blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: noviembre 2010

sábado, 20 de noviembre de 2010

Tres metas

Tres metas tiñamos Tito de Ernesto, Xoan de Ramona, Suso de Chucho e mais eu cando tiñamos 10-12 anos: saber andar en bicicleta, saber nadar e saber bailar.
Eu a nadar ainda non aprendín, daquela non había piscinas e ao río non me deixaban ir, a andar en bicicleta aprendín malamente, nunha de muller que non tiña a barra dende o sillín ata o manubrio, daquela o Papá Noel non existía e os Reis, pola Casilla, traían poucas bicicletas, e a bailar, como non había clases de baile de salón, movía os pes ao ritmo do baixo e a daba moitas voltas. Algunha chica dicíame que non tiña falta de ir aos caballitos nin nás cadenas coas voltas que lles facía dar.
O de dar tantas voltas acabouseme aquel día, bueno aquela noite, ná que quitei a bailar a unha chica, non moi alta, na festa da Pilarica en Carballo, o adro estaba na plaza onde está a escola de Pazita. O chan do adro estaba costa arriba se mirabas para arriba e costa abaixo se mirabas para abaixo, atopei a chica costa arriba. Cando nos puxemos a bailar ela dábame por debaixo dos ombreiros, pero cando lle din a volta, dábame pola barriga. Din a volta rapidamente e nese intre aprendín a mover os pes sen dar voltas.
Teño 51 anos, os meus compañeiros acadaron as tres metas, pois son mais espabilados ca min. Eu teño ainda duas desas metas: bailar e nadar, pois ando na bicicleta da muller. Estou indo a clases de natación. Xa levo un ano e ainda non sei aboiar. Tiña pensado ir a clases de baile así que saiba nadar, pero vaime levar moito tempo. Así que o outro día pregunteille ao monitor:" ¿Pódesme aprender a natación sincronizada?, porque así aprendo a nadar e a bailar ó mesmo tempo". Ainda non me contestou pois non parou de rir.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Copas, ruído e soidade

Esta historia publicáronma na Voz de Galicia, edición Carballo o día 5-11-2010.

A min e máis ao meu amigo Pepe levábanos moita idea pintar o indio, pasalo ben, cantar, bailar...El cantaba e canta moi ben, eu facíalle os coros, e púñalle as letras, sempre picantonas, ás cancións que cantabamos. Eu, ademais, acompañábao facendo música coa boca. Sempre animábamos as xuntanzas de amigos.
Un día dedidimos facer a nosa actuación nun palco dunha festa, aproveitando o descanso dos músicos. Foi nunha aldea do concello de Carballo, alí onde disque morreu Xesucristo.
Pedímoslle permiso ao cantante da orquestra. Empezamos con un campanero, non era xerezano, era Marqués de Coes Tapón Dourado. Xa animados subimos ao palco e fixen a presentación. A xente estaba a marchar e ao sentirme a min quedouse: "¡ Donas e cabaleiros! Son o popular presentador da Radio Interparroquial de Carballo JMC. Hoxe estou aquí para presentarvos un cantante, un cantante que está moi de moda, pois acapara os últimos postos do hit parade nacional. Primeiro no último festival de San Remo, quero dicir último no primeiro festival de San Román, celebrado en dita city o 34 do mes que ben. Hoxe está aquí para cantarnos a súa última canción titulada My Land, que se hai algún español cerca é Mi Tierra. Con vostedes o famoso, o superfamoso, o coñecido, o descoñecido Pepe da Brea". Acabamos a canción e a xente aplaudiunos e pediunos "outra, outra, outra...".Despois ata orquestra nos acompañou e incluso a xente púxose a bailar. E sen saber por que, os da comisión dixéronnos que baixásemos do palco. Iso si, con boas palabras. "Baixades de aí fillos de ...", dixeron.
Total que ese foi o empezo e máis e o acabo da nosa carreira músical.
Fai uns días saín a tomar unhas copas invitado por un amigo que ten un Pub e comprendín porque a comisión de festas de Entrecruces nos votou fóra. Díxenlle ao meu amigo :"¿Por que non pos música bailable?". El contestoume:"Se a xente baila non bebe". Pois si, a taberna da comisión tiña que vender bebidas para poder pagar a orquestra.
Nos Pubs non podes bailar, e ademais co ruído enxordecedor, non podes falar, dicir, escoitar nin oir. Só tés que estar, ti só, coa túa copa. Tes que consumir, tés que pagar o RUÍDO.