Teño un negocio de hostalería, bueno case poido dicir, tiña. Pois haberá que pechar as portas. O día dous de xaneiro quitei todos os cinceiros do meu local. Todos menos un. O mais grande deixeino. O mais grande é o chan. E poido quitalo tranquilamente, pois non se usa.
Agora os meus camareiros terán menos probabilidades de morrer de cancro, pero terán moitas mais probabilidades de morrer de fame.
Entre que non se pode fumar nos bares, e o ministro Sebastián di que, con non tomar un cafe ao día xa se soluciona a suba da luz, pois iso, no meu chan non entra nin un can.
O outro día paseando co meu fillo, polo meu povo, decateime o por que da enormidade das beirarrúas do Plan E. Son para a xente, que pide esmola (cada día hai mais), e mais para os fumadores. Pero ainda queda espazo. Non me extrañaría que quitaran unha lei en contra de comer colesterol nos bares e nos restaurantes. Que teñamos que comer os bocadillos de tortilla e de chourizo tamén nas beirarrúas. Despois destes razoamentos, o meu fillo díxome :"¿Que fan istes señores votando fume na beirarrúa? ¿Están cabreados?" e eu contesteille :" Non meu Rey, agora é moito mais san fumar fora" e el: "Eu cando sexa grande, tamén quero fumar fora Papi, pois é mais san" e eu anonadado díxenlle: "¡ A ver se chegamos a grandes meu Rey!, porque a hostalería non da" Ao que me dixo:"Papi,¿ por que non fas unha fábrica de beirarrúas enormes, de cinceiros para o exterior e de estufas tamén para o exterior? e eu contesteille abraiado:"Se chegas a grande, non te metas a político, pois non triunfarías":"¿Por que Papi?" :" Porque tes moita cabeciña meu Rey".
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar...o que non entendo é por que os non fuman se queixan tanto,se lles molesta o fume que non entren. Os que non queren oir misa non piden que se prohiba, amañano non entrando nela.
ResponderEliminarÉ tes razón no conto do colesterol. Xa que lles preocupa tanto a nosa saúde, deberían declarar persoas non gratas os que comen carne de porco. Da moitas enfermedades e tamén mata a moitos por fallo de suyocardio.
Canta razón tiña un amigo meu cando me decía referendose os que nos gobernan...que sin normales son!