Supoño que casi todos tedes unha lembranza dalgún mestre-a da vosa novez.Eu non, eu non me lembro da Srta. Maripili, porque endexamais a esquecín. Era unha gran muller dentro dun corpo pequeno. Tiña un gran corazón. Perdoaba antes que lle fixesemos as falcatruadas. E lóxicamente, como os perdóns caducaban, facíamosllas. Non lle fixemos tantas, só lle fixemos unha, pero facíamoslla case que todos os días. A mesa do mestre estaba nun estrado, poñíamoslle unha pata da mesa no bordo do estrado, só pousando un milímetro. Cando chegaba, cargada de libros, desexando pousalos, sentíanse tres PUMS. O primeiro PUM os libros contra a mesa, o segundo PUM a mesa contra o chan e o terceiro, moito mais suave, a miña man agarrando o seu brazo, para que non caese. Dicía " sempre me pasa nesta clase"
Dábanos Grego e Latín. Eu era un artista da copla, quero dicir da copia. Ela dicíame " ti copias" e eu dicíalle " si pero ten que demostralo". Manquei unha man, non podía ir a ximnasia. Pedinlle a Maripili, se podía ir as suas clases nesa hora para mais saber.O motivo era outro, as clases eran femeninas e de historia, que eran as miñas materias preferidas.

Un día, alí estaba eu no medio das rapazas e Maripili preguntou "¿quén dou o golpe de estado en Rusia no ano 1917?. Ninguén contestou, levantei a man ( a outra) e Maripili dixo "aquí o tedes, podía estar no xardín e está aquí intentando saber mais, tomade exemplo. Contesta José Manuel" Eu dixen "Señorita, non sei quen pegou o golpe de estado en Rusia no 1917, pero o golpe de estado a miña nai pegoullo meu pai en 1959" "FORA E NON VOLVAS MAIS" berroume.
Mes de xuño, época de exames, non sei cantos por día. Exame de Xeografía Económica. Nin idea. Dous compañerios e mais eu decidimos entrar no despacho do Director, que era o noso mestre de Xeografía Económica, a polas preguntas do exame.¡Qué metedura de pata!. Cousas de rapaces. A min chegabame un un, para aprobar coa nota media. Aos meus compañeiros con un cero tamén aprobaban. Pillounos o conserxe. Consello de guerra. Eles que eramos culpables, nos que inocentes. O castigo era suspensión e expulsión. Outra vez saiu a relucir o covarde que hai en min e confesei, chorando naturalmente. Maripili dixo berrando "¿Por qué, por qué, por qué?E eu dixenlle "Errare humanorum est" e ela con aqueles ollos chorosos, enternecida polas miñas bagoas e polo meu sorriso, dixo "Eu a estes nenos aprovoos, pero en setembro". Aos outros mestres non lle quedou mais remedio que secundar a Maripili. Asi que suspendemos todo en xuño, pero aprobamos todo en setembro sen facer exames.

Eu non estudiei mais. Os meus compañeiros si, e chegaron moi lonxe, de feito fai moito que non os vexo.
Gustaríame dedicarlle este relato a miña afillada Maruxa, pois está de cumpleanos para o ano que ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario