O meu amigo Victor Souto Balado, díxome que te criticara, polo que dixeches do ex ministro de asuntos exteriores, Moratinos. Di que lle chamaches MERDA por chorar no día da sua despedida como ministro.
A verdade é que cóstame criticarte, Arturo, pois admirote moito. Admirote dende que estabas de corresponsal de guerra nas guerras de Iogoslavia, e admírote pola tua faceta de escritor, polas tuas novelas...
En parte compréndote, pois pensar nos políticos que temos, non é para dar saltos de ledicia, non nos queda que alporizarnos e sairnos das nosas casiñas. Non me vale que te xustifiques con que tes 2000 amigos mais no Twitter, se deixas de ser amigo teu. E ti, que eres académico, tiñas que dar exemplo de boas formas e maneiras, pois a xuventude de agora adoita usar verbas mal soantes, tacos... con toda a natureza. Defendámola a poesía, a literatura, as humanidades. Deixémoslle de chamarlle "Princesa do pobo" a Belén Esteban.
Ben sabes que sempre fixen e dixen o que ti me mandaches: matei con pistola, matei con espada, matei pola espalda, pero non me pidas que lle chame MERDA a alguén que chora, porque chorar é moi digno.É moi difícil chorar de mentira.
Perdoa que escriba en contra tua, pero ti, Arturo, non eres o Rey Arturo. Non eres o meu Rey pero eu son o teu Capitán. O Capitán Alatriste.
...polo sentimento que pos parece que che costou facerlle ésta critica a Arturo.E tenche que dar a razón.E se te viu algunha vez desta o mellor quitaslle as gañas de voltar a verte, osexa, a REVERTE.
ResponderEliminarNon é de estrañar que o seu Capitán se poña ALGOTRISTE.