Había unha vez dous curmáns, un Xosé o outro Xoán. Naceron na mesma casa, a tres metros de distancia e a sete meses , tamén de distancia. Foron xuntos a escola, xogaban xuntos, rifaban xuntos, ían xuntos a praia de Razo. ían xuntos co ramo o Domingo de Ramos e fixeron a primeira comunión....... no mesmo traxe.
Na adolescencia, ían xuntos a praia de Razo e alí xogaban coas ondas, coa area e escoitaban o silencio do mar. Aos dous gustáballe ler e escribir. Facían algunha que outra poesía, historias curtas, contos...
Na xuventude tamén ían xuntos a praia de Razo e alí seguían a escribir e a falar dos seus amores (cada un do seu). Casaron, tiveron fillos e a vida separounos un pouco, un pouco moito.
Un foi para Montemaior e o outro para Montecalvelo. Agora que os fillos xa son grandes teñen mais tempo para ir a Razo, para ler, para escribir... De feito os dous escriben historias e algunhas publícanllas nos xornais. Unhas son malas e outras son peores, pero están moi orgullosos.
O outro día, que facía 36 graos de calor, alí en Montemaior e en Montecalvelo, miraron para Monteneme e viron na falda de Monteneme unha fumareda, non era un incendio, era neboa, era borraxeira, era bretema. E telepaticamente e telefonicamente, puxéronse de acordo para ir ao fresco da praia de Razo. Alí, a 16 graos, atopáronse nó Cordobés. Alí, a carón da lareira, sentáronse con duas. Con duas rubias. Con duas rubias da Coruña...do tempo naturalmente.
Un deles, Xoán, está de 50 aniversario mañán, mañán 18 de xuño. O outro, Xosé, xa os cumpliu fai sete meses.
Y este cuento se acabó bambarabá chichi cocó.
Parabens curmán. Non te preocupes, os 50 son como ter corenta e dez.
Cumprir anos non é cousa mala, se consideramos a alternativa.
ResponderEliminarEntrei na edade dorada, asi que sen ir a Razo, meteremolles unhas doradas ben frías.
Deixame que sexa eu quen te felicite a ti por esta carta, que non é carta, senón literatura pura.