sábado, 23 de mayo de 2009
falo galego
Adoito falar Galego sempre e dende sempre, sempre e cando vexa que me entenden.E non me importa que me falen en castelán, pois entendo perfectamente. Non falo Galego, para que se me note que son galego, ainda que falase en castelán, tamén se me notaría.Moitos coñecidos meus, que son castelán-falantes, confesanme, que só falan Galego conmigo, incluso unha madrileña di eche o que hai mellor ca ninguén, e un cordobés falame en Galego con acento andaluz.Despois das eleccións dixenlle a cada un deles " xa non tes que falar en Galego conmigo, pois o decreto do Galego vanno a abolir" e contestaronme mais ou menos todos igual"faloche en Galego por ti, non polo decreto".O outro día leín unha entrevista, que lle fixeron ao Sr. Nuñez Feijoo, e chamaronme a atención duas preguntas e duas respostas. Preguntaronlle se era do Deportivo ou do Celta, e contestou " a un niño no se le pregunta a quién quiere más a papá o a mamá"Aznar é do Real Madrid e Zapatero e do Barcelona se é de algún deses equipos non pasa nada, MOLLESE SR. FEIJOO, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou.A outra pregunta era, se adoitaba a falar en Galego ou en castelán. Contestou "si se dirijen a mí en Gallego hablo en Gallego, si se dirijen a mí en castellano hablo en castellano".Pero non dixo, que é o que fala cando se dirixe el. MOLLESE SR. FEIJOO, non vai a perder votos, as eleccións xa as gañou.No buscador Google, se escribimos FABRICADO EN GALICIA e lle damos ao botón para traducir ao Galego, pon "MADE IN GALICIA" e se escribimos "FEITO EN GALICIA" e lle damos ao botón para traducir ao castelán, pon "FABRICADO EN BRASIL".O Galego está en perigo, hai que fomentalo, hai que defendelo e hai que falalo. É a nosa mais grande seña de identidade. Presumamos de selo e de falalo. Cerremos o paraugas. Mollemosnos, pois non van a mexar sempre por nos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Certo que debemos fomentar o uso do galego.Eu tamén son galego,e non me importa que a normativa me suspenda,pois escollo falar mal o galego antes que falar ben o castelán.
ResponderEliminarMáis, sí a língua é importante para a nosa identidade,¿non será o coñocemento da nosa historia a outra perna para camiñar con máis forza?
Un pobo orgulloso da súa historia,xamáis desapidirá a súa língua.
Tampouco debemos aturar todas ás normativas que uns espavilados nos queren vender,como si fosen donos da nosa língua.Non fagamos como o cabalo Borístines,que estaba tan acostumado a voz de Adriano,que obedecía súas ordes,como se fosen ás ordes do seu propio cerebro.
¡Eu nón me bou a acostumar!