Falo galego dende sempre. E falo sempre galego, se vexo que me entenden. E algún castelán-falante, por contaxio, escapaselle algunha que outra verba galega.
A miña amiga Conchi (que endexamais usou o galego) incluso manten conversas comigo en galego, e eu estou moi orgulloso dela por falalo e de min por contaxiarllo. E tamén estou orgulloso de que se fale galego no senado.
Moitos consideran a Cámara Alta unha torre de Babel, pero non é unha torre de Babel, nin siquera a torre de Pisa é unha torre dereita e moi erguida. Con uns bos alicerces e catro piares : o Castelán, o Catalán, o Galego e o Euskera. Non me vale a disculpa que España non está para gastos para seguir obviando as outras lingoas. Tampouco España está para gastos para eleccións anticipadas e non fan mais que pedilas( e esas si que son caras).
Gústame que se falen todas as lingoas oficiais en Madrid, para ver se enteran os Pepe Maris, os Marianos e os Pedro Jotas que España é moito mais que Castellano, Toros y Flamenco.
Claro que está ben que falen galego no senado.Outra cousa é que pensen en galego, pero bueno...
ResponderEliminarNon considero que a cámara alta sexa unha torre de Babel, pois a min pareceme máis ben unha torre de bobos.