blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: Medos

viernes, 15 de octubre de 2010

Medos


Nun 24 de xullo de moita calor, vispera do día de Galicia, vai moitos anos, fomos todala familia a praia de Razo, e picóume unha abella nunha perna, que con amoníaco foi pasando. Aquela noite caíu unha tremenda tormenta eléctrica.Pasei moito medo. O outro día comentando o medo que pasei a unha veciña, díxome:"Pois eu non lle teño medo os tronos, teñollo aos lóstregos".
No seguinte fin de semana, fun a praia de Samil. Alí sentado na area con unha, con unha cervexa, unha abella pousóuse mesmo donde eu tiña que arrimar o beizo de abaixo. Esperei un bo anaco, a ver se marchaba, pero a abella debéulle gustar o zume de malta e cebada. Eu tiña moita sede, pois tamén era un día de canícula e collín o dedo corazón e o pulgar e dinlle como se fose unha bóla. Caeu na area enterreina ben fonda. Alí seguín sentado coa miña cervexa, cando vexo buligar a area e a abella saiu voando directa a miña outra perna. Esta vez non me bastou o amoníaco e tiven que ir por urxencias. Diagnosticáronme alerxia as abellas e que tiña que ter moito coidado, nin siquera vexo a Abella Maya.
Dende ese vran tiven dous medos mais, medo ás abellas e ós lóstregos(aos tronos non). Medo aos ratos xa llo tiña dende pequeno, que miña nai me ameazaba con encerrarme no fallado con eles, cando me portaba mal.
Teño outro medo, pero ese non volo vou a contar. Non vos vou a contar a anécdota de Milán. Non vos vou a contar o que pasou aquel domingo que cerraban moitos bares e que eu tiña moita gaña de mexar. Andivemos dous amigos e mais eu, a buscar un bar para mexar e non o dimos atopado, así que un deles díxome:"Pero mexa ahí contra esa árbore ¿ou tes medo que cha vexan? Díxenlle:"Non, non teño medo que ma vexan, teño medo que non ma vexan".
A verdade é que facía un rato que estaba lostregando e tiña medo que ma picara unha abella.

2 comentarios:

  1. ...xa lín, entre tronos e lóstregos, as aventuras (desventuras máis ben) que tibeches con un par de abellas.
    Parece que unha é das "dereitas" e a outra das "esquerdas".
    Detalle, que coñecendo a túa retranca, dame que pensar.
    Non deixaches cra...ro que picadura che mandou por urxencias, a da dereita ou a da esquerda.
    Non o lembras curmán?
    Non estaría demáis saber cal dás dúas puxoche máis doente.
    Por que despois de ler esta mala experiencia túa coas abellas faime pensar noutras esquerdas e noutras dereitas.
    Que picados xa estamos, e non vaía ser que agora nos pase con amoniaco a picadura da esquerda e teñamos que ir a urxencias cando nos pique a dereita.

    ResponderEliminar
  2. Pois curmán sinto decirche que a que sandei co amoniaco foi a dereita.Sinto. Espera, espera! xa sabes que son moi narcisista e estábame mirando ao espello.

    ResponderEliminar