Está chegando o Antroido e xa hai que ir pensando no disfrace, bueno eu xa o teño decidido. Ao longo da miña vida poucas veces me disfracei. De neno con roupa vella e a típica careta de cartón. De adolescente lémbrome que me disfracei de Marco. Si o dos Apeninos a los Andes. Aquel que non daba atopado a súa nai. Non a atopaba, pois só a buscaba os Sábados pola tarde. De Marco, si, cos meus mofletes vermellos, a miña carteira. A xente preguntábame polo mono e eu dicíalle :"¿E logo non mo ves?" sinalando un mono de traballo, que levaba vestido.
No ano 1992, ano do Quinto Centenario, disfraceime de soldado (tamén chamado quinto), barba branca e longa ata os xeonllos:"¿De que vas disfrazado?" " E logo ¿non o ves?" de Quinto Centenario"
Pero a ilusión da miña vida era disfrazarme de Mosquetero, e así fixen nun Entroido.
Este ano, que están moi de moda as botas mosqueteras, quixen aproveitar as botas mosqueteiras e tiña pensado disfrazarme de muller. Comprei uns leggins, un blusón e unha perruca.. Mireime ao espello.¡ Que asco de muller!, barriguda, con bigote e perilla. Todo hai que dicilo, as pernas teñoas moi bonitas. A perruca facíame ilusión poñela, dada a miña calvicie, pero afeitar o bigote e a perilla case que non. ¡Ainda se fose de Ardebullo!
Total que vou a aproveitar as botas mosqueteras negras, con pantalón negro, camisa negra, capa negra, antefaz negro e sombreiro negro. Loxicamente voulle quitar a este último o Z, porque o Z é do Zorro e voulle a por o R, porque o R e do Raposo.
...home,non tes por que desapedir a disfrazarte de muller. Con bigote eu xa coñezo algunha e con perilla casi casi.Pola barriga?...pois si é pequecha, duns meses, se é esxerada, pois a punto de dar luz. (esa que ainda non subiu).
ResponderEliminar