blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: O Deus Hawkins

domingo, 12 de septiembre de 2010

O Deus Hawkins

Teño un coñecido, que tiña un bulto no pulso. Un día díxenlle" Por que non te ofreces a Santa de Vilamaior" el respondiume " Eu son ateo confeso, non creo nesas cousas" e eu rebatínlle "¿Que perdes? ¿Prefires operarte?" e el "Pois si opéranme dentro de un mes" e eu "pois eu voute a ofrecer a Santa de Vilamaior".
Pasou un tempo.Volvín a velo e xa non tiñao bulto no pulso. Pregunteille "¿Operácheste?" " Non, cando cheguei a cita co ciruxán, xa non tiña o bulto e díxome, que o 90% dos bultos e verrugas desaparecen sos". Quedeime pensando e cheguei a conclusión, que os científicos teñen resposta para todo.
Pero eu penso, que practicamente todos temos usado aos Santos e a Deus, cando nos sentimos apretados. E mais, nós, os católicos, que temos unha relixión moi cómoda, na que premian aos arrepentidos, aos fillos pródigos...
Eu falo con Deus de cando en vez. Cando Juan Pablo II estaba moribundo, díxenlle " Home de Deus, quero dicir Deus de homes, por que non sandas ao Papa e lle quitas 20 ou 30 anos de encima, e verás como todo mundo creerá en ti, e só en ti". Díxome enfadado "Eu non teño nada que demostrar. A min bástame que moitos millóns de persoas crean en min sen verme, só cóa sua fe. E que de cando en vez, alguén coma ti me fale. Xa só por iso, compénsame o traballo de aqueles seis días".
A semana pasada díxenlle "¿Sabes que Stephen Hawkins di que o mundo puídose facer da nada?" e nada sorprendido díxome "Non subestimes a Hawkins. É un dos homes mais influintes do mundo e incluso, diría mais, é o home mais intelixente do mundo. E dentro das súas incapacidades ten un defeto, creese un Deus. E non o é. Non pode selo, por que existe".
Deixoume medio liado ¿Que me quixo dicir? ¿Que Deus non existe? ¡E chi lo sá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario