba na casa de Pacicora, que despois foi do americano e que agora é do meu tío Pepe.
É a fachada mais antiga e bonita da Casilla. Baixando a Avda. da Miragrosa, atoparédela ali de frente. Si ,é aquela que ten de adorno unha sinal informativa, onde pon FISTERRA e debaixo pon OUTRAS DIRECCIONES. Iso refrexa o carácter bilingüista do pobo galego e mais o carácter bipartidista do pobo de Carballo.

domingo, 9 de mayo de 2010

¡Ai que calallo!


O pobo galego e emigrante por natureza. ¿Por que? Pola fame e polo afán de ser propietario. Quere ter a súa casiña, as súas leiras, os seus montes... e un millón de ptas. por si...unha diarrea.
¿Que causou a emigración en Galicia? Pois perder un grande capital humano, en moitas xeracións. Se non houbese emigración, seríamos preto de seis millóns de galegos. Seríamos despois de Andalucía a autonomía mais povoada de España. Teríamos moitos privilexios por ser tantos. Teríamos o PER. Xa teríamos o AVE. Xa teríamos un Celta ou un Depor pelexando co Barcelona e co Madrid. E xa teríamos a olimpiada do 2016 para Santiago.
Podía haber moitos postos de traballo en Galicia se as grandes empresas se decatasen, que Galicia é un sitio priviliexado. Non hai temperaturas extremas, ou sexa, pódese traballar case que todo o ano. O galego non é conflictivo. O galego é moi traballador. O galego ten un dos soldos mais baixos de España. ¿Cal é o problema?¿Que estamos no Finisterre?, ¿Que estamos no Muxía? ¿Quen o sabe?. O que sei é que seguiremos a emigrar.
Emigrou Amancio Amaro Varela (póñolle os apelidos para que non pensen no Ortega) para Madrid. Emigrou Luis Suárez para Barcelona e logo para Milán. Emigrou Fenosa para Madrid, cando casou con Unión. Agora emigra para Barcelona, e menos mal que conserva o apelido.Emigrou Hierros Añón para o pais vasco.
E agora quere emigrar R para Londres. Perderemos unha peza fundamental na comunicación de Galicia. E se perdemos o R teremos que dicir "o calallo". Pero, por outra banda, seranos mais doado aprender un idioma con enorme proxección mundial. O Chinés.