Teño cuarenta e dez anos e fai cuarenta anos, que vin por primeira vez, en persoa, unha canastra de Baloncesto, ainda que na televisión via no programa Cesta y Puntos de Daniel Vindel. Foi no meu Instituto, había tres pistas en linea : Balonmán, Baloncesto e Voleibol. En todas xogabamos ao Fútbol, os mais grandes xogaban na de Balonmán, que xa tiña as porterías, os do medio xogaban na de Baloncesto, puñanlle pedras para facer as porterías, e nos os pequenos na de Voleibol, coa rede descolgada e tamén lle puñamos pedras para facer as porterías. As canastras e a rede eran testemuñas das evolucións futboleiras dos meus compañeiros, das miñas non pois era negado para o Fútbol . Estaba para nacer a miña afección.
Un día o balón da pista de Balonmán chegou a pista de Voleibol, colliuno Celestino Casais, que medía un metro e pico e tiña unhas zapatillas. Non eran de deporte. Eran zapatillas de casa, que eran tamén os zapatos para ir a escola( moitos adoitabamos a ir así a escola).Xa digo, colliu o balón coas mans e doulle un zapatillazo como se de un saque de portería fose. Aquel balón voou polo ceo da pista de Baloncesto e entrou na canastra, sen tocar o aro. Pensei moitas veces se a canastra non se puxo na traietoria do balón para que nos fixasemos en ela. ¿Qué canastrón? Aplaudímoslle e dende de aquela varios e mais eu empezamos a xogar ao Baloncesto, o ver que non era tan difícil meter unha canastra.
Comencei a ver partidos na televisión, a ver aqueles ídolos : Vicente Ramos, Carmelo Cabrera, Brabender, Luyck... España co tempo chegou a ser campiona do mundo cos Gasol, Rudy, Calderón...E agora está a vir Riky Rubio. A xogada de Celestino Casais, como non tiña móbil para grabala, grabeina na miña memoria e lembreime dela cando vin a Riky Rubio meter unha canastra estilo Casais, nunha propaganda da hamburguesería do Pato Donald. Non creo que Riky Rubio metese a canastra no primeiro intento, nin no último tampouco. Penso que foi unha montaxe.
Esta carta e adicada aos aficionados ao Baloncesto e en especial a Casais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario