blogligrafo de José Manuel Canedo Aguiar: Conto de Nadal, non de Rafa, de Canedo

martes, 28 de diciembre de 2010

Conto de Nadal, non de Rafa, de Canedo

Fai uns anos que nos reunimos cos meus pais e con uns tíos a noite de Noiteboa e mais o día de Nadal. E isto faime recuperar un pouco as lembranzas dos meus Nadais, de cando era pequeno. Pero non é o mesmo. A inocencia infantil enmascaraba a realidade( Agora nin a inocencia infantil a enmascara).

Nos Nadais de agora sempre falta alguén. Hai lembranzas tristes, intentas sorrir cos beizos pero o corazón está triste. A maxia, a ilusión e o que moitos chaman espirito de Nadal están ausentes. Si faiche un pouco de ilusión abrir un regalo, faiche ilusión que che abran os regalos que ti fas e pouco mais. Iste ano estaba de invitado, a maiores, un irmán da noiva do meu curmán Manuel. Chamase Javier. Tocoume sertarme ao seu carón. Nun principio había frialdade entre nos, pero a un certo tramo da cea, incitoume a cantar. A min encantame cantar. Despois de varias cancións, puxenme a cantar o "Andar miudiño. A Javier gustoulle tant a canción que conseguiu un papel e un bolígrafo, e pidíume que lle dictara a letra da canción. Escribiuna, e cantámola os dous xuntos. Despois el díxome se cantabamos a "Negra sombra" e eu díxenlle "Cantaa ti primeiro". E cantouna. Unha maravilla. El sabe escribir, sabe ler e sabe cantar. Sería normal se el fose galego, que el cantase a "Negra sombra", pero é asturiano. E sería normal se el fose normal, pero el ten o síndrome de Down.

Loxicamente tamén cantamos "Asturias patria querida".

Cando nos despedimos, Xavier (asi lle chamo eu) petou coa sua man dereita no seu peito ezquerdo e díxome " Joze Manue te llevo aquí dento". Subíuseme unha cousa por min arriba, e baixarónseme duas cousas polas faceiras abaixo. E pregunteime "¿será este o espirito de Nadal?" e contesteime (como bon galego que son) "¿ E quen, se non?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario